VIAXE POLOS RÍOS QUE NOS UNEN,
Por Xabier Lago Mestre.
falaceibe@yahoo.es
Nunha mañá nubrada agardamos o rexional na estación de Ponferrada. Ás 9.10 chega o noso tren. Nun chisco de tempo, veloz atravesa a chaira baixa do Bierzo. Á esquerda as maxestuosas penas de Ferradelo e as barrancas roxas de Santalla. Primeiras paradas en Viladepaos e Toural dos Vaos. Dende eiquí xa vemos, ao lonxe, o chamado Estreito xeolóxico, polo cal imos entrar na Galiza.
O ESTREITO XEOLÓXICO DENDE COVAS
Dentro das altas paredes do dito Estreito sentímonos pequenos e xa contamos coa presenza viva do río Sil entre o arboredo. Tralo primeiro túnel o apeadeiro da Barosa, o último do Bierzo, e despois entramos noutro silenzo escuro. Por dos dos túneis salvamos os recodos ribeiros do serprenteante río. Nova parada en Covas, xa estamos na Galiza. Mais, pola esquerda do río seguen as terras do Bierzo. As augas do río están mansas por mor do encoro de Penarrubia. As altas penas rachan a serra da Lastra e semellan vixías do noso camiño de ferro.
NA BISBARRA IRMÁ DE VALDEORRAS.
Na estación de Quereño o sal xa quenta con forza primaveral. Na outra ribeira xorde A Ponte de Domingo Flórez, capital da Cabreira Baixa. Velaí que Quereño fose a saída da emigración da contorna, ao longo do século pasado, aos centros urbanos e industriais de Madrid e Catalunya. Seguimos para Sobrado, tras deixar o encoro de Pumares. Na viciña Carballeda atopamos o río Casoio e mailo encoro. As súas augas baixan polo val louseiro. A ribeira do Sil está ateigada de industrias louseiras que ameazan o seu cauce e mailas limpas augas. A seguir, a capital da bisbarra, O Barco de Valdeorras. Estas terras formaron parte da antiga provincia liberal de Vilafranca do Bierzo, durante o chamado Trienio Liberal da década dos vinte. Os líndeiros desta provincia chegaron ata a ponte romana da Cigarrosa en Petín. O centro comercial do Barco favorece a circulación de viaxeiros ferroviarios. Para quen faga parada nesta vila que non deixe de visitar os monumentos presentes en Viloria, O Castro e Xagoaza.
ENCORO DO RÍO CASAIO EN SOBRADELO
ENCORO DO RÍO CASAIO EN SOBRADELO
Na estación da Rúa o noso río ábrese no encoro de San Martiño. Esta vila conseguíu grande desenvolvemento urbano por razón da construción dos saltos hidráulicos. Dende eiquí podemos subir para as bisbarras montañosas e sureñas do Bolo, A Veiga, A Pobra de Trives e Manzaneda. Na saída do apeadeiro de Montefurado non hai que deixar de mirar para o furaco feito na montaña polos romanos para permitir o paso do río. Pola esquerda baixan as augas dos ríos Bibei dende Manzaneda e do río Navea das serras do Burgo, San Mamede e de Queixa.
ENCORO DE SAN MARTIÑO NA RÚA.
ENCORO DE SAN MARTIÑO NA RÚA.
Ábrese de novo o río Sil no val de Quiroga. Bisbarras que vanza pooloo norte para a serra do Courel, de grande valor etnolóxico e turístico. Estas montañas afastan o vecín val do río Lor, cuxa capital é Folgoso do Courel. Na estación de San Clodio-Quiroga, son as 10.33 horas, agardamos o cruzamento dun tren Alvia que vai para O Bierzo. Lembrar que dende S. Clodio pódese subir para Castro Caldelas ao sul.
CARA ÁS TERRAS DE LEMOS.
Pouco despois a vía férrea abandona a compaña do río Sil que entra na Ribeira Sacra. Nosoutros agatuñamos para as terras de Lemos pola Pobra de Brollón e Monforte. Este último é o segundo centro comercial e poboacional da provincia luguesa. Mentres o rexional troca de sentido de circulación, e mailo condutor busca a outra cabeceira do comboio, baixamos aos baleiros e amplos andéis. A estación xa non é o que foi noutrora, cando chegou a ser nudo ferroviario do noroeste peninsular. Agora a súa grande cantina, onde tantas comidas se serviron sen parar, xa permanece pechada aos viaxeiros. Arrinca o tren con velocidade pola chaira de Lemos, na procura do apeadeiro de Canabal. Pouco despois entramos no estreito e fragoso val do río Cabe. Os montes de San Paio, polo oeste, afastan este entorno natural do Cabe do outro val paralelo do río Miño. Paga a pena mirar para as aldeas penduradas nas costas ladeiras. Houbo un grande traballo comunal e labrego para faceren os socalcos ou terrazas de cultivos.
