sábado, marzo 18, 2006

PROTESTA CEIBE SOBRE A IMPOSICIÓN DA TOPONIMIA EN CASTELAO

CARTA-QUEIXA DE FALA CEIBE DO BIERZO
AO PROCURADOR DO COMÚN DE CASTELA E LEÓN
SOBRE A IMPOSICIÓN DA TOPONIMIA CASTELANIZADA.


A Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo (www.falaceibe.tk) diríxese ao Procurador del Común de Castela e León (Defensor do Pobo rexional) para denunciar a imposición da lingua castelá na denominación dos concellos bercianos, que hai na Lei de Réxime Local de Castela e León. Esta Lei rexional di textualmente que “la denominación de los municipios habrá de ser en lengua castellana, respetándose las denominaciones existentes a la entrada en vigor de esta Ley (...)”, artigo 24.1 da Lei 1/1998, de 4 de xuño. Esta obliga legal considerámola totalmente discriminatoria coa denominación tradicional e autóctona dos concellos en galego, idioma propio do Bierzo occidental. Ademais este mandato resulta contraditorio co preceptuado polo Estatuto de Autonomía de Castela e León, xa que no seu artigo 4.2 se indica que “gozarán de respeto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen”. Non se protexe a lingua galega do Bierzo impedindo a recuperación da toponimia no seu idioma territorial e histórico, e obrigando a manter as impostas denominaciois castelanizadas dos concellos.

Pola outra banda, Fala Ceibe pide ao Procurador del Común que analice se o dito artigo 24.1 da Lei de Réxime Local de Castela e León é contrario ao contido do artigo 4.2 do Estatuto de Autonomía de Castela e León. Indicámoslle que por mor da xerarquía de fontes de Dereito positivo español, o precetuado pola dita Lei de Réxime Local debe respectar o articulado da Lei Orgánica que aprobou o Estatuto de Autonomía de Castela e León.Fala Ceibe recorda ao Procurador del Común que entre as súas funciois está “(...) la tutela del Ordenamiento Jurídico Castellano y Leonés y la defensa del Estatuto de Autonomía de Castilla y León” (art. 1.1). Neste sentido, no caso de non cumprir o artígo 24.1 da dita Lei de Réxime Local co mandato do artigo 4.2 do Estatuto de Autonomía de Castela e León, pedimos ao Procurador del Común que inste a modificación inmediata do artigo contraditorio ao Parlamento rexional. Deste xeito os concellos bercianos poderán recuperar a súa denominación en lingua galega.

Fala Ceibe tamén pide ao Procurador del Común que inste ás Cortes de Castela e León a que recoñezan expresamente, na vindeira reforma do Estatuto de Autonomía da Comunidade Autónoma, o dereito lingüístico a recuperarmos a toponimia tradicional (maior e menor), unicamente no idioma galego do Bierzo occidental. Isto o demandamos en razón da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, aceptada polo Estado español mediante o correspondente Instrumento de Ratificación (BOE, 15 de setembro de 2001).


http://www.falaceibe.tk

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

RETULACIÓN BILLINGUE YÁ

ROTULAZÓN BILINGÜE XÁ

en ca comarca na súa fala, cumu andica lla toponímia menor

12:56 p. m.  

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home