lunes, mayo 28, 2012

VISITA TURÍSTICA POR QUIROGA.


CASA DO CONCELLO DE QUIROGA. 




VISITA TURÍSTICA POLA BISBARRA DE QUIROGA,
Por Xabier Lago Mestre.

Se chegamos a esta comarca ou bisbarra en tren debemos baixarnos na estación de San Clodio. Esta población tivo o seu maior desenvolvemento económico coa construción dos encoros e saltos hidráulicos no río Sil. Situación que compartíu con outras vilas veciñas, casos de A Rúa e O Barco de Valdeorras.

                Comezamos a nosa andaina polas fermosas rúas de S. Clodio. O primerio edificio que salientamos é a nova Casa do Concello, na praza da estación. Soldón pertence ao concello de Ribas del Sil. O trazado urbano moi ben coidado. Parámonos ante un cartel turístico que nos indica a historia da RÚA DA LIBERDADE. Resulta que o seu nome é lembranza do apoio á II República española. Pero o curioso do caso é que o día 22 de xullo tivo o apoio dos mineiros bercianos que chegaron en tren desde a nosa comarca, fuxindo da represión franquista. Os nosos mineiros tiveron que fabricar bombas mediante botes baleiros de pementos, segundo dicía a rumoroloxía popular. Á vez houbo que loitar coas tropas falanxistas, que viñan da cidade de Lugo, á altura da ponte de ferro cos mineiros bercianos.

                Destacan entre os seus monumentos a dita ponte de ferro, de Pedro Mancebo, que xa proxectara a ponte internacional de Tui, e que garda influenza da obra de Eiffel. O primeiro piar metéuse no río Sil no ano 1833, e tivo un custo de 261.923 pts. Probouse a resistencia da dita ponte facendo pasar pola súa calzada varios carros, tirados por tres parellas de caballos, cun peso de 12 toneladas de carga cadaún deles. A fermosa ponte permítenenos desfrutar do paseo fluvial e das vistas do grande río Sil.




                                                ESTACIÓN DE SAN CLODIO-QUIROGA


                Da antiga abadía, consérvase a coñecida Torre da abadía, que foi centro da Inquisición. Practicouse a tortura dos reos mediante o sistema de goteira, deixando caer pingas do teito sobre as cabezas dos sufridores. Outros monumentos salientables son: As Muradelas, minas situadas en Figueiredo, O Miradoiro de Pena do Ladeiro, o meandro do río Sil en Cubela, o pazo de Bataneros, a igrexa de Sta. María de Torbeo (século XII), o portaco de la abadía de S. Clodio, estes dous últimos foron os mosteiros principais da contorna. Outros conflitos sociais de importancia foron os antiseñoriais. Así foi contra os cabaleiros da Orde Militar de S. Xoan na súa encomenda de Quiroga, e tamén a irmandiña contra o conde de Lemos.

                Outra curiosidade histórica é que no ano 1833 o concello decidiu deixar de ser da provincia de Ourense para pasar a Lugo, mentres que a capital de Torbeo pasou a ser S. Clodio. Los bercianos ben recordamos esa data porque significou a perda da nosa histórica provincia do Bierzo.  O ferrocarril chegou en 1883 a S. Clodio, e substitúe á recuas de bestas dos maragatos que traían pan de Vilafranca e levaban xamóns, mel, cera, madeiras, viños, minerais e gando variado.

EN DIRECCIÓN PARA QUIROGA.
                Collemos unha longa rúa que nos levará para a veciña vila de Quiroga. Os dous concellos están separados polo río Sil que cruzamos por unha nova e grande ponte. O primeiro predio queirogués, na outra ribeira, nos recibe coa escultura dun hórreo. Unha larga estrada lévanos ao centro urbano de Quiroga. As súas novas casas son manifestación do seu desenvolvemento económico. Vemos unha importante actividade comercial, propia dun centro comarcal desta categoría. Ten dúas feiras gandeiras, os días 10 e 27 de cada mes, localizadas na rúa regueiral. Tamén conserva a feira do viño para o sábado de Pascua, e outra de mel para o 10 de agosto.




                                           PRAZA MAIOR DA VILA DE QUIROGA 

                Entre os monumentos de Quiroga sobresaen a igrexa parroquial de S. Martiño (1864 e 1870), e a Casa do Concello, da segunda metade do século XIX. Para o desfrute das augas hai zonas de baño no chamado Pozo Negro, no río Quiroga, tamén en Augasmestas, neste caso no río Sil, e outra zona de lecer en Conceado, no río Lor.  Outros monumentos de interese son as ferrarías de: Gorgueira en Paradaseca, Paleiras en Pacios da Sena, Quintá no Hospital, Rugando en Parada piñol, O Mazo no Soldón da Seara e Roxa longa en Vilarbacú.

                Un amplio concello de Quiroga conserva numerosas parroquias rurais que paga a pena ver. A de Santiago en Augasmestas, Sta. Mª de Bedilló, Sta. Isabel de Cereixido, S. Mamede de Hermida, S. Lorenzo de Nocedo. As parroquias organizan populares festas patronais ao longo do ano, en Bustelo de Fisteus, festa de S. Bartolome no Hospital (24 e 25 de agosto), Pacios de Sera, S, Miguel en Montefurado (29 de setembro), Paradaseca, S, Martiño en Quiroga (11 de novembro), S. Brais en Pacios de Mondelo (3 de febreiro), Quintá de lor, A Seara, Vilaster, Sequeiros, Vilarmel, romaría Nosa Sra. Dos Remedios na Ermida, en Quiroga (8 e 9 de setembro), entre outras. Para percorrelas hai establecidas varias rotas: Encomenda, do ouro, de mel e do aceite, e da natureza.





                A contorna de Quiroga está perfectamente delimitada. Ao leste as serras do Cereixido, do Cabreiro e dos Cabalos. Mentres que polo oeste temos a serra do Courel, con cordas coma Roxa Longa, co porto Murelo (1480 m.). A serra do Courel, polo norte, avanza ata os lindeiros bercianos, e forma a cordeleira da serra bimbreira que entra na nosa bisbarra, afastando dous vales: de Aguiar co seu río Selmo, e de Barxas.

O Bierzo, maio de 2012.



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es