REFRANEIRO XEOGRÁFICO DO BIERZO (2ª PARTE RENOVADA)
Pedanías de Toural de Meraio e Vilalibre do Bierzo.
www.twitter.com/obierzoxa
REFRANEIRO XEOGRÁFICO DA REXIÓN DO BIERZO (2ª PARTE RENOVADA),
por Xabier Lago Mestre, do colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
Outros exemplos de desputas territoriais internas poden ser nas contornas de Ponferrada ou Cornatelo. Traemos algunhas das moitas que hai entre León e O Bierzo.
“Ponferrada se quema Molina llora, porque no se ha quemado la villa toda”.
“Paradela, mala terra, Chana, a súa irmá”
“En Borrés preguntaredes, en San Xoán volo dirán”.
“Cornatelo está perdido, Vilavella nun ten pan”.
“Leve o demo a Ferradelo, fóra os santos que eilí están”.
“De León, a un lado”.
“Amigo de León, teo sexa, meu non”.
“Si Coyanza castellana, y El Bierzo gallego son, y la montaña asturiana ¿Qué le dejas a León?”.
Entre os bercianos non poden faltar as competencias polo cante, o baile, os mozos e as mulleres dos diversos pobos.
“Para cantar Ponferrada y para bailar, los Barrios; Y para mocitas guapas viva Toral de los Vados”.
“Para troitas río Sil para manteca Laciana, e para rapazas fermosas Vilalibre ou Priaranza”.
“Soldado de a cabalo ¿onde te aloxas? en Toural dos Vaos que hai boas mozas”.
“As de Borrés levan o refaixo routo cando se van bañar, en cambio as de San Xoán o levan de plexiglás”.
“En Chana non quedan mozas, e en Borrés son pequeñas”.
“No pobo de Toral, vintecinco mozos son, vintecinco pinos de ouro, Que relucen máis co sol”.
“Se che preguntan, Carmiña, quen son os que van cantando, di que son os de Requeixo, que na Veiga andan rondando”.
“O muíño de Cacabelos bota que bota fariña, e o que queira boas mozas, que se veña pra Sorribas”.
Temos exemplos da fachenda dos habitantes de distintos pobos bercianos.
“Xente de Quilóus vale por dous e por tres se é por interese”.
“Xente de Quilóus e bueis de San Xoán tralarán”.
“Los mozos de Matachana, que mueren de frío por andar de gala”.
“Para perejil Toreno, para fachenda Librán, y para niñas bonitas Las Traviesas y Villar”.
“Bos mozos hai en Lago, mellores en Campañana, como os de Carucedo, non os hai en toda España”.
“Os de Valboa mataron o zorro, os da Veiga (de Valcarce) comérono todo, e os de Barxas mandaron recado que lle deixaran a punta do rabo. Minten os uns, e minten os outros, e os que mataron o zorro son os de Souto”.
A emigración berciana secular provocou sentimentos de morriña que tamén están presentes nos ditos populares.
“Adiós Villar de Los Barrios desde Pico lugar, adiós Pozo concejo, nunca te podré olvidar”
O refraneiro xeográfico berciano recolle referencias climatolóxicas.
“Cando o ar vén de Astorga, pastorcelo ás andorgas; cando o ar vén de Ancares, pastorcelo aos corráis”.
“Néboa en O Mego (pico de Cubelos do Sil), auga no Seo”.
A historia tamén está presente nas competencias xeográficas. Neste caso o Imperio romano deixou a súa pegada en Lugo, Astorga, Valdeorras e O Bierzo.
“Quien hizo Lugo, hizo Astorga y el Puente de La Cigarrosa; y llevó una piedra en el capelo, con la que hizo a Cornatelo”.
O Bierzo, abril de 2011.
www.twitter.com/obierzoxa
<< Home