miércoles, abril 19, 2006

SEMANA SANTA VINDICATIVA DE FALA CEIBE

SEMANA SANTA REIVINDICATIVA
DE FALA CEIBE DO BIERZO.

Esta Semana Santa os ceibes aproveitamos para retomar a reivindicación máis directa. Así o venres madrugamos para coa manciña coller as bicis e saír cara a Cacabelos. Na saída de Ponferrada fixemos buzoneo na mesma avenida dos escritores, no novo barrio da antiga estación de vía estreita da MSP, logo tomamos a avenida de Galicia, de Camponaraia, deixando tamén os nosos carteis nas paradas do autobús. Á altura de Magaz de Abaixo puidemos desfrutar da vista do xeolóxico estreito, polo que o Sil penetra na Comunidade Autónoma de Galiza. O día era bo e soleado e con este tempo chegamos a Cacabelos, o noso destino.

Nesta vila de Cacabelos comezamos o buzoneo pola nova urbanización da Cooperativa de Viños, onda viven matrimonios xoves con fillos cativos, os nosos potenciais demandantes de ensino de galego nos centros escolares desta poboación. A razón deste buzoneo de Fala Ceibe era contrarrestar certa resistencia que hai por parte de alguis profesores do instituto de secundaria, Bergidum Flavium, ao mantemento da materia optativa de galego.No percorrido polas rúas da vila, casa por casa, comercios incluídos, atopamos unha procesión de Semana Santa. Tamén deixamos a nosa información vindicativa sobre a ensinanza do galego nos parabrisas dos autos que atopamos aparcados ao noso paso. Despois dun par de horas regresamos polo mesmo camiño feito ata Ponferrada.

O sabado seguinte concrentramos os nosos esforzos na capital Ponferrada. O noso obxectivo nesta ocasión foi o comercio. Repartimos cartas con folletos que incitaban a utilizar o idioma galega na rotulación, a cartelería, a propaganda e demais, baixo o eslogan de “En galego vendes máis... O Bierzo bilingüe amplía mercados”. Todo o centro da cidade foi buzoneano. Dende logo que agora o comercio ponferradino saberá máis da existencia de Fala Ceibe do Bierzo. Esta é unha forma máis de crear conciencia favorable ao uso comercial do galego na nosa rexión berciana.

O domingo tamén deixamos carteliños vindicativos nos parabrisas dos autos aparcados no centro de Ponferrada, e tamén realizamos unha pequena pegada de carteis de Fala Ceibe nas paredes da cidade. Ao día seguinte fixemos unha nova doazón de máis de 100 libros en galego á biblioteca da Casa da Cultura da capital berciana. Este lote de libros recibímolos da editorial Xerais de Vigo, e inclúe as últimas novidades en ensaio, novela, poesía, teatro e demais. Seguro que van vir moi ben para toda a poboación lectora do Bierzo, xa que esta biblioteca ten un claro carácter comarcal.

Rematamos dicindo que Fala Ceibe segue a traballar na súa estratexia reivindicativa ante as reformas dos Estatutos de Autonomía de Castela-León, Galicia e do Consello do Bierzo. Tamén traballamos na elaboración dunha nova carta-queixa para o Procurador do Común de Castela e León polo ocultamento deliberado do ensino do galego na documentación informativa da Delegación Provincial de Educación de León. Pola outra banda, a coodinadora do Día das Letras Galegas 2006 no Bierzo, Silvia Ribas, está ultimando a celebración desta festividade cultural galega para mediados de maio.

Ponferrada, abril de 2006.

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

así se fai a reivindicación, polas rúas, traballando casa por casa, mediante ese buzoneo do que falades. Non cabe dúbida de que sabedes dar a cara ante os bercianos e por iso eles saben agradecer o voso esforzo a prol da nosa lingua galega do Bierzo. Que siga a loita berciana e galega

12:58 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

yo también quiero salir en bicicleta por el Bierzo. Espero que algún día podamos salir todos juntos y disfrutar de esa comarca tan bonita. Mi novio es del Bierzo y yo de Salamanca, y tengo mucha curiosidad por conocer vuestras costumbres aunque no las entiendo. Me llamo Josefina Alonso Almaraz. Besos para todos.

11:46 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

capullo hijo de puta

10:14 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home