sábado, septiembre 12, 2009

POEMA VILLAFRANCA E A VENDIMA DE 1861 (2º PARTE)


COMPLEXO CULTURAL-LITERARIO GALEGO-BERCIANO.
POEMA "VILLAFRANCA E A VENDIMA" DE 1861 (2ª PARTE)
Do escritor berciano Antonio Fernández y Morales (1817-1896)
“(…) están cualláos de castaños,
de rebolos i escambrois,
é tein carréiros tamaños,
q´os d´o país u os estraños
pasan n´eles apretóis.
Tras d´estes montes espesos
óutros máis espesos hai;
é por estes óutros tesos
á tesos inda máis tiesos
é máis espesos se vai.
Mudan n´os zarzáis i escobos
ailí as culebras rastréiras
a camisa, é n´as ladéiras
d´os cavorcos téin os lobos
i as zorras as madriguéiras.
Brincan cerbos é corciños
por séus barrancos fragosos;
polas matas c´os fociños
se abren paso os xabariños
é non faltan algúis osos.
Pero deixando estes tesos
Pra os cazadores sin sesos
q´as fieras van á buscar,
é brazo a brazo á luitar
se póin c´os osos tiesos;
Tornemos á nosa villa
franca, garrida, sencilla,
c´os honores de Ciudá,
que de dóus ríos n´a orilla
é n´un val clavada está.
Cual tesoro q´a codicia
de dóus avaros escolta
con xusticia, óu sin xustiza,
tira por ela Galicia,
máis Castilla non a solta.
Sempre n´a súa veiga, cuando
empeza á alumar a aurora,
os paxariños gorxeando
despertan d´o sono blando
a labieiriña pastora.
N´esta veiga, chéa de olores
d´a escornacabra, artemisa
i óutras mil diversas flores
d´os mais brillantes colores,
acinga as plantas a brisa.
D´os huméiros as raíces
Lamben as presas; n´o fondo
D´os barrancos hai perdices
carreiregas, cogornices,
rolas é lebres abondo (…)”


O Bierzo, setembro de 2009.


http://www.blogoteca.com/obierzoxa
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
www.partidodelbierzo.com

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home