viernes, noviembre 25, 2011

OTRAS SETAS DE LA REGIÓN SILESTE (3ª PARTE)



RELACIÓN DE SETAS Y COGUMELOS DE LA REGIÓN SILESTE
(O BIERZO, VALDEORRAS, O COUREL, TRIVES E O BOLO)
(TERCERA PARTE)
Por Xabier Lago Mestre.
falaceibe@yahoo.es

POLAS CONTORNAS DOS LEPIOTA.
-Cogumelo LEPIOTA CASTANEA, en Piñeiro de Montearenas, en outono, tóxico.
-Cogumelo LEPIOTA CRISTATA, velenoso, vista en lugares con castaños de Compludo, en outono.
-Cogumelo LEPIOTA GRACILENTA, popularmente choupin lampizo.
-Cogumelo LEPIOTA PROCERA, coñecido por zarrotas, cerrotas, patela de mel, choumelo e choupos.
-Cogumelo LEPISTA INVERSA, visto en castiro de A Leitosa, de verán a outono, forma corros de bruxas, frecuente, comestible ainda que un chisco amargo.
-Cogumelo LEPISTA NUDA, localizado na Leitosa, popularmente pé azul, comestible no comer en crudo, en bosques e pradeiras, forma corros de bruxas, de outono a inverno.
-Cogumelo LEUCOPAXILLUS CANDIDUS.
-Cogumelo LOUCOPAXILLUS CANDIDUS, popularmente funil dos lameiros.
-Cogomelo LYCOPERDON FOETIDUM, localizado como fungo do sapo, peido de lobo e bufo de vella.
-Cogomelo LYCOPERDON MOLLE, en castiro de A Leitosa do Bierzo, de primavera a outono.
-Cogomelo LYCOPERDON NIGRESCENS, en castañeira de A Leitosa, de primavera a outono.

OS FUNGOS MACROLEPIOTA POLA REXIÓN SILESTE.
-Colomelo MACROLEPIOTA EXCORIOTA, coñecido como cerrota, en pradoiros, en outono frecuente.
-Cogumelo MACROLEPIOTA PROCERA, en Burbia ceca de carballo, popularmente coñecido como parasol, apagador, choupin, cogordo, zarerota, patamela, cachote ou palote, atópase de setembro a decembro. Atopamos os refráns: “Choupín, choupiñeiro, dime onde está o teu compañeiro” ou “os palotes do rebusco teñen dobre gusto”. Comestible, eliminar pé febroso.
-Cogumelo MACROLEPIOTA RHACODES, coñecido como choupín, cocomelo, choupiño, calazas, etc, en borde de bosques, en outono frecuente, bo comestible, eliminar o seu pé. Refrán: “Choupin torgallo, a tixola con beluga e allo” (coa súa forma de preparación).
-Cogumelo MARASMIUS ANDROSACEUS, vista en Castañeiras, en Piñeiro, de verán a outono.
- Cogumelo MARASMIUS OREADES, comestible, coñecido como sendeirina.
-Cogumelo MARASMIUS RAMEALIS, en queixido de Fresnedo, de verán a outono.
-Cogumelo MARCHELA CONICA, popularmente pantorra de pé longo.
-Cogumelo MORCHELA, son as nosas pantorras, temos o refrán: “Orellos, cuncos e pantorras escaldas para que non morras” (referencia á non utilización da primeira auga).
-Cogumelo MORCHELA ESCULENTA, popularmente colmeneira.



ESTAMOS ENTRE FUNGOS MYCENA
-Cogumelo MYCENA ACICULA, en queixigar de Fresnedo do Bierzo, de verán a outono.
-Cogumelo MYCENA EPIPTERYGIA, en musgos de Burbia, de verán a outono frecuente.
-Cogumelo MYCENA HAEMATOPUS, en bidueiro de Chano do Bierzo, en outono frecuente.
-Cogumelo MYCENA INCLINATA, en galla de carballo de Suárbol, moi frecuente.
-Cogumelo MYCENA PURA, en castiro de A Leitosa do Bierzo, de verán a outono, frecuente.
-Cogumelo MYCENA VITILIS, en castiñeiro de Burbia, sobre gallas caídas, de verán a outono.
-Cogumelo MYCENA VULGARIS, nun Piñeiro en Sancedo, en outono frecuente.
-Cogumelo OMPHALOTUS OLECERIUS, en oliveira de Molinaseca, fungo da oliveira ou vacalume, tóxica.
-Cogumelo OMPHALINA ONISCUS, en Suárbol, en turbeiras, de verán a outono, escaso.
-Cogumelo PANAEOLUS PAPILIONACEUS, popularmente coupis dos cagallóns.
-Cogumelo PANAEOLUS SPHINCTRINUS, sobre excremento en Burbia, en pradeiras, primavera a outono.
-Cogumelo PANAEOLUS SUBBALTEATUS, localizado por fungo dos esterqueiros.
-Cogumelo PANUS RUDIS, denominado chapeo de pana.

O Bierzo, novembro de 2011.
www.obierzoceibe.blogspot.com
http://sites.google.com/site/obierzoxa








0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home