A REVISTA CULTURAL XARMENTA NAS RÚAS.
NUEVO NÚMERO DA REVISTA XARMENTA.
Por Xabier Lago Mestre.
Por Xabier Lago Mestre.
Recentemente celebráronse as xornadas de estudo e debate sobre o escritor berciano Antonio Ferández e Morales. As ditas xornadas celebráronse en Cacabelos e Ponferrada, organizadas por la Escola Fermín Penzol da cidade marítima de Vigo. Entre relatorios, debates ofrendas, xantares e charlas houbo tempo para presentar o número 5 da revista Xarmenta, da asociación cultural berciana da Lingua galega.
A revista cultural nesta edición fai un monográfico sobre o escritor cacabelense, Antonio Fernández e Morales, o cal publicou os Ensaios poéticos en dialecto berciano en 1861, que comparte coa xeira do Rexurdimento Galego, cos grandes como Pondal, Rosalía, Curros e demais persoeiros. Así pois, neste ano cúmprese o 150 aniversario da publicación dos ditos Ensaios Poéticos, polo que se pretende a sua rehabilitación social, tanto no Bierzo coma na Galiza.
Entre os diversos traballos salientamos o de Xosé Henrique Costas, titulado O rostro do fantasma, onde describe polo miúdo os pasos dados para atopar unha imaxe do nosos escritor berciano. Pola súa banda, o escritor Anxo Angueira dános a súa sensible visión do noso personaxe literario. Anxo foi o autor dun precioso relatorio durante as ditas xornadas, onde analizó profundamente a presencia do berciano no sistema literario galego.
Aproveitando as xornadas bercianas, houbo tempo para elaborar unhas Cantigas Bercianas, segundo texto de Antonio Fernández e Morales, que houbo oportunidade de escoitar no teatro Bergidum, coa compaña da banada da Cidade de Ponferrada.
Outros artigos da revista insiren a Fernández Morales na súa época, caso do historiador José Antonio Balboa de Paz. Mentres que o gaiteiro Héctor Silveiro fai referencia na súa escrita no aproveitamente pedagóxico de Fernández Morales nas escolas con oferta de idioma galego. Interesante é o traballo de Xabier Ron, sobre a “Presenza dos trovadores e xograres da lírica galego-portuguesa no Bierzo.
Remata a revista coa relación de actividades anuales. Agora ben, botamos de menos que a publicación non teña páxina web para divulgar estes traballos na internet, o que lle resta efectividade social e cultural. Agardamos que en futuros número este erro sexa subsanado.
O Bierzo, xaneiro de 2011.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home