sábado, marzo 01, 2014

VI XORNADAS MARTÍN SARMIENTO, VILAFRANCA E PONFERRADA.


VI XORNADAS MARTÍN SARMIENTO, VILAFRANCA E PONFERRADA.

pola Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo.

PROGRAMA DE ACTOS

Venres 7 de marzo, TEATRO VILAFRANQUINO
INTERCAMBIO ESCOLAR MARTÍN SARMIENTO
10 h. Apertura e saúdo da Alcaldesa da vila.
12 ANOS DO PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO GALEGO NO BIERZO (2002-2014)
 1ª SESIÓN:  EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DE SECUNDARIA:  Intercambio Escolar dos IES do Bierzo sobre a experiencia do Programa de galego no Bierzo. Están presentes a totalidade dos alumnos/as do Programa dos centros:
IES Padre Sarmiento (Vilafranca)            
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
10:45 h: HISTORIA DA LINGUA E SARMIENTO, de Xandobela. A actuación está subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.



11,15 h.: Intervención das Autoridades educativas presentes de Galicia e de Castilla y León.
11,30 h.  Presentación ITINERARIO DA MAO DE SARMIENTO POR VILAFRANCA polo coordinador da Comisión Cultural Héctor Silveiro.
12h.   2ª SESIÓN DE PRIMARIA:
“A NENA E O GRILO NO BARQUIÑO” de Magín Blanco. A actuación está subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Asisten alumnos/as dos centros de PRIMARIA de:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso  de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Meraio,
CEIP M.L.Ucieda de Toral dos Vados,
CRA Carucedo,
CRA Ximena Muñiz de Corullón,
CRA Ponte de Domingo Flórez,
Colegio Divina Pastora de Vilafranca.



13 h. CLAUSURA INTERCAMBIOS ESCOLARES MARTÍN SARMIENTO 2014: Breve intervención das Autoridades educativas presentes.

Na xornada do 7 de marzo, a partir das 11.30 h os alumnos/as de Secundaria do Programa de Galego guiados polos seus compañeiros do IES. Padre Sarmiento comezarán un ITINERARIO DIDÁCTICO “Atrévete a saber da mao de Sarmiento”  iniciativa da Comisión Cultural Martín Sarmiento na que colaboran o equipo docente do IES. Padre Sarmiento e as asociacións:  A Morteira,  BURVAL, a Escola de Gaitas e a Concellaría de Cultura de Vilafranca.

 SESIÓN DE TARDE    Venres 7 de marzo,
Salon de actos do Campus da Universidade de León en Ponferrada


18,00 h. MESA DE DEBATE: Os soños de Sarmiento.

Tema: Presente e futuro do Programa de Promoción do galego no Bierzo.

Presenta: Dª. Ana María Vega Fernández. Delegada del Rector. Universidad de León.
Modera: Ricardo López Témez, xornalista.

 Interveñen:
-          Fernando Sánchez-Pascuala Neira, Director General de Política Educativa Escolar de la Consejería de Educación de la Junta de Castilla y León.

-          Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación e Investigación Universitaria da Xunta de Galicia.

-          Héctor M. Silveiro, coordinador da Comisión Cultural “Martín Sarmiento” e membro correspondente polo Bierzo da Real Academia Galega.

-           Representantes da Comunidade Escolar Berciana: Un director, unha docente e un membro das ANPAS.





 Sábado 8 de marzo. TEATRO VILAFRANQUINO

18.00 h. HOMENAXE AO P. MARTÍN SARMIENTO
a iniciativa da REAL ACADEMIA GALEGA.

PERSPECTIVAS ACTUAIS  DOS ESTUDOS
SOBRE SARMIENTO
Intervirán:
Xosé López Rico
Henrique  Monteagudo
Josefina Garrido González
Xesús Alonso Montero, presidente da RAG.

Domingo 9 de marzo

Poderán visitarse novos puntos QR para realizar un percorrido polos espazos biográficos de Sarmiento na súa vila natal.



EDUCACIÓN, CULTURA E LINGUA.
Cando se cumpren unha ducia de anos da implantación do Programa de Promoción do galego nos centros educativos do Bierzo (2002-2014) cremos que é moi interesante e, se cadra, crucial para o futuro do mesmo, difundir e poñer en valor o avanzado ata o presente,  a importante matrícula en constante aumento que ten nos centros educativos da comarca, a pesar das dificultades que tamén se van superando, cursos a curso.  Esta innovadora fórmula educativa na que están implicadas as Autoridades de Galicia e de Castilla y León, é unha garantía do dereito que temos todos os bercianos,  galego falantes ou non, de manter e transferir ás novas xeracións as nosas peculiaridades históricas e culturais, particularidades lingüísticas que nos dan personalidade, que nos caracterizan, e que debemos saber valorar como unha riqueza colectiva e persoal que nos abre portas cara ao futuro.

 A obra e o modus operandi de Sarmiento intimamente ligados á Educación, á cultura e á lingua son pois unha ferramenta útil coa que abordar e incrementar os recursos deste patrimonio do galego no Bierzo. Iniciativas, experiencias, debates e actuacións que estas xornadas porán en marcha a comezo do mes de marzo, un ano máis, coincidindo coa data de nacemento en Vilafranca do Bierzo de Pedro X. García Gosende, máis coñecido como o Padre Sarmiento.




Agradecemos á Real Academia Galega a iniciativa de incluír nas mesmas un acto en homenaxe activo ao ilustrado. Agradecemos tamén ao numeroso elenco de participantes e colaboradores, dende autoridades educativas e políticas, a Universidade de León  ata profesores e mestres, alumnos e alumnas do Programa, colectivos de diversos campos e persoas  pola súa contribuír á difusión do potencial que a figura de Sarmiento e a lingua galega no Bierzo ofrecen en pleno século XXI .   

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es