ELIMINAN O IDIOMA GALEGO NO INSTI EUROPA DE PONFERRADA,
Polo colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es
Dende que se sinou o Acordo de Cooperación entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León para a promoción do idioma galego nos territorios limítrofes do Bierzo e da Seabra, aló polo 2001 en Vilafranca, sempre houbo problemas na execución deste programa escolar. Así hai aínda centros das zonas galegofalantes que non ofertan a materia de galego, casos da Veiga de Valcarce ou Fabeiro, non hai publicidade institucional axeitada sobre a posiblidade da voluntaria opción polo galego, instanciais de matriculación que agochan a elección deste idioma, falta de cartos para as viaxes e intercambios con Galiza, presióis sobre os profes e mestres de galego e demais. Todo isto indica que no fondo a política cultural e educativa da Junta de Castela e León non é favorable a fomentar a aprendizaxe desta lingua no ensino regrado. Só a presión cidadá e das comunidades educativas locais son as que manteñen o galego nos centros públicos fronte a tantos atrancos institucionais da Consellería de Educación e dos equipos directivos dalgúns centros.
Neste curso 2013-14 soportamos unha nova aldraxe ao ensino do galego do Bierzo. Trátase da supresión deste idioma no Bacharelato no insti Europa de Ponferrada. Curiosamente a Consellería de Educación ataca o galego nun centro fundamental na capital rexional. Nesta cidade hai 5 institutos pero, curiosalente, o Europa recolle alunado das zonas galegofalantes, a saber, das poboacióis de Orellán, As Médulas, Borreis, Carucedo, San Xoán de Palozas, Vilavella, Santalla, Priaranza, Rimor, Toural de Meraio, Vilalibre da Xurisdición, A Martina e Devesas. É dicir, o alunado máis interesado para estudar galego é o que máis problemas vai ter para poder exercer este dereito lingüístico. Cremos que esta inxustiza educativa está buscada a propósito pola Junta de Castela e León para desmotivar e desmovilizar a demanda social do idioma galego nos institutos.
A Consellería de Educación da Junta de Castela e León cumpriu a súa ameaza de eliminar o galego no insti Europa de Ponferrada. As solucións que daba eran: 1ª. Coller outra asignatura optativa distinta do galego, e 2ª o alumnado afectado ten que emigrar a outro instituto, o Virgen de la Encina. Por suposto, por non abandonar os seus compañeiros, profesores e barrio, rexeitaron o galego e a forzada emigración de instituto. Así pois, a Consellería xa rematou co problema mediante eliminación do galego en Bacherelato no insti Europa.
A xogada institucional é maxistral para suprimir o galego de Bacharelato. Recordamos que neste nivel educativo é onde máis galego se aprende ao ter máis horas lectivas e se obtén a maior titulación CELGA 3. Así en 4º do ESO o seu alunado estuda 2 horas por semana, mentres que en 1º de Bacharelato teñen 3 horas, e en 2º de Bacharelato estudan un total de 4 horas. Ademais en Bacharelato hai unha materia específica de Lingua e Cultura Galegas, a de máis interese para aprender este idioma . Pois nada, elimínase o galego no maior nivel educativo, en Bacharelato, con máis horas, mellores contidos educativos e superior titulación final. Só se pretende desmotivar e desmobilizar ao potencial alunado futuro que demande voluntariamente o galego para que non elixa máis esta materia. Para qué estudar no insti se non obteñes a maior titulación posible, o CELGA 3?.
De nada servíu a demanda social, do alunado e dos pais e nais afectados. Estes elaboraron un escrito no que solicitaron “que a dirección dea o seu apoio incondicional ao alunado de galego do seu centro e aos seus familiares que apostaron pola inclusión do galego na educación formal regrada e por elo animaron ás súas crianzas a elixir a opción de galego. Que o centro apoie a si mesmo, defendendo o dereitoo do seu alunado, dun e de todos, a optar e a cursar as materias que son ofertadas no centro. Que a inclusión desta cuestión se debata no Consello Escolar e no centro con toda a comunidade educativa e que se realizase unha declaración pública defendendo o dereito do seu alunado de Lengua e Cultura galegas (…)”.
Pero nin a AMPA nin os órganos directivos do instituto Europa apoiaron a demanda galegueira da súa comunidade escolar nunha postura claramente colaboracionista coa estratexia eliminatoria da Junta de Castela e León. Por suposto, a Consellería de Educación deu a calada por resposta, nada de diálogo nin consenso, só eliminación do galego por orde gobernativa. Así funciona esta Junta de Castela e León que forza a desaparición do ensino do galego na rexión do Bierzo paseniño. Estamos seguros de que o vindeiro curso 2014-15 haberá novas sorpresas negativas para eliminar máis galego do resto de centros escolares. Só a resistencia galegofalante pode parar esta desfeita institucional nos vindeiros anos. FORZA E LOITA PARA TODOS E TODAS!
O Bierzo, outubro 2013.
www.obierzoceibe.blogspot.com
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
eres berciano?
ResponderEliminareres consciente de que el bierzo tiene tanta frontera con ASTURIAS, como con GALICIA y LEÓN?.
Sabías que en muchas zonas del bierzo aún se habla el idioma ASTURIANO (o bable)? date una vuelta por el valle de FURNIELLA y compruébalo tú mismo. O acércate por los municipios de fabero o páramo del sil, donde sus gentes aún coservan muchas expresiones o dejes del bable en su habla, debido a que sus montes hacen frontera con los asturianos.
El dialecto berciano, tiene tanto de galego como de asturiano y llionés.
Diciendo que el bierzo ''fala'' o es ''galego'', dejas a un lado el 70% de la cultura genuína y ancestralmente bercianas.
Flaco favor haces a tu causa con blogs pseudofascistas como este, amigo.
Y te lo dice un BERCIANO, que se examinó del CELGA hace muy poco, ya que ama y respeta la cultura gallega, casi tanto como la suya propia.
como tu dices si soy berciano y no creo que porque tu hayas nacido en el bierzo y no hayas ablado gallego en tu casa de pequeño no te sientas gallego porque O bierzo e galiza
ResponderEliminar