TRIBUTOS SEÑORIAIS RECADADOS NO BIERZO (2ª PARTE)
D. Pedro, marqués de Vilafranca.
DEZMOS MENORES, por cordeiros, lana, polos, pavos, queixo, garavanzos, leguminosas para gando, mel…
RELACIÓN DE TRIBUTOS SEÑORIAIS RECADADOS NA REXIÓN BERCIANA (2ª PARTE),
por Xabier Lago Mestre,
falaceibe@yahoo.es
por Xabier Lago Mestre,
falaceibe@yahoo.es
Como exemplo da rapacidade dos recadadores do marquesado de Vilafranca deixamos as palabras textuais de Alfonso Franco Silva. “A pesar de ello el comportamiento de los administradores hacia estas pobres gentes fue verdaderamente mezquino, pues a quien no entregaba el tocino le embargaban todo lo que le encontraban en sus chozas, fuese o no de valor. Así en 1560 a Juan García Deba se le tomaba un cuero y una manta vieja, a Pedro da Granja le arrebataron una caldera y una cama vieja, a la viuda de Ana del Corel no pudieron llevarle nada porque sólo poseía una bacia rota y así sucesivamente (…)”.
OS SERVIZOS PERSOAIS:
SERNAS, FACENDEIRAS, CORVEAS, traballos labregos de balde para o señor. Así os mosteiros bercianos reclamaban aos seus vasalos traballos de cavas de viñas, sementeira, seitura, acarrexo de froitos, malla….

YUNTAS OU YERAS, obriga en León e Castela de traballar nas terras do señor de balde. Os veciños do lugar de Pobladura de Pelayo García, pertencente á vila de Matilla de Arzón (na comarca do Páramo), pagaban a yera que consistía en dar un día de xornal para os reparos da fortaleza.
FONSADEIRA (HUESTE), prestacióis militares por ir á guerra co seu señor.
CASTELAXE, traballos pola reparación dos castelos, cubos e murallas. O conde de Lemos, trala derrota dos Irmandiños, forzou a reparar os seus castelos (segundo Preito Tabera-Fonseca). Trala saída de Ponferrada do condado de Lemos, esta vila berciana seguiu demandando ás súas aldeas a reparación das cercas da poboación, pero aquelas rexeitaron eses traballos polo que houbo conflito ante o Consello Real.
OS DEREITOS REAIS ENAXENADOS:
ALCABALAS, gravaba as mercadorías nun 10%. Os marqueses de Vilafranca cobraban as súas alcabalas en pescaderías, tabernas e carnecerías.
OS DEREITOS REAIS ENAXENADOS:
ALCABALAS, gravaba as mercadorías nun 10%. Os marqueses de Vilafranca cobraban as súas alcabalas en pescaderías, tabernas e carnecerías.
FEIRAS E MERCADOS. Os marqueses de Vilafranca aproveitánse dos mercados que se celebraban os martes e da feira que tiña lugar no mes de abril na súa vila capitalina. Cacabelos celebraba tres feiras: a de S. Marcos de gando que duraba 8 días, a de S. Bartolomé, que duraba un día, e maila de S. Miguel, que se celebraba durante día e medio. As operacióis comerciais tiñan o seu aproveitamento señoria mediante as alcabalas recadadas. Os cacabelenses preitearon contra o marqués para non ter que pagar alcabalas polas súas feiras, pero a sentencia da Chancelería de Valladolid (ano 1561) foi negativa para os seus intereses. Nesta sentencia o marqués tamén obtivo a razón xudicial por quitar a Cacabelos o mercado dos martes, do cal xa desfrutaba Vilafranca. Cacabelos, en 1500, pagaba polas alcabalas das súas feiras 40.000 mrs.
MOEDA FOREIRA, que se pagaba ao rei, pola promesa real de non rebaixar o seu valor, pero era recadada polos señores, polo cal quedábanse cunha parte.
PECHOS, a pagar polos veciños na súa condición de peiteiros (pecheiros).
PEDIDOS SEÑORIAIS, para compensar os gastos nas campañas militares a prol dos reis ou nos conflitos internobiliarios. O concello de Ponferrada queixouse ante os Reis Católicos porque seguían cobrando aos seus veciños o pedido que impuxera o conde de Lemos cando fora señor da vila.
AS RENTAS SEÑORIAIS DE CAPITAL:
XUROS POR PRÉSTAMOS, polo préstamo de gran aos labregos para sementar ou diñeiro.
AS RENTAS SEÑORIAIS DE CAPITAL:
XUROS POR PRÉSTAMOS, polo préstamo de gran aos labregos para sementar ou diñeiro.
CENSOS CONSIGNATIVOS.
INFRAESTRUTURAS: MUÍÑOS, ACEÑAS, FORNOS, FERRARÍAS, FRAGOAS… Os marqueses de Vilafranca tiñan ferrarías arrendadas en S. Fiz do Seo, Arnado e Pontepetri e muíños en Corullón e Frieira .
INMOBLES URBANOS arrendados para vivendas.
MESÓNS, TABERNAS, PANEIRAS, CILLEIROS, CARNECERÍAS, LAGARES, ADEGAS, BRAÑAS… arrendadas en subasta pública.
MAQUILA, por monopolio sobre os muíños dos señores. O uso dos muíños polos veciños para facer fariña de consumo particular.
CARGAS DA XUSTIZA SEÑORIAL:
PATRIMONIALIZACIÓN DE OFICIOS, de escribáns, notarios, alguacís, meiriños, recadadores de trabucos, receptores de penas, alcaldes e rexidores dos concellos, corrixidor, alcaldes maiores… Os marqueses de Vilafranca arrendaban a escribanía desta vila por 5300 maravedís ao ano (ano 1500), e pola de Cacabelos, 3000 mrs.

