CUESTIONAN O ENSINO DO GALEGO N´O BIERZO DENDE O LEONESISMO.
CUESTIONAN O ENSINO DO GALEGO N´O BIERZO
DENDE O LEONESISMO CULTURAL.
DENDE O LEONESISMO CULTURAL.
falaceibe@yahoo.es
A Asociación Cultural Fala Ceibe d´O Bierzo (www.ciberirmandade.org/falaceive) denuncia un novo ataque do leonesismo cultural cara ao ensino do galego n´O Bierzo. Segundo información de Diario de León, de 20 de febreiro de 2007, dúas organizaciois culturais leonesistas, a saber, Amigos del Patrimonio e Proidentidad Leonesa, aproveitaron a súa carta-queixa ante o Procurador do Común de Castela e León -figura semellante ao Valedor do Pobo Galego- para criticar aspectos relacionados co ensino do galego n´O Bierzo. O dito artigo xornalístico indica que estes colectivos criticaron que no currículo da materia de idioma galego aparezan os seguintes obxectivos escolares: "Identificación e interpretación de rasgos culturais pola lingua galega e a cultura castelá" ou "Comparación entre elementos sociais e culturais transmitidos pola lingua galega e maila cultura castelá". Estes grupos leonesistas rexeitan que se oculte a existencia da cultura leonesa entre eses obxectivos, ademais que se pretenda non só ensinar a lingua galega n´O Bierzo senón que tamén que se fale de "rasgos culturais" ou "elementos sociais e culturais" tansmitidos pola lingua galega. No fondo estes grupos leonesistas temen que se galeguice O Bierzo co pretexto do ensino do idioma galego. Por suposto non queren recoñecer que O Bierzo occidental comparte con Galiza a mesma historia, cultura, tradiciois e lingua dende a Idade Media ata a actualidade.
As críticas do leonesismo contra o ensino do galego xa veñen de longo no tempo. Lembramos cando no 1994 arremeteron contra a Junta de Castela e León por mor das subvenciois ás Casas de León da emigración. Pois ben, aproveitaron a ocasión para atacar á vez os intentos por executar o ensino do galego n´O Bierzo. Nesta dinámica antigalega o Presidente da Casa de León en Madrid, Conde de Gaviria, declarou daquela que "andan intentando separar a O Bierzo". Máis tarde, ante o recoñecemento parcial do galego no Estatuto de Autonomía de Castela e León (1999), o Secretario de Conceyu Xoven -mocidade política vencellada ao Partido Unión del Pueblo Leonés (UPL)-, Abel Pardo, declarou falsidades contra o noso idioma, concretamente sobre "o expansionismo galleguista" e "a obrigatoriedade" da materia de galego (semanario Bierzo 7, maio de 1999). O leonesismo político reaccionou irado contra o galego ante a súa incapacidade para lograr o mesmo recoñecemento para o lionés. Outro exemplo máis, a proposta do Presidente do Consello Comarcal, de incluír a referencia ao galego no articulado da reforma da Lei que creou a Comarca d´O Bierzo, foi obxecto dunha campaña antigalega por parte dos grupos leonesistas (maio de 2005).
O leonesismo primeiro denunciou que o ensino do galego supoñía a colonización cunha lingua allea, porque o que se usaba n´O Bierzo era unha fala lionesa, berciano-lionesa ou galego-lionesa, que formaba parte esencial do dominio idiomático ástur-lionés. Despois alegaron que se trataba de impoñer un galego padrón, "de Santiago de Compostela", negando así o dereito dos galego-bercianos a normativizar a nosa lingua propia, co resto de falantes galegos do noroeste peninsular. Logo teimaron en que non se respectaba no ensino actual do galego o dialectismo galego-berciano, ignorando que as investigaciois filolóxicas xa recoñecían a peculiaridade do galego d´O Bierzo (ver Fernández Rei, Francisco: Dialectoloxía da Lingua Galega, Xerais, 1990, que traza os lindeiros entre as falas galegas da península ibérica). Por suposto, tanto o leonesismo cultural coma o político reclaman a plena normalización da súa lingua ástur-lionesa, incluso coa declaración de oficialidade, pero negan este dereito para o idioma galego d´O Bierzo.
O dito Procurador do Común de Castela e León respostou ante esas queixas das organizaciois leonesas, pola falta de ensino regrado do lionés na actualidade, que o problema está en que ningún centro pide o estudo desa lingua. Dende logo esta anomalía idiomática nada ten que ver coa situación da aprendizaxe do galego n´O Bierzo. O ensino desta materia medra paseniño con cada novo curso académico, en número de alunado, nos niveis escolares, nos centros afectados e na extensión territorial, en todo o occidente rexional. A isto habería que engadir os centros que ofertan clases de portugués no oriente berciano, curiosamente a área de tradición lingüística lionesa. O estudo do portugués fai este idioma máis coñecido e respectado n´O Bierzo, algo que prestixia indirectamente tamén ao galego polas súas semellanzas, e fomenta un maior coñecemento de ámbalas dúas linguas irmás entre a poboación.
Ponferrada, febreiro de 2007.

http://www.blogoteca.com/obierzoxa
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
http://www.falaceibe.tk
2 Comments:
sigamos apostando pola defensa do galego do Bierzo e votemos ao partido do Bierzo porque defende a nosa cultura.
votade ao partido do Bierzo se de verdade queredes que se defenda o galego da nosa terra. Por un Bierzo ceibe
Publicar un comentario
<< Home