Páginas

viernes, noviembre 15, 2013

A BURLA NEGRA, NUNCA MÁIS.


A BURLA NEGRA, NUNCA MÁIS,
 POR MANUEL GONZÁLEZ PRIETO.


RECORDEMOS.........................................................................................................
Recordemos ...
 “Once anos atrás, un día 13 de novembro do ano 2002, un petroleiro accidenta fronte a Costa da Morte. Un dos desastres de maior impacto ambiental nas costas galegas.Unha catástrofe con nefastos resultados”
Recordemos ...
“Unha marea de xente que de forma voluntaria e altruísta unida pola conciencia social e ambiental traballaron a reo para a limpeza dos residuos contaminantes”
Recordemos ...
“O descoñecemento, a ausencia de resposta institucional, a incompetencia, a ausencia na toma de decisións durante o desastre e nos días inmediatos ao mesmo, a escasa coordinación dos equipos de limpeza, os escasos medios facilitados á cidadanía para levar a cabo a recollida de residuos, a mercantilización das conciencias dos mariñeiros e mariñeiras,...
Recordemos ...
“ A manipulación informativa que portavoces e dirixentes varios fixeron da catástrofe. Frases como “esos pequeños hilitos” seguen estando  a día de hoxe moi presentes entre os nosos recordos”
Recordemos ...
 Non foi o único petroleiro  accidentado nas nosas costas . Lembremos o  Urquiola, Mar Egeo,..
Recordemos ...
“A día de hoxe outros existen outros proxectos/atentados,  amparados polo goberno, considerados ameazas polos cidadáns e cidadás galegas. Refírome ao Proxecto  de Megaminería.
Recordemos ...
“Que o pobo galego manifestouse ao respecto do proxecto e berrou ao unísono na cidade de Compostela cun rotundo “NON ao proxecto de Megaminería” e cun rotundo  “NON a mina de Corcoesto”.
Recordemos ...
O fallo do Tribunal  responsable do xuízo polo coñecido como “Caso do Prestige”, do día 13 de novembro do ano 2013 coma unha irresponsabilidade, amparada polo cuarto poder denominado “Xudicial”.
Recordemos ....
“Si hai algo de positivo en todo isto foi a toma de conciencia de un pobo unido cun único propósito, salvar a nosa terra e defendela”

É por iso que hoxe berramos todas xuntas:
“Nunca Máis a irresponsabilidade política na xestión de catástrofes medioambientais”
“Nunca Máis a mentira dun suposto proceso xudicial sen asunción de responsabilidades”
“Nunca Máis a burla que no día 13 de novembro do ano 2013 galegas e galegos interpretamos resultado do fallo no xuízo Prestige (por chamarlle dalgunha maneira). Mellor empreguemos a palabra pantomina, espectáculo circense, ou ... . “

A BURLA NEGRA
NUNCA MÁIS!


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario