jueves, octubre 01, 2009

O REFRANEIRO XEOGRÁFICO DA REXIÓN BERCIANA (2ª PARTE)


O REFRANEIRO XEOGRÁFICO DA REXIÓN BERCIANA (2ª PARTE)

por Xabier Lago Mestre, de Fala ceibe do Bierzo.



Nas terras do Boeza rexistramos diversas competencias entre os seus pobos, pero a rivalidade con Bembibre que non falte.


“En Folgoso mata el oso
en Boeza la potrada
en Igueña los zaratos
en Colinas gente honrada”.


“Anque somos de Noceda
y gastamos canilleiros
cuando vamos a Bembibre
bien que nos mirar pra ellos”.


“En Tejedo están las burras,
en el Valle las albardas,
y en Santibáñez las mozas
para sacarlas al agua”.


“Dos de Bembibre que Dios nos libre,
e os de San Román por ahí se van”.


Non poden faltar as desputas dialécticas entre Vilafranca e os pobos da súa contorna. A capital do marquesado sempre provocou confusos e mesturados sentimentos de admiración, envexa e rancor. E outro tanto aconteceu entre Ponferrada, capital da Provincia berciana, e os seus veciños.


“Vilafranca xente franca,
Columbrianos os marranos,
Fontesnovas os raneiros,
A Válgoma pellexeiros,
Cortigueira matiegos,
Os de Cueto cutarales,
Os de Cabanas cocheiros”.


“Villafranca, boa vila,
Cacabelos, bo lugar,
pero a Toural do Vaos
eu non o podo olvidar”.


“Ponferrada se quema
Molina llora,
porque no se ha quemado
la villa toda”.
Entre os bercianos non poden faltar as competencias entre o cante, o baile e as mulleres

dos diversos pobos.


“Para cantar Ponferrada
y para bailar, los Barrios;
Y para mocitas guapas
viva Toral de los Vados”.


“Para troitas río Sil
para manteca Laciana,
e para rapazas fermosas
Vilalibre ou Priaranza”.


“Soldado de a cabalo
¿onde te aloxas?
En Toural dos Vaos
que hai boas mozas”


Temos exemplos da fachenda dos habitantes de distintos pobos bercianos.

“Xente de Quilóus
vale por dous
e por tres
se é por interese”.


“Xente de Quilóus
e bueis de San Xoán
tralarán”.


“Los mozos de Matachana,
que mueren de frío por andar de gala”.


“Para perejil Toreno,
para fachenda Librán,
y para niñas bonitas
Las Traviesas y Villar”.


O Bierzo, outubro de 2009.

http://www.blogoteca.com/obierzoxa
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
www.partidodelbierzo.com