OS INICIOS DO BERCIANISMO DEMOCRÁTICO
OS INICIOS DO BERCIANISMO DEMOCRÁTICO,
Por Xabier Lago Mestre.
Cando
voltou a democracia a España se reclamaba a autonomía para Castela e León. Por
iso houbo que procurar referentes simbólicos capaces de unir a habitantes de
tantas provincias. Velaí o tema da bandeira cuarteada histórica cos dous
reinos. Outros fitos rexionais foron máis conflitivos. A capitalidade queríana
Burgos, León e Valladolid. E houbo acordo relativo co Día festivo común (23 de
abril). Neste último caso elixiron o día da derrota dos comuneiros que luitaron
contra o poder real e señorial, e que desde León rexeitan como imposición
política.
Mentres
en Castela e León andaban con esas liortas políticas, no Bierzo había otros
debates territoriais. Así, no ano 1975 o xornal Aquiana recorda a Provincia de
Vilafranca através de diversos artigos históricos de Balbino Alvarez de Toledo,
que serven para recuperar a conciencia provincialista dos bercianos. Tamén o
réxime franquista intentaba dar imaxe de preocupación pola problemática da nosa
rexión, co II pleno do “Consejo económico, social y sindical del Bierzo”. Salientamos esas
conclusiois sobre Ordenación territorial. Así, menciónase “una ciudad capital de la Comarca,
Ponferrada. Tres cabeceras de comarca” (Vilafranca, Fabeiro e Bembibre), “doce
núcleos de expansión y el resto calificados de núcleos dependientes”. E tamén
se propón “una política económica social descentralizadora, que otorgue cierte
autonomía y medios de financiación propios a las comarcas naturales, mediante actuación
delegada de la Diputación provincial”, case que nada en 1975!”.
Seguemos
a padecer o centralismo histórico leonés. Resulta que se pide un colexio universitario
para O Bierzo e a resposta cazurra é que non. O enfado local concrétase no
encrito do xornalista Fidalgo Piensos, “la Universidad de León valdrá para los
leoneses para los bercianos No” (1975). Pola súa banda, o político Telmo
Barrios Troncoso debate sobre a posible autonomía para O Bierzo, “Ponferrada
debe caminar hacia niveles de más autonomía, más exigencias, más
descentralización”, e anima a percorrer “los caminos de la más plena
regionalización y comarcalización posible” (1975). Está clara a proposta
comarcalizadora da dereita berciana.
O
provincialismo tamén está xa presente. Desde Valdeorras con Emilio Costa Dávila
se apoia a provincia berciana, o mesmo que fai o semanario Aquiana que defende
a quinta provincia galega (1976), fundamentado no xeito de fuxir do centralismo
administrativo de León e Ourense. Nesta dinámica bercianista, de debates
territoriais e políticos, non falta o simbólico coa bandeira do Bierzo. Así o satírico
escritor Balbino Álvarez de Toledo fai a súa achega co “pendón do Bierzo”,
relatando a historia de varios pendois da zona de Vilafranca (1977).
No
debate territorial do Bierzo as propostas descentralizadoras son varias. “El
Bierzo necesita una mancomunidad” coa participación de tódolos alcaldes,
segundo Ignacio Fidalgo (1976). Mentres
que un procurador en Cortes propón un Consejo comarcal formado por municipios e
instituciois económicas, sociais e políticas (Afrodigio Ferreiro, 1976).
Recordemos que está recente a morte do ditador e o franquismo segue mui
vixente. Sen embargo, xa hai quen fala de “hecho diferencial berciano” e
“órganos de representación y gestión que a nivel comarcal se establezcan”
(Ovidio Glez. Canedo, 1976). Pola súa banda, Telmo Barrios opina que o Consello
comarcal “restaría competencia a la Diputación en la Comarca, que pasarían al
Consejo” (1978). Aínda hoxe, no 2025, a Deputación leonesa resístese a
descentralizar no Bierzo.
Por
suposto, os debates democráticos xa afectan abertamente ao noso territorio
estremeiro nesta década dos 70. Fálase da “rexión do Sil” para incluir mellor a
Valdeorras doutro xeito. O programa político de Unidade Galega (1979) refírese
á “idiosincrasia de Valdeorras, piden un trato diferencial, dentro de Ourense,
e con personalidade propia en Galicia”, supoñemos que é unha referencia tácita
á comarca xurídica, ademáis se ten en conta “a distancia de Valdeorras a la
capital, a Ponferrada”.
Non falta a demanda provincial berciana. En septiembre de 1978 preséntase o Manifesto berciano. Nel se fala de recuperar a provincia do Bierzo, con capacidade político administrativa, e teima en que “debemos decidir que opción autonómica deseamos integrarnos”. De novo a quinta provincia galega presente, ante a queixa pola “desaparición de la escuela de ATS de Ponferrada” e “que estamos siendo sometidos” segundo escribe José Voces Gómez (1979). Hogano xorde o programa do Partido do Bierzo que se refire a unha “consulta popular para que los bercianos decidan cual es el tipo de autonomía que conviene a la región”.
Fidalgo
Piensos, desde Aquiana, escribe “Provincia de León (formada por dos Regiones
bien definidas: El Bierzo y León) debe tener dos gobiernos o Diputaciones
distintas y paralelas, una por cada Región” (1979). Su fundamento pode ser a
antiga división histórica de León durante a Idade moderna, “partido ou
provincia do Bierzo en reino de León”. Incluso, para reafirmar esta vía
historicista, publícase na portada do dito semanario o mapa da Provincia do
Bierzo (1786) de Tomás López (1980).
Se en León
había varios partidos leonesistas, O Bierzo segue a súa propia dinámica
autonomista. Velaí o Movemento rexionalista berciano, os Independentes do
Bierzo, Asemblea regional do Bierzo e o partido aspirante á autonomía do Bierzo
(1979). O provincialismo, galeguismo, rexionalismo e comarcalismo están presentes.
Mais a demanda de segregación territorial de León racha os acordos co
leonesismo. Para intentar casar ámbolos dous territorios enfrontados, o Bloque
radical leonés presenta o seu federalismo con “dúas xeografías sociais”, a
saber, O Bierzo e León, con senllas deputaciois que formarían xuntas o
Parlamento del País leonés .
No ano 1980 unha
Coordinadora Berciana reclama o rexeito á autonomía castellano-Leonesa.
Pintadas nas rúas denuncian “Martín Villa, El Bierzo no es Castilla”. Nesta
conxuntura o bercianismo camiña co leonesismo con muita desconfianza para
berrar en León contra a unión con Castela. Esta alianza estratéxica resulta rachada
en varias ocasiois. En 1981 o PB sae da plataforma leonesista por non qurer a
bandeira leonesa na nosa rexión, onde xa ondeaba maioritariamente a
branquiazul, e logo acude á manifa antiestatuto de autonomía de Castela e León
(xaneiro de 1983).
En fin, tras
estudar este proceso autonómico berciano ben podemos deducir que pouco teñen
mudado as relaciois entre León e O Bierzo a nivel político e territorial hoxe.
Segue a haber dúas rexiois afastadas que non se miran ben e que teñen problemas
de integración territorial e social. Na nosa conciencia coletiva está presente ese
dito, “bercianos seremos e de León pasaremos”.
O Bierzo,
marzo de 2025
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home