O DIAZO DA BANDEIRA DO BIERZO.
DÍAZO DA BANDEIRA DO BIERZO,
Por Xabier Lago Mestre.
Cada 14 de abril celebramos o
Diazo da bandeira do Bierzo, chamada popularmente Cruceira. Recordamos que foi
nesa data do ano 2000 cando o Consello comarcal aprobou de maneira oficial o
deseño da nosa bandeira territorial. Os políticos por fin decidiron
institucionalizar un símbolo do sentimento coletivo berciano. Recordamos que
ese fito do recoñecemento político tivo un longo proceso de identificación
social progresivo e de negociación previa.
Por
suposto que na historia do Bierzo houbo antecedentes dos chamados pendois.
Entre eles salientamos os dos templarios, os grandes señores (Lemos,
Vilafranca, Bembibre, etc) outro tanto cos eclesiásticos (bispados, mosteiros,
freguesíase e confrarías), ademáis dos das vilas, gremiais e comunais de centos
de localidades. A título de exemplo, o escritor Balbino Alvarez de Toledo
escribiu sobre os pendois de Vilafranca (1747), de san Sebastian, da Somoza
(1714) e Valcarce, xa desaparecidos.
A
provincia do Bierzo, durante o Antigo réxime, tivo a representación do pendón
real. Esta enseña tiña os escudos da Coroa e de Ponferrada en ámbolos dous
lados. O cargo local de alférez maior era quen levaba este pendón nos actos
oficiais, onde destacaba a promulgación dos novos reis, coma no caso do berro
coletivo a prol de “Ponferrada, Ponferrada y su provincia por don Fernando VI
(1746). Este acto popular era a forma de amosar a aceptación do novo rei polo
Bierzo, representado pola vila reguenga de Ponferrada.
O
chamado pendón de Ponferrada ou de lanzas (coa cruz de san Andrés) foi
recuperado. Os historiadores levan a súa orixe até as guerras napoleónicas
(1812). Existe este pendón antiguo no museo do Exército cunha estampa na que
podemos ler “en la villa de Ponferrada venera por su patrona la provincia del
Bierzo con el título de la Encina”. Incluso a tradición popular berciana,
através do romance de María Manuela, nos recorda “del antiguo arcón de sándalo
sacaré el Pendón de Lanzas, con la cruz de san Andrés, en los bordes estampada
que ondeará puesta en un mástil a los vientos tremolada, porque vea Bonaparte”.
Semella que daquela guerra invasora se reforzara o bercianismo patriótico.
No
tempo da provincia de Vilafranca non houbo tempo de debater sobre a bandeira
cando había tantos problemas (militares, políticos económicos, etc). Por iso
tivemos que agardar até a chega da
democracia para que voltara a necesidade de representación berciana coa nosa
bandeira. A branquiazul tivo diversos adeptos entre os deportivistas, políticos
independentes e bercianistas. Agora ben, esta bandeira bicolor non tivo o apoio
debido por parte dos partidos de esquerda porque simbolizaba xa o bercianismo
político co cal competía eleitoralmente. Velaí que o psoe de Ponferrada
intentara promocionar sen éxito esa bandeira bicolor mais colorada (1981).
Pasaban
as décadas e a bandeira branquiazul seguía cosolidándose a nivel deportivo, nas
pintadas anónimas, sinais de tráfico, etc. O Consello comarcal tivo que tomar a
decisión definitiva coa bandeira do Bierzo. Foi en 2000 cando o pleno comarcal
aprobou a nova bandeira oficial. O deseño definitivo e de consenso consistía na
branquiazul popular coa aspa colorada. En fin a mestura entre a bercianista e a
histórica (san Andrés). Así todos ledos, os partidos de esquerda tiñan a súa
cor colorada, coma o leonesismo, a dereita mantén o azul, coma os bercianistas
e galeguistas.
A
declaración de bandeira oficial ten sido o pulo definitivo para a súa
divulgación social e política. Podemos ben dicir que non hai outra bandeira
comarcal que conseguira tanta aceptación social en España. Hai bandeiras
provinciais que só se ven nos balcois das súas deputaciois mais que os cidadaos
non usan para nada. Incluso a Cruceira compite coa bandeira de León en
difusión, a leonesa no Bierzo non se ve por ningures. Non pasa o mesmo coa nosa
bandeira Cruceira tan presente nas manifestaciois de todo tipo (mineiras,
sanitarias, económicas, ferroviarias, educativas…) e deportivas (fútbol,
baloncesto, hocquei…). Todo tipo de coletivos, empresas, asociaciois, clubes, etc
utilizan a bandeira para demostrar súa identificación co Bierzo.
A
bandeira Cruceira é o maior símbolo de integración social máis aló das
diferenzas políticas ou localistas. Ademais vén ser unha marca territorial que
nos identifica fronte a otras rexiois veciñas (León, Galicia e Asturias).
Mentres que outras comarcas lindeiras quedan agochadas paseniño, casos de
Valdeorras, Laciana, Maragatería… O Bierzo cada día é máis coñecido e
distinguido. A isto tamén contribúe a Cruceira, símbolo social, territorial, turístico
e dixital. Si, nas redes dixitais a nosa bandeira viaxa por todo o mundo
adiante. Xa se sabe, quen non se ve na internet non existe!.
O Bierzo, abril de 2025.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home