A EXPLOTACIÓN DAS ÁRBORES NO MEDIO RURAL BERCIANO.
Pobo berciano de Vilardecorrais.
As árbores sempre tiveron a súa importancia na economía labrega da rexión berciana. Neste traballo recompilatorio ofreceremos información sobre a explotación concreta de cada grupo arbóreo. Tamén veremos o seu diverso aproveitamento: alimentación (humana e animal), forraxes, bebidas e licores, medicina, veterinaria, tecnoloxía (combustible, construción, téxtil, cestería, cortiza…).
O CASTIÑEIRO OU O CASTIRO.
Moi abundante no Bierzo. Servíu para a alimentación das persoas e dos animais. As castañas do Courel eran a Courela ou negral, as do Bierzo son a Rapada, Raigona ou galega. As follas usábanse como forraxe ou cama dos animais domésticos. A súa madeira aproveitábase na elaboración de mobleiría, tonéis para o viño, vigas e cañizas ou portas de cortiñas. Por certo, un refrán berciano lémbra cando hai que curtar a madeira, “Se queres ter bon madeiro, córtao no menguante de xaneiro”, para evitar os ataques dos insectos. Coas súas pólas traballábase a cesteiría, mediante a separación das brengas ou costelas para facer banastras, cestiños e demais. Os moucadores eran as persoas encargadas das podas.
O ZUFREIRO, A SOBREIRA (ALCORNOQUE).
A landra servía para a alimentación das piaras de gochos. Da súa leña elaborábase carbón vexetal. Abunda o zufreiro en Cabanas Raras, Pombriego e Santalavilla da comarca da Cabreira.
A EXPLOTACIÓN DAS ÁRBORES NO MEDIO RURAL BERCIANO,
Por Xabier Lago Mestre.

A ENCIÑA, XARDÓN OU A ACIÑEIRA.
As belotas ou landras servían para o engorde da caza (porcos bravos, corzos, cervos…) e dos gochos. Da súa madeira facíase carbón vexetal. A madeira era moi boa para fabricar carros, eixes e rodas. A coriza cocida curaba os catarros outonais e tiña propiedades tintóreas.
As belotas ou landras servían para o engorde da caza (porcos bravos, corzos, cervos…) e dos gochos. Da súa madeira facíase carbón vexetal. A madeira era moi boa para fabricar carros, eixes e rodas. A coriza cocida curaba os catarros outonais e tiña propiedades tintóreas.
O ZUFREIRO, A SOBREIRA (ALCORNOQUE).
A landra servía para a alimentación das piaras de gochos. Da súa leña elaborábase carbón vexetal. Abunda o zufreiro en Cabanas Raras, Pombriego e Santalavilla da comarca da Cabreira.
O CARBALLO.
As landras eran para a alimentación animal, caso das piaras de gochos. A súa ramaxe servía coma forraxe. A leña posibilitaba combustible para as lareiras. A súa madeira apreciábase na construcción de edificios e pontes. As Morteiras son os bosques vellos, situados nas cabeceiras dos vales e ríos. Salientamos as morteiras ancaresas e fornelas.

O REBOLO (NO BIERZO), A CARBALLA (NA CABREIRA BAIXA) OU A TOUZA (NAS PORTELAS DE ZAMORA).
Córtanse rodais cada 20 ou 30 anos para aproveitamento de leña. A distribución da leña facíase mediante suertes ou sortes, no mes de setembro. Facíase tamén carbón vexetal e cisco para os braseiros. A folla ía para pesebres animais, e logo facíase esterco. Tamén servían as follas para forraxe mesturado con palla e patacas. As belotas eran para gando porciño. A madeira empreábase nas casas, carreteiría, tonéis de viño, ebanesteiría, carpinteiría, etc. Formacióis de rebolos temos no Bierzo oeste, Paradaseca, Ancares, Vilar de Aceiro, Compludo, Penalba e demais.

O BIDUEIRO (ABEDUL).
Madeira moi apreciada, caso da elaboración de galochas.

O AMIEIRO (ALISO).
A súa madeira é de moita calidade e aproveitábase para facer zocos, galochas, etc. De novo eiquí temos carbón vexetal. As follas tiñan propiedades mediciñais para os animais pois cicatrizaban as feridas. A ramaxe verde servía para afumar os embutidos (botelos, chourizos, etc). O ramón amieiro tamén se aproveitaba coma forraxe.

A ABELEIRA (AVELLANO).
A súa madeira tiña aplicacióis na marqueteiría, cesteiría, etc. Fabricábase carbón vexetal. As súas pólas aproveitábanse nos rodrigóis das viñas e hortas. Tamén as ditas pólas servían para os paneis trenzados en paredes de casas (enzarzado ou emborrado). O aceite dos seus froitos tamén nas comidas das persoas. Por último, as pólas fincábanse na terra para facer sebes vexetais entre leiras.

O ULMEIRO (OLMO).
A súa madeira era para fabricación de carros, apeiros de labranza, vigas de lagares, pontes, muíños, galochas e zocos. As follas servían para forraxe de gochos, mediante a mesturación con fariña, cebada e auga.

O AMENEIRO (ALISO).
Servía a súa madeira para colocar debaixo da louxa nos teitos. Refrán, “ameneiro é madeira que o diaño non quixo”, facendo referencia á súa peligrosidade.

O CONCHAL, A NOGUEIRA (NOGAL).
As súas follas férvidas servían contra as cistite das mulleres. Tamén emprego na tinxería de roupa. O seu froito, os conchos ou as noces, eran para o autoconsumo ou a venda nos mercados comarcais de Corullón, Vilafranca, Ponferrada, Bembibre, Valboa e demais.

O FREIXO, FREIXAL (FRESNO).
Follas para a alimentación das vacas. En setembro cortánse as ramas, para comer directamente as follas polos animais e as ramas quedaban para o lume da lareira. Os freixos teñen tripla función: forman lindes de pradoiros, as pólas cortadas son para os animais e cando perden a súa folla sirven para leña. Coa súa madeira facíanse diversos utensilios de cociña. O desmoche era para finais de verán, cando faltaba o pasto para o ramoneo. As árbores, trala poda de cabeza de gato, quedaban trasmochos, engrosados, ocos por dentro e sen ramaxe.

LOUREIRO.
Colocábanse pólas de loureiro, o domingo de Ramos, nas portas das casas para protección. Utilizábase tamén na condimentación de moitas comidas.

O FAXEIRAL DE BUSMAIOR (HAYEDO).
A sua madeira dura e pesada tiña aplicacióis na toneleiría, ebanisteiría e carpinteiría.
O SALQUEIRO (SAUCE).
A madeira servía para fabricar cestas de mimbre.

O Bierzo, xaneiro de 2011.
<< Home