jueves, octubre 15, 2026

540 ANIVERSARIO DA PROVINCIA DO BIERZO.

LIBRERIACAJONDESASTRE.COM 


540 ANOS DA PROVINCIA DO BIERZO,

Por Xabier Lago Mestre.

Todos ben sabemos da existecia da provincia de Vilafranca do Bierzo, creada durante el Trienio liberal (1820-23). Sen embargo, houbo outra provincia do Bierzo anterior. Reparemos na provincia que estivo vixente durante a Idade moderna (séculos XVI-XVIII). A meirande parte dos historiadores non lle deron importancia a esta outra provincia nosa. A documentación histórica fai constantes referencias a esta provincia do Bierzo, mais alguis cuestionan que sexa unha provincia fomal.

                Dende O Bierzo dicimos que as instituciois mudan, tamén as provincias históricas. Así, non son o mesmo as provincias do Antigo réxime cás do século XIX. Tamén hai clarexas diferenzas entre as das ditaduras coas democráticas. Os grandes trocos entre as provincias históricas non deben empecer o estudo axeitado de todas elas. Vexamos pois a caracterización da provincia berciana durante a Idade moderna.



                Trala derrota militar do rebelde conde de Lemos, en 1486, por mor do reparto da herdanza territorial, os Reis católicos organizaron O Bierzo segundo os seus intereses políticos. Así, concederon a provincia do Bierzo e compraron a vila de Ponferrada para establecer nela a capital. Tamén crearon o marquesado de Vilafranca cos territorios segregados do condado de Lemos. Fixeron a reforma monástica das ordes de san Bieito e Cluni cunha maior dependencia de Valladolid. Igualmente regularon o funcionamento dos concellos. Impuxeron a xustiza real sobre a señorial, etc.

                Por suposto, a Coroa de Castela puxo en Ponferrada os seus oficiais, caso dos correxidores, alcaides, rexidores, escribaos, etc. Todos eles co traballo de executar as diversas políticas reais no Bierzo (fiscais, militares, goberno, xustiza, etc). A concesión real de mercado e feiras a Ponferrada serviu para o seu desenvolvemento económico, mais tamén para favorecer o medre da fiscalidade (alcabalas, millois…). Os correxidores executaban a xustiza real que estaba por enriba da señorial. Correxidores que tamén eran capitáns de guerra e tiñan funciois militares, caso dos recrutamentos, que servían para tirar soldados para as guerras nacionais e internacionais. A Coroa de Castela aproveitou a situación estratéxica de Ponferrada para establecer obrigas militares, caso dos aloxamentos de soldados, bagaxes, alimentación de soldados e animais, etc.

                Ponferrada exerceu a centralidade sobre a súa provincia do Bierzo, mais tamén sobre territorios veciños, casos da Cabreira, Lucillo, Luyego e norte de Valdeorras. Á vez os correxidores tiveron actuaciois por comisión en Laciana, leste de Galicia e Astorga. Os sucesivos censos fiscais ofrecen unha unidade territorial clarexa da provincia do Bierzo, igualmente chamado partido de Ponferrada, por ser esta vila cabeza, receptoría, tesourería e contaduría dos cartos fiscais. Asemade esta vila tivo no seu castelo o centro de recadación das alcabalas (imposto sobre o comercio) da dita provincia e abadías de Astorga. A xestión fiscal destas alcabalas estaba enaxenada pola Coroa a prol dos marqueses de Vilafranca.



                A execución das diversas políticas da Coroa de Castela na provincia do Bierzo necesitaron dunha burocracia determinada (oficiais, edificios públicos, procedementos administrativos, financiamento, idioma castelao…). Co desenvolvemento do estado español, ao longo dos séculos, foi a medrar a burocracia establecida en Ponferrada. A soberanía residia no rei, non nos cidadaos. Este estado tan centralista non entendía de descentralización administrativa, por iso só houbo desconcentración nos correxidores e concellos. Non podemos falar dunha administración provincial como hoxe. Mais as vellas provincias se institucionalizaron coa execución das variadas políticas reais. Así os correxidores eran os oficiais maiores da provincia, non había un órgano colexiado coma hoxe. Os correxidores ostentaban o poder real e podían representar ao territorio, mais non tiñan a representación eletiva dos súbditos do Bierzo.

                Pola outra banda, a continuidade temporal da provincia do Bierzo ao longo de toda a Idade moderna tamén significa algo. Que dita provincia non foi algo ocasional, como a  prefetura napoleónica de Astorga ou os partidos xudiciais, senón que formaba parte da delimitación territorial secular da Coroa de Castela. Velaí que a documentación, tanto local coma foránea, non deixa de recoller referencias á nosa provincia. Centos de escritos emitidos polas altas instituciois, a saber, Cortes, Consello real, Chancelería de Valladolid, Consello de Facenda, Adiantamento de León, cidade de León, sarxentía maior do reino, etc repiten a denominación da provincia do Bierzo.

                O que máis chama a atención é como a historiografía leonesa non se ten interesado para nada polas provincias do Bierzo. Somos muitos os que cavilamos en que o estudo da provincia do Bierzo xamais sería incentivado pola universidade de León. Os seus catedráticos prefiren favorecer as investigaciois do vello reino de León entre o seu alunado. Porque non se pode negar que o leonesismo historiográfico tamén está presente na Unileón. Por sorte, os arquivos históricos están abertos a todo o público. Os documentos do pasado están a agardar a investigadores capaces de ofrecer alternativas históricas á oferta oficialista de hoxe.

O Bierzo, outubro de 2026. 



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es