O PROCURADOR DO COMÚN DE CASTELA E O GALEGO DO BIERZO.
ESCASO INTERESE DO PROCURADOR DO COMÚN DE CASTELA E LEÓN
POLA SUPRESIÓN DO GALEGO NO INSTI EUROPA,
Por Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es
Hai tempo o colectivo Fala Ceibe do Bierzo remesou unha carta-queixa ao Procurador do Común de Castela e León en demanda da defesa do mantemento da materia de lingua galega no instituto Europa de Ponferrada. Pois ben, con data de 9 de xaneiro do 2014 recibimos a súa resposta. La verdade é que este o seu escrito déixanos abraiados pola súa falta de compromiso cos denegación educativa da materia de galego. Pasemos pois a analizar polo miúdo o escrito que nos remitíu a oficina do dito Procurador do Común.
O Procurador do Común inclúe no seu escrito-resposta o Informe que lle remesou a Consellería de Educación da Junta de Castela e León. Facemos a pescuda no seu contido e lemos que “polo tanto, el Programa para la Promoción de la Lengua Gallega ha mantenido la oferta de cursos anteriores (…)”. Así pois, para a Junta de Castela e León non pasa nada importante, todo segue igual. E, ante esta mentira institucional, dicimos os galegofalantes do Bierzo que non, porque non se pode xa estudar galego no bacharelato do insti Europa de Ponferrada. Logo algo si trocouse verbo do curso anterior, 2012-13.
O INFORME DA JUNTA DE CASTELA E LEÓN.
O informe institucional segue a facer referencia ás ratios de alunado para comentar que “se concreta la excepcionalidad de la ratio de alumnos, permitindo la imporatición de materias optativbas con un mínimos de 8 alumnos en el ámbito rural y 10 en el ámbito urbano (…)”. Coidamos que esta ratio, para ter en conta a particularidade berciana, da existencia dunha minoría galegofalante, debería ser menor. Só deste xeito aberta se poderá fomentar unha dinámica escolar, a prol da demanda do galego, entre o seu alunado, en varios cursos continuados. Isto non se acada poñendo atrancos e restricciones á elección da materia de galego, curso tras curso académico, porque así desanimas a opción por esta materia minoritaria.
Alega a Junta de Castela e León que no insti Europa non se acada o mínimo de 10 alunos de galego, sendo ao final 3 de eles para o curso de 4º da ESO. Por nada, hai que suprimir dita materia e prexudicar ao seu alunado. Un novo atranco para eliminar o galego no insti e desmotivar ao resto de alunado, dos cursos inferiores, que vaian pensando en deixar esta materia canto antes mellor. Quen non entenda esta mensaxe institucional que apande coas consecuencias. Que hai moitas outras materias optativas máis interesantes có galego para elixir.
A nova orde da Consellería de Educación, de marzo de 2013, deixa todo moi clariño. “la oferta de materias optativas en un centro queda limitada por razones organizativas, los alumnados podrán cursar estas materias mediante cualquiera de las formas siguientes (…)”. ¿Cales son estas outras formas de estudo?. Pois a educación a distancia, ou elixindo outro centro diferente de origen, incluido el régimen nocturno, siempre que se cursan deforma presencial (…)”. Isto son verdadeiras solución para o problema do ensino do galego no Bierzo. Calquera comproba que perxudican claramente ao alunado respecto ao réxime educativo anterior. ¿Estamos a falar de perda de derechos educativos? Coidamos que si.
Ollo, lemos no informe da Consellería de Educación de Castela e León, “no se ha suprimido, por tanto, la materia de Lengua y Cultura Gallega en el Instituto de Educación Secundaria Europa (…)”. Grazas pola aclaración xa que aínda tiñamos algunhas dúbidas. Os dirixentes da Consellería alegan que “ahora bien, al no alcanzar la ratio mínimas, y dado que había oferta de la misma optativa en 1º y 2º de bachillerato, en otro instituto de la misma localidad, en aplicación de esta norma se ha mantenido la optativa solamente en uno de los centros, enel Instituto de Educación Secundaria Virgen de la Enciana (…). Particular forma institucional de valorar la supresión do galego no insti Europa, para eles non existe tal supresión no insti Europa, para nada. Por certo, un instituto ao que chegan todos os cursos novo alunado de zonas galegofalantes e que comproban dos atrancos administrativos para estudar a súa lingua galega. De seguro que moitos dese alunado pasarán do galego para evitar problemas coa dirección do centro ou coa Consellería de Educación, executores das mediadas pedagóxicas galegueiras. Xa poden estar ben fachendosos do seu traballo escolar.
O alunado do insti Europa de Ponferrada puido matricularse na materia de galego. Pero logo, sorpresa, son informados da supresión desa materia.
Hai que apandar coas decisióis arbitrarias e discrecionais do poder educativo. Iso sí, a Junta de Castela e León non fixo nada mal, só trocou astutatemente a lexislación educativa contra da materia de galego. O alunado pouco ten que facer, nada que reaxir, o poder sempre ten a razón e os medios abondos para imponer asúa vontade institucional fronte aos intereses da comunidade escolar afectada. Por certo, que ben quedan as palabras do seu informe, “cabe la posibilidad de autorizar excepcionalmente la impartición de la optativa según los términos expresados en el apartado anterior, cuando las peculiaridades del centro así lo requieran o circunstancias especiales así aconsejen (…)”. Non hai razón para o engano, todo iso non serve para manter o ensino do galego no insti Europa, só é verborrea institucional de máis.
Enriba de todo temos que dar as grazas á Consellería de Educación porque “se les da la opción (ao alunado afectado) de que cambien de optativa o de que trasladen la matrícula de todo el curso al citado instituto (Virgen de la Encina)”, centro en el que se imparte la optativa de Lengua y Cultura Gallega en 1º y 2º de bachillerato (…)”. Éxito total para a táctica antigalega da dita Consellería, só unha aluna se traslada ao outro instituto, os outros alunos afectado trocaron de optativa e quedaron no insti Europa. Problema rematado, obxectivos acadados, eliminación do galego no insti Europa.
Rematamos coas palabras do Procurador do Común, no seu escrito remesado, “consideramos que no existe irregularidad algunas en la que haya incurrido la Administración, ni vulneración de los derechos cuya titularidad corresponde a todos los ciudadanos en el marco de sus relaciones con los sujetos públicos, por lo que debemos proceder al archivo de este expediente (…)”. Ben feito polo Procurador do Común, algo semllante a un Defensor do Pobo, pero moi casado co poder institutioncal da Junta de Castela e León. Para ter este Procurador do Común non paga a pena que existe e non aforramos os cartos públicos do seu soldo que pagamos cos nosos impostos.
En fin, a minoría cultural galegofalante do Bierzo, non merece unha protección escolar particular. Todo o contrario, a seren tratados como resto dos cidadáns da maioría castelánfalante. Para moitos esta praxe institucional trata de rematarcoa existencia da minoría galegofalante do Bierzo e da Portelas da Seabra. Moita loita vindicativa queda por diante, e se non nos mobilizamos estamos condeados a desaparecer como parece que é o desexo institucional. Exemplos disto témolo no que fan a Junta de Castela e León, a Deputación leonesa e o propio Consello Comarcal de O Bierzo acotío.
O Bierzo, xaneiro de 2014.
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home