Páginas

lunes, enero 13, 2014

A BATALLA DE CACABELOS EN EXPOSICIÓN.


A EXPOSICIÓN DA BATALLA DE CACABELOS, 

por Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

  En xaneiro de 1809 tivo lugar xunta a ponte de Cacabelos unha importante batalla. O exército anglo-español, en retirada para o porto da cidade da Coruña, foi acosado polas tropas napoleónicas perseguidoras. Aproveitando tal acontecemento bélico, organízanse un feixe de actos culturais na vila do Cúa. Haberá unha exposición, conferencias e debates, obradoiros para neniños, visitas nocturnas ao museo e a recreación histórica sobre a dita batalla para o sabado 25de xaneiro. 



Polo que se refiere á exposición, comentamos que ten lugar no museo Marca, na zona vella de Cacabelos. Recóllese nela referencias á batalla, caso das bandeiras militares, fusilería, traxes militares e demais. Salientamos a maqueta con soldadiños de chumbo que fai referencia ao ataque francés sobre os aliados anglo-españois xunta a ponte do río Cúa. 



Tamén hai referencias ao contexto social, caso dos poderosos, a burguesía e maila igrexa, con diversos obxectos cotidiáns (libros, mapas, moedas, mobles, cadros…). O máis popular está representado coa economía viñateira ou liñeira e outras actividades. Quizais botamos de menos a presenza dalgúns pendois concellís dos pobos e aldeas da provincia do Bierzo. Non podemos esquecer o moito que sufriron as diversas comunidades locais polo acoso da guerra. Os pobos tamén fixeron a guerra pola súa conta con diversos mecanismos de resistencia, abandono dos pobos ante a presencia dos militares, ocultamento de víveres (viño, grans…) e animais (cabalos, vacas…), accións de guerrilla e demais. Porque a guerra na nosa provincia non só a fixeron os famosos Tiradores do Bierzo.



Outro apartado contén carteis das recreacióis históricas da batalla de Cacabelos feitas pola villa do Cúa, así como diversas fotos daquelas xornadas festivaleiras. Por desgraza, hai anos que non se celebran, suponemos que por falta de cartos públicos. Agora ben, como xa temos dito, o vindeiro sábado 25 de xaneiro volve unha nova xornada de recreación histórica da batalla de Cacabelos. Alí estaremos pois para gozar dese día guerreiro, mentres tanto convidados a todos e todas a visitar esta interesante exposición no museo Marca de Cacabelos.


Horarios, de martes a venres, de 11.30 h. a 14 h. e de 16.30 a 19.00 horas, os sábados de 16.30 h. a 20 horas, e mailos domingos e feriados de 11.30 a 14 horas.
Información, 987546993 e museoarqueologico@cacabelos.org

O Bierzo, xaneiro de 2014. 

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario