FALA CEIBE NA 2ª ESCOLA PERMANENTE FERMÍN PENZOL
FALA CEIBE NA 2ª ESCOLA PERMANENTE FERMÍN PENZOL.
falaceibe@yahoo.es
Fala Ceibe participou na Mesa redonda: “Presente e futuro das linguas de Castela-León”, que tivo lugar o sábado 28 de outubro en Vilafranca do Bierzo. Este acto formou parte do programa da 2ª Escola Permanente “Fermín Penzol”, organizada pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. A dita mesa estivo formada por Héctor García Xil, profesor da Universidade de León, especialista en asturleonés, Ricardo González Saavedra, Pte. do Consello Comarcal do Bierzo, Felipe Lubián, procurador socialista nas Cortes de Castela-León, Manuel Mañá, Pte. da asociación Xarmenta e Xabier Lago, Pte. de Fala Ceibe do Bierzo.
A intervención de Fala Ceibe comezou coa referencia á consideración dos falantes galego-falantes do Bierzo coma unha minoría etnocultural en Castela-León e en O Bierzo, tanto polo escaso número dos seus membros coma polo pequeno recuncho territorial con lingua propia distinta da castelá. Pero tamén somos minoría lingüística porque hai pouca conciencia social de carácter vindicativo, o que dificulta a reclamación do recoñecemento dos nosos dereitos mediante a axeitada mobilización colectiva.
Para salvar esta desvantaxe a minoría galego-berciana precisa de alianzas estratéxicas con outros grupos. Estes poden incluír as outras minorías lingüística de Castela-León, a saber, os falantes astur-leoneses e éusqueros do condado de Treviño, pero tamén hai que procurar apoios dentro da “irmandade galega”, presente na Comunidade Autónoma de Galiza, ademais das alianzas que poidamos atopar nas organizaciois bercianas (políticas, culturais, ecolóxicas e demais). Pero sobre todo cómpre unha mayor unión entre os colectivos galeguistas d´O Bierzo, precisamos da unidade de acción, para a cal fai falta máis confianza nas nosas posibilidades e menos dependencia dirixista do exterior. Agardamos que esta proposta non caia de novo en saco routo; deixemos pois que os demais colectivos reflexionen sobre o tan repetido dito: “a unión fai a forza”.
Fala Ceibe tamén analizou os posibles eidos de actuación vindicativa. O traballo no ensino é primordial, onde resta moito por facer para consolidar o ensino do galego no Bierzo. Hai que ampliar os centros escolares afectados porque quedan illas, como son os colexios de Carracedelo, A Veiga de Valcarce, Quilous, A Veiga de Espiñareda, Fabeiro, Columbrianos e demais. Temos que incluír máis niveis escolares, ensino de adultos, universidade de vedraños, cursos de concellos, etc. Pretendemos nun futuro conseguir que a oferta da materia de idioma galego sexa obrigatoria para todos os centros educativos do Bierzo occidental.
No eido cultural, a celebración do Día das Letras Galegas é fundamental para vencellar os destinos culturais de Galiza e O Bierzo. A investigación filolóxica, xurídica, histórica e demais debe servir para conocer o noso pasado común. O problema neste sentido é a carencia de medios de comunicación, de difusión a esgalla, que permitan a edición dos nosos traballos en galego.
Os medios de comunicación son fundamentais no labor difusor do noso labor vindicativo en O Bierzo, Castela-León e Galiza, pero nos esixen o uso do castelán de xeito maioritario. A través deles conseguimos que o noso activismo chegue a máis persoas, xa que os nosos medios de comunicación son de alcance moi limitado.
O uso da internet é básica para o activismo de Fala Ceibe. Este sistema de comunicación é de uso minoritario en O Bierzo, salvo entre a mocidade, pero ten grandes expectativas de futuro, por iso hai que tomar xa posiciois na rede, mediante páxinas web, blogs, foros e demais. Temos que intervir máis na internet berciana para galeguizala na medida das nosas escasas posibilidades.
Os entes locais de O Bierzo (Consello Comarcal, concellos, mancomunidades e pedanías) tein moito que facer no tema da recuperación administrativa da lingua galega (recuperación da toponimia, nomes das rúas, rotulación, cartelería...). Pero a vixencia xurídica do galego nestas administracióis só terá lugar cando se consiga o recoñecemento legal do noso idioma minorizado.
A nivel político, a remesa de información galego-berciana aos partidos é básica para que vaian tomando conciencia desta problemática cultural. Así hai que facelo nos concellos, Consello Comarcal, Cortes de Castela-León, Cortes Xerais, Europarlamento, etcétera. Nesta dinámica política xogámonos moito na tramitación da Lei Orgánica de reforma do Estatuto de Autonomía de Castela-León ou do Estatuto do Consello d´O Bierzo. Hai que dar a batalla de contino ata acadar a necesaria oficialidade do idioma galego nalgunha destas devandita leis.
Fala Ceibe botou en falta máis tempo para explicar polo miúdo as nosas estratexias vindicativas, que ben poden ser compartidas polas outras organizaciois galeguistas, aínda que as présas da organización tamén afectaron ao resto de membros presentes na mesa redonda e ao propio público asistente, xa que non houbo case debate final. Por desgraza, neste tipo de actos académicos, séguese dando máis tempo ás intervenciois tradicionais e folclóricas que ao debate fundamental sobre a procura de carreiros vindicativos de interese para o fomento e maila vigorizón da nosas cultura e lingua galegas nos territorios estremeiros da Galiza.

Ponferrada, outubro 2006.
http://www.blogoteca.com/obierzoxa
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
http://www.falaceibe.tk
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
http://www.falaceibe.tk
4 Comments:
Temos que conseguir algún día unha unión das forzas galeguistas e bercianistas do Bierzo de cara a conseguir unha forza social e política capaz de defender a lingua galega. Mentres que iso non se acade non conseguiremos forza suficiente.
Porque estan los carteles de las fiestas de los pueblos bercianos con pegatinas de ustedes encima? NO SEAN TAN GUARROS....
non hai que poñerse así, o problema é dos concellos que non poñen espazos para a publicidade das organizaciois de todo tipo. Por iso, ante tan pouco espazo temos que poñer a propaganda uns enriba dos outros. Non te enfurruñes por iso, anímate!
A seguir pra diante co galego, que nunca se avanzou tanto nesta reivindicación, por algo será. Agora queda un maior recoñecemento da nosa lingua no Estatuto de Autonomía de Castela-León, a por eles!!!!!!
Publicar un comentario
<< Home