FIEL MEDIDOR, POTAXE, PESOS, pola fixación das mediciones oficiais (peso, superficie, capacidade, líquidos, grans…) nas terras señoriais.
PENAS DE CÁMARA (décimas de execucióis penais…), COSTAS DOS PROCESOS XUDICIAIS.
CALOÑAS, ENDICIAS, por furtos, violencia física, lesiois, incendios intencionados, raptos, adulterios, pelexas entre veciños, palabrotas…
OS IMPOSTOS ECLESIÁSTICOS:
DEZMOS MAIORES, DEZMEIROS. Grava rentas do chan e dos gandos, por cereais (trigo, cebada, centeo…). Consistía en la décima parte da colleita agraria recollida, nunca era renda fixa. Dividíase a partes iguais entre: igrexa parroquial, clérigos dedicados ao culto e obispos-cabidos. No caso da provincia do Bierzo, a parte dos bispos podería corresponder ao de Astorga, Lugo, Oviedo ou Santiago. Nas igrexas particulares que non dependían dos bispos, unha tercia era para o propietario de igrexa (individual ou colectivo, laico ou eclesiástico). Pero dende o século XII os bispos tratan de substituír aos patronos, recollendo a tercia. Previlexios pontificios eximen do pago de dezmos a mosteiros aos bispos.
OS IMPOSTOS ECLESIÁSTICOS:
DEZMOS MAIORES, DEZMEIROS. Grava rentas do chan e dos gandos, por cereais (trigo, cebada, centeo…). Consistía en la décima parte da colleita agraria recollida, nunca era renda fixa. Dividíase a partes iguais entre: igrexa parroquial, clérigos dedicados ao culto e obispos-cabidos. No caso da provincia do Bierzo, a parte dos bispos podería corresponder ao de Astorga, Lugo, Oviedo ou Santiago. Nas igrexas particulares que non dependían dos bispos, unha tercia era para o propietario de igrexa (individual ou colectivo, laico ou eclesiástico). Pero dende o século XII os bispos tratan de substituír aos patronos, recollendo a tercia. Previlexios pontificios eximen do pago de dezmos a mosteiros aos bispos.
DEZMOS MENORES, por cordeiros, lana, polos, pavos, queixo, garavanzos, leguminosas para gando, mel…
PRIMICIAS. Percibíanse pola colleita máis temprana ¼ e ½ fanega de trigo, cebada, centeo… e pertencen ao baixo clero secular para a fábrica parroquial.
TERZAS REAIS. Por previlexio pontificio pagábanse para a loita de reconquista contra infieis. Pero hai reis trastamaristas que ceden estas terzas reais á nobleza.
VOTO DE SANTIAGO. Grava a todos os labregos segundo a proporción da súa colleita de cereal. Recadábase para a Catedral de Santiago.
BIBLIOGRAFÍA:
-A. Franco Silva: “El señorío de Villafranca del Bierzo (siglos XIV y XV)”, en Boletín de la Real Academia de la Historia, xaneiro-abril 1982.
-Mª Carmen Rodriguez González: Economía y poder en El Bierzo del siglo XV. San Andrés de Espinareda, 1992.
-J. A. Balboa de Paz: El monasterio de Carracedo, 1991.
-Mercedes Durany: S. Pedro de Montes. El dominio de un monasterio benedictino de El Bierzo, 1977.

O Bierzo, marzo de 2011.
www.obierzoceibe.blogspot.com
http://sites.google.com/site/obierzoxa
http://www.facebook.com/xabierlagomestre
http://www.blogoteca.com/obierzoxa
http://obierzoceibe.wordpress.com/
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
http://www.ponferrada.org/

<< Home