jueves, julio 27, 2017

VISITA A COMPOSTELA O 25 DE XULLO.


VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA 2017,
Por Xabier Lago Mestre.
Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo
falaceibe@yahoo.es

Tras unha longa viaxe no Alsa somos chegados a Santiago. Fóra da estación de autobuses o a mañán está algo fría. Subimos para San Caetano, onde están os edificios da Xunta de Galicia, antigo sanatorio siquiátrico. Dende alí, torcemos para a esquerda, a tomar a rúa da Pastoriza. Cruzámonos con mozos que voltan da festa patronal da noite anterior. As casas das rúas Santa Clara e S. Roque están fermosamente pintadas de branco. 

O devío é para S. Domingos de Bonaval onde se atopa o panteón dos galegos ilustres. E aproveitamos a ocasión para visitar o seu parque nos terreos do mosteiro. As súas costas permiten as canalizacioes da auga e o seu rumor cadencioso. Son de agradecer as vistas da cidade vella e das torres da catedral.


A ENTRADA NA ZONA VELLA.

Baixamos de novo para a porta do Camiño por onde entran os peregrinos. Con eles percorremos a rúa das Casas Reais e das Animas para chegar até Acibechería. Este rueiro está cheo de tendas para mercar xoias da artesanía local. Dende a praza da Imaculada pódese desfrutar da catedral e de S. Martiño Pinario, impoñentes edificios.

Por debaixo do pazo de Xelmirez esta vez non estaban os gaiteiros. Quizais fose pola cantidade de policía nacional que había por alí. A praza do Obradoiro volveu ser tal por mor das restauraciois das torres da catedral. Unha mágoa non poder desfrutar desta arquitetura barroca comos os turistas nos merecemos.


A seguir saímos pola rúa do Franco onde hai multitude de tendas para mercar varios agasallos. Tamén as tabernas e restaurantes ameazan cos mellores xantares. Na praza do Toural merece unha foto para o recordó. Volta atrás pola rúa do Vilar, na procura do posto de turismo para pedir un mapa da cidade. 

Subimos para a rúa do Castro na busca da procura da praza da Universidade onde nos detemos na fachada da facultade de Historia. As súas colunas e esculturas resultan impresionantes. Perto de eiquí está a porta de Mazarelos, por onde entraban os viños do Ribeiro e de Ulloa. 


PORTA MAZARELOS

HOMENAXES NO PARQUE DA ALAMEDA. 

O seguinte destino é o parque da Alameda de Santiago. Queremos visitar as escultura de Rosalía de Castro, outra grande defesora do idioma galego. Xunta a súa escultura facemos a merecida homenaxe coa nosa bandeira Cruceira. Polo paseo das Letras Galegas subimos até a escultura de Castelao, político, escritor e debuxante sen igual. Tamén eiquí facemos a nosa pequena homenaxe en nome do Bierzo.


                                                     HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO.

A MANIFA NACIONALISTA DO 25 DE XULLO.

Son case as 12 horas e as gaitas xa soan chamándo para a manifa. Na baixa Alameda concéntranse xentes de todas as partes da Galiza para participar na manifestación nacional galega. Polas rúa do Hórreo, praza de Galicia e demais da zona vella resoan os diversos lemas reivindicativos. As cadencias musicais cada vez están máis cercanas á praza da Quintana, trasera da catedral. Eiquí remata a manifa pero comezan os actos políticos. O primeiro é saudar públicamente ás delegaciois de diversos países e o remate foi para o sonoro e sentido hino galego. Un ano máis a bandeira Cruceira do Bierzo ondeu coas demais amosando o noso orgullo territorial.


Despois todos e todas para a carballeira de santa Susana na procura do fresco verdor e dos bos alimentos do xantar.  Os grupos folclóricos animaron con moito ánimo toda a xornada. Tamén houbo grande movemento no chamado Festigal, onde se podían mercar diversas publicaioes políticas e literarias, camisetas, ademais de artesanía. Interesante foi a presentación de libros polos seus autores. Na sombra da carballeira falamos cos compañeiros galegos, entre xarras de cervexa, da situación do galego do Bierzo e da melloras das relaciois interterritoriais. Enfin unha boa xornada en Santiago cos nosos irmaos de Galiza. Deica o ano que vén!.

O Bierzo, xullo de 2017.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home