XORNADA DA 6ª ESCOLA FERMÍN PENZOL EN PONFERRADA.
XORNADA DA ESCOLA PERMANENTE EN PONFERRADA.
falaceibe@yahoo.es
O encontró na capital do Bierzo comezou coa lectura do relatorio de anxo Angueira, que non puido estar presente, sobre “Fernández Morales no sistema literario galego”, no cal demandou un maior recoñecemento na Galiza para este escritor local. Considerou a Antonio Morales como represente claro do Rexurdimento galego, indicando que foi coñecido por Murguía e que tivo estadías na Coruña e Tui. Ademais, a ortografía galega utilizada polo berciano (nos apóstrofes, contracióis, unha…) en nada se diferenciaba da utilizada polos intelectuais galegos, e que significa que estaba familiarizado coas lecturas en galego. Tamén frei Martín Sarmiento, a través da súa defensa que fixo Pintos en 1859, puido ser unha influencia para Morales, segundo Anxo Angueira.

O noso Antonio Morales ten fíos de interese común cos literatos da Galiza. Casos do tratamento da paisaxe (topónimos, terra…), folclore, cultura popular, música e demais, temáticas común de interese para chamada poesía costumista da época. Todo isto sen esquecer a crítica social e política (chuscadeira). Coma exemplo, o poema “Proba de amor”, onde o protagonista renega das súas orixes territoriais.
Teima Anxo Angueira na relación entre Pintos e Morales, nos repertorios léxicos ou nos poemarios moi longos que utilizan. O escritor berciano non racha coa súa influencia relixiosa nos seus escritos, a pesar do seu liberalismo político. Porque o liberalismo berciano naceu en parte no seo da igrexa, caso compartido con Muñoz Torrero, deán do cabildo de Vilafranca e deputado nas Cortes de Cadiz de 1812. As relacióis de Galiza co Bierzo, a nivel territorial, xorde clara na súa interpretación literaria do dito popular de “Galicia tira do Bierzo pero Castela non a solta”. Comentamos ´que entre os dous territorios veciños sempre houbo relacióis comerciais abundantes, por mor dos mercados e feiras. Ademais da presencia de seitadores galegos que viaxaban cos bercianos para Castela, entre eles o gaiteiro de Sorribas, segundo Morales.
VISIÓN XURÍDICA DE LUIS VILLARES NAVEIRA.
O maxistrado do Tribunal de Xustiza do País Basco repasou a lexislación lingüística do Estado español e internacional, facendo especial énfase na Carta Europea das linguas rexionais e minoritarias. Para o conferenciante a dita Carta Europea ofrece amplas posibildiades para as linguas. Como exemplo disto, a dita norma europea non pode ser derrogada por outra lei estatal ou autonómica, pola súa forza de Tratado internacional. Salientou que a parte 2º da dita Carta ten que ser cumprida íntegramente para todas as linguas, incluída o galego do Bierzo. Mentres que a parte 3ª execútase de forma parcial, segundo o “razonablemente posible” (un concepto xurídico indeterminado).

O xurista fixo un percorrido polo miúdo polos dereitos lingüísticos da parte 2ª (territorialidade, iterrelación entre comunidades afastadas, ensino, estudos e investigación, toponimia, participación dos falantes…). Respecto á parte 3ª, comentou que as administracióis teñen a obriga legal de facer algo polo galego do Bierzo, dentro dun horizonte temporal e material. Que habería que aplicar para o seu desenvolvemento o concepto de progresividade. Hai distintas políticas lingüísticas para as diversas administracióis públicas que deben executar de xeito progresivo e en liña ascendente ata lograr os obxectivos razonables da norma lingüística. Sempre haberá que ter en conta os medios materiais, persoais e financeiros para a execución da normalización lingüística.
Non deixou o Luís Villares de facer mención ás sentencias dos Tribunais sobre a utilización do euskera polos concellos do condado de Trebiño, na provincia de Burgos. Sentencias que recoñeceron o uso administrativo do euskera polos concellos (caso da rotulación e sinais). Que a Comunidade Autónoma non lexisle, por deixadez ou interese político, sobre materia lingüística non empece que os concellos poidan regulamentar o uso dos idiomas minoritarios nas súas administracióis locais, segundo palabras do maxistrado.
www.partidodelbierzo.es
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home