sábado, agosto 29, 2009

POLA ESCOLA DE OUTONO DO PARTIDO DO BIERZO.


POLA ESCOLA DE OUTONO DO PARTIDO DO BIERZO,
Por Xabier Lago Mestre, militante do PB.



O día 30 de setembro remata o tempo para a entrega de propostas de modificación da Lei do Consello Xeral do Bierzo. Convén o debate social e político entre todos e todas o todas sobre a mellor forma de acadar máis autonomía territorial para esta rexión estremeira. O partido do Bierzo (PB), como forza rexionalista, ten que comandar o debate político con propostas axeitadas. Neste sentido, sería convinte a convocatoria dunha xornada de debate político polo PB. Esta xornada serviría para principiarmos a andaina da necesaria Escola de outono do partido, coincidindo co inicio do curso político.


Coa dita xornada de debate sobre a reforma da Lei do Consello Xeral do Bierzo, dentro da Escola do outono do PB, se pretendería dar a coñecer os contidos fundamentais da futura Lei autoómica. A xornada pode ter un carácter interno ou aberto para o público en xeral, segundo as posibilidades económicas e materiais do PB. O máis importante da xornada é favorecer o debate social cun carácter pedagóxico sen perder a argumentación xurídica e política debidas.


Para o PB, partido que non debe perder nunca os seus vincallos coa cidadanía, é fundamental favorecer o debate sociopolítico, de cara a crearnos conciencia social capaz de provocar a movilización colectiva, necesaria en caso de presión ao poder institucional (Junta, Deputación, Cortes autónómicas…). Porque unha cidadanía sen conciencia social e desmovilizada é máis fácilmente controlable polo poder. O debate social favorece a pluralidade ideológica, sendo isto contrario ao uniformismo que procura o poder co poder mediático.


En fin que o PB non debe caer na pasividade por temor a sufrir as consecuencias perversas da desmotivación social. Poñamos pois xa ao alcance da cidadanía medios axeitados de participación política co debate social e político.

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home