MESTURA DOS RIOS SIL E CABE EN STO. ESTEVO
MESTURA DOS RIOS SIL E CABE EN STO. ESTEVO
O NUDO FERROVIARIO DE OURENSE.
Teremos que agardar até Santo Estevo de Sil para atopar de novo o noso río Sil. Impresionante mestura dos dous ríos, Cabe e Sil, visto dende a ponte ferroviaria. Máis adiante chegamos ata Os Peares para desfrutar doutra mestura fluvial. Trátase agora do encontró entre as correntes dos río Sil e Miño que baixa do norte. Dende eiquí a conca vaise abrindo na procura da cidade de Ourense por mor do encoro de Velle. Recíbenos a populosa urbe ourensá, son as 12 horas. A estación amosa grande movemento de viaxeiros que baixan e soben do tren, e outras que agardan chegadas dende todos os puntos cardinais, a saber, Santiago, Vigo ou Castela por Zamora. En escasos minutos o noso comboio parte cara a Vigo. Seguimos polo cauce do fermoso Miño. As súas ribeiras sempre contan con numerosas e pequeñas aldeas. Enriba de nós, a cercana estrada N-120 que nos acompaña até Ribadavia.
ENCONTRO DOS RIOS SIL E MIÑO NOS PEARES.
ENCONTRO DOS RIOS SIL E MIÑO NOS PEARES.
Son as 12.25 horas, na vila da Festa da Historia onde se recrean acontecementos da Idade Media coa participación popular. Eiquí o río Avia verque augas tamén ao Miño. Hai certos tramos do río que forma un grande mar interior. A parada en Filgueira permite o paso dos viaxeiros ao concello viciño de Cortegada. Outra tanto acontece co apeadeiro de Frieira que favorece o aceso aos usuarios dos estremeiros concellos de Pontedeva e Padrenda, na beira esqueda do Miño. Para estes concellos, tan illados xeográficamente, resulta fundamental a existencia do tren rexional que permite as mellores comunicacióis provinciais.
Dende o apeadeiro de Arbo podemos pasar á cidade portuguesa de Melgaço. Agora as novas pontes permiten rachar con países afastados pola historia. Pero nosotros imos para Salvaterra de Miño porque queremos visitar a outra vila portuguesa de Monçao. Chegados ao apeadeiro, son as 13.20 horas, e visitamos a solitaria fortaleza local. Despois baixamos para a ponte que cruza o Miño e desfrutamos das vistas da súa ribeira até atopar as murallas da fortificación. Entramos na cidade por unha porta antiga. A xente vai cargada de bolsas e carriños da compra. Feito claro de que hoxe é día de feira. Buscamos os postos de mercadorías xunta a un foso da muralla sul. Roupas, zapatos, pantalois vaqueiros, animais domésticos, prantas vexetais, artigos de ferrataría, etc. Moito mercado para pouca xente.
FORTALEZA DE SALVATERRA DE MIÑO.
FORTALEZA DE SALVATERRA DE MIÑO.
Tralo paseo entre os tenderetes facemos a visita pola zona vella. Eiquí entramos nunha tena de roupa desportiva na procura dunha camisola dunha equipa de futebol portugués, do Porto por suposto. Algo cara resulta, pero ao final, coa previa negociación houbo rebaixa no prezo. De novo camiñamos pola praza Deu la Deu, e logo polo seu rueiro estreito, ata chegar ás murallas do río Miño. Fotos e máis fotos. Ao lonxe o forte de Salvaterra de Miño. Antes cidades inimigas durante séculos, e agora traballando xuntos para atraer cartos da Unión Europea.
PRAZA DE MONÇAO NA ZONA VELLA.
En fin, que resulta moi recomendável visitar estas terras portuguesas. Lembrar tamén a cercana Valença do Minho con Tui, polo oeste, e Melgaço e Chaves polo leste. Dito isto, neste rápido percorrido por estes ríos temos grandes espazos para desfrutar da natureza, da montaña, das aldeas e das vilas de Galiza e do Bierzo. Esas sucesivas bisbarras agardan as vosas visitas hogano con moitas gañas de sorprendermos.
MURALLA E PORTA DE MONÇAO.
MURALLA E PORTA DE MONÇAO.
O Bierzo, abril de 2014.
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario