RODANILLO, UN POBO DO BIERZO ALTO.
RODANILLO, UN POBO DO BIERZO ALTO,
polo colectivo Fala Ceibe do Bierzo,
Temos hoxe outro libro sobre a historia local dos nosos pobos bercianos. Neste caso “Rodanillo, un pueblo del Bierzo Alto-León”, de Benito González González. Comezamos facendo mención ao texto medieval máis antigo (1170) contén a referencia a Rodanillo: “quam in pratis, tan in hominibus, quam in terris cultis et incultis, quam etiam in aliis habeo, vel habere debeo in territorio Boetiae, locis certis, in Palatio de Rivo, in Congusto, et in Lampseyros, et in Coberana, in Rodanelo (…)”. Dita doazón real de Fernando II ao Bispado de Astorga inclúe toponimia que recorda moito ao romance galego.
Máis adiante no tempo, tralo salto ata o ano 1514, descubrimos a intención dos concellos de Cobrana e Losada por deixar de depender xuridicionalmente do señorío de Bembibre. A sentenza da Real Chancelería de Valladolid determina a suxeción do poder señorial bembibrés, “E que a jurediçion civil de los dichos lugares e sus términos la use e exerçe los dichos Marqués e las justicias que tovieren en los dichos lugares de Cobrana e Losada e sus términos. Excebto que los escribanos de la dicha villa de Bembibre pueda dar fe en las cosas e casos civiles en los dichos logares de Cobrana e Losada e sus términos cada e quando que en ellos se hallaren (…)” (paxina 35). Na mesma resolución xudicial imponse aos viciños bercianos a obriga de reparar a cerca da vila de Bembibre, “Otrosy debemos mandar e mandamos que los dichos concejos de Cobrana e Losada reparen la cerca de la ciha villa de Bembibre, e fagan los tapiales en ella que son obligados a hazer, cada e quando el dicho Conde e la dicha villae sus justicias lo mandaren fazer a los otros lugares que son obligados a fazer (…)”.
O seu autor analiza tamén os conflitos do concello que achegan moita información sobre as relaciois internas (pecheiros-fidalgos por evitar o pago de impostos, aloxamento de soldados ou achega de bagaxes no século XVIII). Outros preitos importantes foron con Santa Marina del Sil pola explotación da devesa de Castañedo. Importancia tivo a desamortización dos bens colectivos, propios do pobo, tamén do convento de Santa María Magdalena de Cerezal, o convento de Ntra Sra. Da Peña ou mosteiro de Santo Andrés de Espiñareda. Nesta dinámica desamortizadora xorden tamén os bens de confrarías e capellanías.
Tamén pescuda no estudo do poder relixioso do pobo de Rodanillo, nos capítulos da parroquia e maila iglesia. Fíxase especialmente nos ingresos da parroquia (diezmos, tercias reais, noveno decimal), os libros de fábrica cos seus foros, rentas, primicias, dereitos de sepultura, dereito de pisos das confrarías e outros. Segue coas esculturas veneradas e as ermidas. Paramos nun novo apartado que se refire aos testamentos, as mandas, o velatorio e os enterramentos. O poder eclesial non tivo relaciois amigables cos seus fregueses. Benito fai un percorrido polos procesos eclesiásticos por diversos motivos (fundación dunha dotación para orfos, deslinde de térmos ou o preito do pozo do concello no século XVIII). Remata o capítulo relixioso coas confrarías das Ánimas e do Santísimo.
Outros temas analizados son: os pendois, as guerras dos nosos avós, os apelidos do pobo con material fotográfico das familias, os bens propios e comunais (os quiñois e a súa venda), urbanismo dende o punto de vista das casas singulares e mailos lagares, os términos divisorios, os carreteriros de Rodanillo, o abastecemento da auga (con especial atención ao regueiro de primavera que facían os viciños mediante facedeira, ou os pozos do concello),. Como anexos xorden o vocabulario local ou os nomes das paraxes de Rodanillo.
O Bierzo, xaneiro de 2013.
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home