viernes, marzo 01, 2013

RESISTENCIAS HISTÓRICAS DAS XUNTAS VECIÑAIS (1ª PARTE)



RESISTENCIAS HISTÓRICAS DAS XUNTAS VECIÑAIS DO BIERZO (1ª PARTE),
por Xabier Lago Mestre.
do Colectivo cultural fala Ceibe do Bierzo (falaceibe@yahoo.es)
falaceibe@yahoo.es

LIMIAR. 

Ulitizamos neste percorrido pola historia das resistencias populares o termo popular de xuntas veciñais. Queremos con isto evitar a confusión cos chamados concellos liberais, do século XIX, como equivalentes aos antigos e actuais municipios en idioma galego. O concepto de xuntas veciñais é máis amplo, coma institución propia de todos os núcleos de poboamento, aldeas, barrios, vilares, parroquias, lugares... Na documentación histórica xorden os temos concello, axuntamento e reximentos (por suposto castelanizados), pero xa comentamos que nós tomamos partido pola concepción tradicional máis ampla de xuntas veciñais.  



PROTESTAS CONTRAOS ABUSOS SEÑORIAIS DO MOSTEIRO DE ESPIÑAREDA (1504).
Os señores normalmente abusaban dos seus vasalos. No caso do mosteiro de Santo Andrés de Espiñareda, os concellos organizaron a súa defensaen común contra certas desfeitas, "Lope Fernandes e Pedro del pedrero e Juan Moro, vecinos e procuradores de los concejos de los lugares de Santa Marya de Tombrio e de santa Maryna de Ribadesyl e del concejo del lugar de Lillo (...)". Entre eses abusos destacan as serventías, é dicir, traballos de balde para o señor,  "les compele en cada un año a que sieguen el dicho prado syn darles por ello jornal alguno (...) a quien no va a segar al dicho prado le lieva la pena que le plase (...), se destruyen los bueys e carros de los cihos vasallos que andan en la dicha serventía (...)". Outro tanto acontece cos xantares, obriga de dar de comer e aloxar de balde ao señor, "comer algunos yantares e llevaban para los comer syete u ocho personas e comyan un yantar e se tornabanpara el dicho monasterio (...)" . Os vasalos levaron o preito ante a xustiza real que mandou ao corrixidor de Ponferrada, mediante o nomeamento de xuíz en comisión, facer as correspondentes pesquisas informativas (ano 1504). (Pedro García Cañón, 2012).


LEVANTAMENTO DOS CONCELLOS CONTRA DO MOSTEIRO DE CARRACEDO (SÉCULO XVI).

As xuntas veciñais do señorío do mosteiro de Carracedo levantáronse todos xuntos. A razón da protesta colectiva foi a esixencia do trabuco dos cartos e quintos pola rotura de montes, "somos moy agravyados del dicho abad que nos haze pagar los quartos y quyntos de lo que coxemos en las rroturas de los montes brabos e concejiles de los dichos logares (...) (ano 1502). As ditas xuntas alegaron na defensa dos seus interese que esa gabela a impuxo o conde de Lemos, e por iso pediron que se suprimise como xa se fixera noutros señoríos viciños (marquesado de Vilafranca, terra de Arganza ou mosteiros de S. Pedro de Montes e Santo Andrés de Espiñareda). Este conflito antiseñorial chegou á xustiza real, a cal dictou sentenza deste preito favorable ao mosteiro berciano. 


Como reacción a esta sentenza desfavorable as xuntas bercianas principiaron unha rebelión xeneralizada contra o mosteiro no ano 1512. Participaron na revolta popular as xuntas de Carracedo. Vilamartín, Sorribas, Paradela, Vilaverde, Lago, Carucedo, Campo de Naraia, Naraiola e San Andrés. Estas xuntas formalizaron a defensa común dos seus intereses mediante juramento, "carta lusa e monypolio contra el dicho abad e convento  sus partes porque juntara e avia juntado los vecinos e concejos de la dicha abadia e lso atraxiera a que fisiesen juramyento e que lo fisyeran faser en fora que serian todos avian contra el dicho monesterio e abad e monges e combento de el sus partes, e que el en su nombre tomaria pleito contra el dicho monesterio delante de el corregidor de Ponferrada , juez comisario de su Alteza (...)" 
As xuntas bercianas destacan a súa capacidade decisoria, "que syendo como son cada logar de la dicha abadia concejo sobre sy apartados unos de otros en todo as cosas así en pechos como en alcavalas e moxarazgos e cada logar con sus tierras sobre sy apartadas a todas las otras cosas que han de aver para cada uno ser concejo e tenyendo cada logar procurador público sobre sy (...). Xuntas que elixen os seus representantes, procuradores, para levar este preito común. Pero a xustiza real finalmente dictou nova sentenza a prol do mosteiro (1513). (José Antonio Balboa de Paz, 1991) 

USURPACIÓN FORZADA DE BENS PÚBLICOS POLO MARQUÉS DE VILAFRANCA.



Traemos a colación o exemplo do marqués de Vilafranca do Bierzo que no ano 1566 tivo preito, ante o Consello Real, por abuso de poder, concretado na apropiación indebida dos bens do concello de Vilafranca. O marqués foi acusado de cometer variadas e continuadas inxustizas. Así mandou pechar varios camìns públicos da vila e meteu neles as súas herdades. Fixo consumir dúas fontes públicas, levando a súa augua por debaixo da terra á súa fortaleza e maila horta. Tamén “elegía como regidores de la villa a sus criados por el tiempo que quería”, “que había tomado las casas del ayuntamiento y las había dado para habitación del alcalde mayor y sus criados”, etc. Mentres que no ano 1561 o marqués tamén tivo preito co concello de Cacabelos. Trataba o señor prohibir a pesca no río Cúa e a caza nos montes, nomeaba parte dos oficios públicos ou quería quitarlles o mercado dos martes para pasalo a Vilafranca. Tamén os lugares da Cabreira e Ribeira preitearon co marqués. Neste caso foi a prohibición de caza nos montes cabreireses. Carlos V en 1527 dictou resolución a prol dos intereses señoriais (Alfonso Franco Silva, Boletin Real Academia de la Historia).

O Bierzo, marzo de 2013.
www.obierzoceibe.blogspot.com


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es