PEDIMENTOS AOS PARTIDOS POLÍTICOS DA GALIZA.
PEDIMENTOS CULTURAIS DO BIERZO
AOS PARTIDOS POLÍTICOS GALEGOS
ANTE AS ELECCIOIS AUTONÓMICAS (1 MARZO 2009).
AOS PARTIDOS POLÍTICOS GALEGOS
ANTE AS ELECCIOIS AUTONÓMICAS (1 MARZO 2009).
A Asociación cultural Fala Ceibe do Bierzo diríxese aos partidos políticos galegos, ante as elecciois de 1 de marzo de 2009, para que tengan en cuenta un feixe de propostas culturais a prol da protección do idioma galego na rexión berciana.
1. VISITA AO PARLAMENTO GALEGO.
O poder lexislativo galego ten que coñecer de primeira man a problemática do galego no Bierzo. Por iso resulta preferente a presencia dos colectivos galeguistas e os entes locais do Bierzo (Consello Comarcal, concellos e pedanías) no Parlamento de Galicia. Resulta abraiante que aínda hoxe non tivera lugar a presenza dos ditos representantes bercianos na Comisión de Cultura para exponer a nosa problemática cultural e proponer medidas de colaboración interterritorial.
2. REFORMA DA LEI DA COMARCA DO BIERZO.
Dende o ano 1991 O Bierzo ten certa autonomía que lle concede a Lei de Castela e León 1/1991, pola que se aprobou a creación da Comarca. Durante a primavera de 2009 está previsto o inicio da a reforma profunda da dita Lei. Cando isto teña lugar pediremos ás instituciois políticas de Galicia (Parlamento Galego, Xunta de Galicia…) e educativas (universidades galegas, asociaciois culturais…) apoio expreso para que se recoñeza a protección e o fomento do idioma galego no articulado da dita Lei da Comarca.
3. ENSINO DO GALEGO.
O ensino do galego na rexión berciana vai para diante paseniño pero coa súa problemática particular. Así aínda hai centros escolares que se resisten a impartir a materia de galego, casos da Veiga de Valcarce, Carracedelo, Quilóus, Fabeiro e Ponferrada. A Comisión de Seguimento interautonómica de ensino galego debe facer máis por resolvermos esta problemática. Así todos os colexios públicos do Bierzo occidental, zona plenamente galego-falante, deberían ter clases da materia de galego, de oferta obrigatoria para eses centros e de opción voluntaria para o seu alunado. Só deste xeito todo o alunado berciano poderá exercer libremente o seu dereito á aprendizaxe do galego.
Outras intervenciois institucionais nesta materia deben potenciarse. Son as actividades extraescolares (viaxes a Galicia, intercambios escolares…), materiais pedagóxicos para profesorado e alunado, campañas escolares a prol do galego, execución de novas tecnoloxías da información no Bierzo, bercianización dos portais educativos (www.edu.xunta.es e http://www.educa.jcyl.es),etc/.
En materia de universidades pode implantarse o ensino do galego no campus de Ponferrada. As universidades galegas deberían facer xornadas, seminarios e demais no Bierzo, investigación histórica, filolóxica… sobre esta rexión estremeira.
4. MEDIOS DE COMUNICACIÓN.
Hai un espazo de comunicación galego común, maís aló dos lindeiros da actual Comunidade Autónoma de Galicia, que se debe protexer e potenciar. A CRTVG ten que fixar un correspondente especial dedicado a cubrir a información xerada na franxa estremeira galego-falante (Eo-navia, O Bierzo e A Seabra). Tamén hai que millorar o sinal e cobertura nestes territorios.
Fai falta unha liña de axudas económicas da Xunta de Galicia para os medios de comunicación da dita franxa estremeira de cara a fomentar o uso do galego parcial neles (xornais, radio, tv, internet…).
5. CULTURA.
Demandamos neste eido a doazón de máis libros en galego para as bibliotecas municipais e escolares do Bierzo, programas informáticos para bibliotecas e cibercentros rurais, campañas de fomento da lectura, presenza do libro galego en feiras do libro, semanas do libro infantil, presentación de libros e autores galegos por parte das editoriais de Galicia, etc.
6. REAL ACADEMIA GALEGA.
O escritor Antonio Fernández y Morales escribiu en 1861 un libro composto por textos en galego-berciano. Pedimos á Real Academia Galega que, coincidindo o vindeiro ano 2011, co 150 aniversario da publicación da dita obra, se dedique o correspondente Día das Letras Galegas dese ano 2011 a este escritor berciano. Deste xeito faríase outra merecida homenaxe aos falantes da franxa estremira galego-falante, despois da que xa se fixo ao Pai Frei Martín Sarmiento.
7. AS ADMINISTRACIOIS LOCAIS.
Resulta necesaria a sinatura dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Consello Comarcal do Bierzo en materia de protección do galego. O dito acordo interadministrativo debe incluír o fomento do uso institucional deste idioma, creación do servizo lingüístico berciano, cursos de galego para persoal administrativo, curso de galego a distancia (http://www.aulabierzo.com/), a recuperación da toponimia, actualización do dereito consuetudinario, creación de páxinas web dos concellos rurais, etcétera.
8. AS ASOCIACIOIS CULTURAIS.
Propoñemos á Consellería de Cultura a creación dunha liña de axudas económicas, específica para a franxa galego-falante, para as asociaciois culturais que fomenten o uso do galego, a edición de libros e revistas de temática berciana, a creación do Centro Cultural “Pai Frei Martín Sarmiento” en Vilafranca do Bierzo, composto por biblioteca, sala de exposiciois, arquivo, etcétera.
http://www.blogoteca.com/obierzoxa
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
http://www.falaceibe.tk
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
http://www.falaceibe.tk
2 Comments:
por mi sometimiento a una operación médica este blog no se actualizará durante el mes de marzo de 2009. Con mi recuperación médica volveré a actualizarlo. Gracias por vuestras visitas solidarias. Xabier Lago.
Venga, ojala que te salga bien la operación.
Un saudo dun lector da coruña.
Publicar un comentario
<< Home