PEDALEANDO POLA SOMOZA BERCIANA (2ª PARTE)
Hórreo de Paradaseca na Somoza Berciana.As paraxes de Raposo, Ponte, Trémbola, Veiga, Travesos, Sesteira, Espín e Cruces recíbennos camín da entrada de Pradela. A igrexa adicada a S. Pedro, á dereita, mentres penetramos no seu rueiro. Enriba do seu casarío outro bo souto. A dereita, labradío e praderío, onde pacen as vacas loiras, seguidas de preto polos seus donos que falan galego entre eles. Ao final do pobo, un potro e fonte do Pontón, dende onde vemos a fermosura da valiña.
NA PROCURA DE CELA E PARADASECA.
Trasdachá, Amarelle, Valiña, Porturego, Costelos e Codesaes, variadas paraxes antes da aldea de Cela. Na rápida baixada para Cela temos diante unha boa vista do seu casarío e dun cortín cheo de colmeas. Tras Codesaes e Regueiriña temos os barrios Aquellado (á dereita) e do Rego (á esquerda). A igrexa de San Martiño forma outro barrio. No pobo destacan a fonte, o potro para ferrar, o batán de liño e o forno comunal. Saímos polo barrio do Teso para Os Barredos, Chao e Valdopacio. Á altura de Ortubón comezamos a baixar para a conca do río Burbia. Atravesamos Remeor, Chao, Raposa, Abasdo, Sierín e Souto para entrar en Paradaseca. Esta población foi capital de municipio para integrarse posteriormente, co resto da comarca da Somoza, en Vilafranca do Bierzo.
Paradaseca amosa unha área recreativa con fonte, asadoiro e hórreo con mellor frescura, acougo e sombra. Na parte alta, Rebolo, na baixa a Cortiña, polo arroio do val. Pedaleamos xunta ao Calellón, Foxo, Carril e Corradas. Hai un desvío para o pobo de Ribón, augas enriba do Burbia, cara á Leitosa, con minas auríferas romanas, polas chamadas Barrancas Loiras. Nosotros seguimos nesta ocasión para o sur do val do Burbia.
Fermosas paraxes naturais de Barreiro, Cantroxan, Pombar, Couso, Lampazas, Lastredo, Costa e Alargos. Cruzamos o río Burbia pola ponte, á altura de Os Flagatos e Veitela. Á saída atopamos a estrada cara a Paradiña. A zona de Cañizaes adéntranos no profundo val do Burbia. Todo baixada verde con certo esforzó ata a ponte de Soutelo, lugar por donde pasaban os veciños desta poboación que ían ás feiras e mercados de Vilafranca do Bierzo. A fonte da Cazola repara aos viaxeiros con auga da pena do ombro. Desfrutamos con Teso Forte, Teso das Cabanas e Trigaes pola beira dereita, e das Penas do Ombro, Furada, da Vaca, da Marquesa. Antes de chegar á nova fonte Cavorco, prado de Chao, Os Lameiroes e o Paredón.
O pechado val de Burbia nun recodo amosa Ponte de Rei, coa súa correspondente pintada galegueira. Desvío para Landoiro e o seu barrio de Vilachás no alto da montaña, pendurados no val do regueiro Pradela, que sube para as paraxes de O Estreito, Campa do Marco e Real.
Baixando pola estrada, o val vai abrindo paseniño a panorámica abraiante de Vilafranca do Bierzo. Os cerros de Vilagote (856 m.). Rapiña e da Campana (730 m.) son os últimos colosos gardáns do val do Burbia. A praia fluvial atrae a nosa atención. Moito coloriodo, bañistas espidos, casetas de abalorios e camisolas, xente bailando coa cadencia da música de tambores. Os cinco sentidos reláxanse mentres xantamos plácidamente e ben acompañados. Despois do merecido acougo imos na procura da familia e dos amigos vilafranquinos.
www.obierzoceibe.blogspot.com

