miércoles, noviembre 13, 2013

OS SOUTOS NA REXIÓN DO BIERZO

OS SOUTOS DE CASTAÑEIROS NA REXIÓN DO BIERZO.VISIÓNS XURÍDICA E HISTÓRICA (1ª PARTE).

Por Xabier Lago Mestre.
falaceibe@yahoo.es

Todos sabemos dos valores dos nosos soutos de castiñeiros. Salientamos os aspectos referidos á economía (produción de castañas), a ecoloxía peculiar deste medio natural (zooloxía, botánica…), a proteción da paisaxe, a micoloxía, a madeira ou o outros temas paralelos de tipo etnolóxico (obxectos caseiros, arquitectura, fabricación de carros, útiles de labranza…). Pero neste traballo imos analizar certos temas xurídicos relacionados cos soutos bercianos (a propiedade comunal e maila protección dos soutos ) e tamén históricos segundo a información obtida a través das ordenanzas veciñais do século XVIII. Tamén analizaremos os aspectos concretos da explotación dos soutos comunais (a couta, rebusco...).

OS SOUTOS COMUNAIS.

A meirande parte dos pobos bercianos teñen grande cantidade de terras comunais. A través da historia os pobos conseguiron a propiedade colectiva do seu término. E isto foi así a pesares dos intentos de apropiación polos señores feudais, das sucesivas desamortizacióis do século XIX ou das expropiacióis do Patrimonio Forestal do réxime franquista. Porque, a pesar de tranto atranco, no fondo a veciñanza sempre entedeu que a terra para quen a traballa. 

Partindo de que moitos dos montes bercianos son de propiedade comunal atopamos que moitos deles teñen importantes concentraciois de arboredo, casos das carballeiras, morteiras, chopeiras ou soutos de castaños. Hai pois una especialización dos espazos vexetais segundo os intereses das comunidades veciñais.



No caso dos soutos de castiñeiros, a xunta veciñal determina a súa explotación segundo comprobamos nas ordenanzas concellís, na bibliografía consultada ou a través da comunicación directa cos afectados. Deste xeito comprobamos o interese histórico das xuntas veciñais polas repoboacións dos arboredos e pola boa conservación dos soutos bercianos.

PLANTACIÓN DE ARBOREDO EN TERRAS CONCELLÍS.

Traemos eiquí algunhas referecias documentais a este interese das xuntas veciñais polos seus arboredos. O primeiro, as forzadas plantacióis. Nas ordenanzas sobre castañais, de San Xoán de Palozas, na merindade de Cornatelo, lemos que “hordenaron que cada un año por concejo cada vecino así casados como viudos i mozos solteros viviendo a fogar debido plante en las heras de concexil cada uno su árbol, que sea fructífera cerrada y rrodiada muy bien en todo alrededor de zarzas y escambrones de manera que el ganado no pueda llegar a comerlos, pena de quatro cañadas de vino (…)” (año 1743).

Isto mesmo acontece unas comarcas veciñas, caso da Omaña. Así, nas ordenanzas do concello de Montrondo (ano 1758), no seu artigo 34 amosa que “declararon también ser costumbre que cada vecino plante todos los años en el mes de marzo o abril seis árboles frutales o no, y estos los pueda poner en campo del concejo o heredad suya no ocupando paso público,  bien estacados y espinados y el que hiciese lo contrario incurra en pena de quinientos maravedíes para el concejo (…)”. Neste exemplo, concrétase máis, o tempo de plantacióis, as condicióis desta, así como as multas pecuniarias que non vinais.



Outro exemplo berciano é o que aconteceu en Noceda. Nas súas ordenanzas do ano 1758 atopamos que "ordenamos y mandamos que de aquí adelante y para siempre jamás tengan obligación todos los vecinos cada año de plantar cuatro árboles fructiferos, en tierra concejil (...)". 

Pola outra parte, o concello omañés de Cirujales teima no mesmo, “ordenamos que por la conveniencia que tiene a todo el común que haya árboles frutales y no frutales puedan plantarse en los términos de este lugar en los campos concejiles, y el que lo ejecutase se pueda aprovechar de su utilidad y producto según reales resoluciones (…)”. É dicir, quen plante unha  árbore pode aproveitarse dos seus produtos (froitos, ramaxe, madeira, folla…).




Non podemos esquecer que a lexislación real da época tamén fomentou as plantacióis. Unha Real Cédula de 14 de setembro de 1752, no seu capítulo 19, ordena aos alcaldes pedáneos dos pobos que “han de remitir a los corregidores de la capital todos los años testimonios verídicos, no solo de todo cuanto adelantaren y mejorasen los montes, sino los que de nuevo se criasen y plantasen; explicitando claramente y distintamente sin engaño ni artificio el número de vecinos de cada pueblo, el de los árboles, y sus sitios, el de lso que se limpien, quien (…) con expresión de sus nombres propios, y de la tierra que ocupen cada uno de ellos (…)”.

O Bierzo, novembro de 2013.
www.obierzoceibe.blogspot.com
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es