viernes, febrero 19, 2016

GALEGO ANTE A REFORMA DO ESTATUTO DE CASTELA-LEON.


O GALEGO ANTE A REFORMA DO ESTATUTO DE CASTELA E LEÓN,
Por Fala Ceibe do Bierzo (falaceibe@yahoo.es).
www.obierzoceibe.blogspot.com

  Os medios de comunicación anuncian a presentación do anteproxeto de reforma do Estatuto de Autonomía de Castela e León aos partidos políticos presentes nas Cortes autonómicas. Dende a rexión de O Bierzo pensamos que algo se pode facer por protexer máis a nosa lingua galega e mailos seus falantes. 

Todos sabemos que o idioma galego ten o recoñecemento xurídico no dito Estatuto de Autonomía de Castela e León.  Así "gozará de respeito e proteción a lingua galega nos lugares en que habitualmente se utilice" (art. 5.3). Castela e León ten dous territorios con idioma galego, As Portelas da Alta Seabra e O Bierzo occidental. A pesares do dito recoñecemento legal pouco se ten feito pola promoción da nosa lingua pola parte das administraciois públicas, a saber, Junta de Castela e León, Deputación leonesa, Consello Comarcal e concellos bercianos. 


O ABEIRO DA CARTA EUROPEA DAS LINGUAS REXIONAIS. 

Ademais, neste senso segue sen cumplirse co fixado pola Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, sinada polo Reino de España en 1992. Recentemente o Consello de Europa (xaneiro de 2016) aprobou unha recomendación sobre a execución de dita Carta Europea por parte do Reino de España. Neste texto se propón "a extensión do recoñecemento das linguas rexionais ou minoritarias que tendo un estatuto de cooficialidade en seis comunidades autónomas ás outras comunidades autónomas que tendo suficiente número de falantes de lingua rexional ou minoritaria". Entendemos que esta recomendación do Consello de Ministros afeta direitamente á situación da comunidade galegofalante de O Bierzo. 

Tamén ol 4º informe do Comité de Expertos de dita Carta Europea incluía a O Bierzo como territorio de aplicación da proteción derivada da parte segunda da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias,"Furthermore, the following languages are granted more general protectión under Part II of the Charter: Galician in Castile and Leon (...)" (pagina 4). Velaí que o Comité de Expertos se interese polo número de galegofalantes que hai en Castela e León, "The Commitee of Experts asks for updated informativon on the number of Galician speakers in Castile and Leon" (p. 8). E finalmente, o Comité de Expertos denuncia por non ter recibido información axeitada sobre a situación da lingua galega en Castela e León, "Galician in Castile and Leon. The Commitee of Expert has not received any information regarding thes undertaking and asks for information in the next periodical report" (p. 18).



Non resulta lóxico que as comunidades lingüísticas que compartimos o mesmo idioma galego secular no noroeste peninsular, aínda que afastadas por divisiois administrativas, esteamos sometidas por distintas lexislaciois lingüísticas. Por todo isto, os falantes galegos de O Bierzo e As Portelas zamorás temos lexitimidade para demandar de novo a cooficialidade da nosa lingua galega no Estatuto de Castela e León que evite as discriminaciois idiomáticas actuais.

A ESTRATEXIA POLÍTICA REIVINDICATIVA.

Para acadarmos o obxetivo da reforma do Estatuto de Autonomía de Castela e León coa mención á cooficialidade da lingua galega do Bierzo temos que seguir unha estratexia política peculiar. Primeiro temos o exemplo da anterior demanda de cooficialidade que non contou con ningún apoio político nas Cortes autonómicas. Nesta nova ocasión haberá que intentalo de novo mediante a negociación coas forzas tradicionais de esquerda, ademais do partido Podemos. Dende logo que non será doado que teñan en conta a nosa proposta idiomática. 


Unha segunda xeira vindicativa terá lugar nas Cortes xerais cando chegue a proposta de reforma do dito Estatuto, remitida polo Parlamento autonómico. De novo haberá que negociar coas forzas de esquerda, ademais de nacionalistas bascos, cataláns e galegos do grupo Marea. Coidamos que estes últimos partidos terán máis sensibilidade lingüística xa que representan a territorios bilingües. Dende logo que esta estratexia política será complicada de cara a obter os resultados positivos pero hai que intentalo unha vez máis polo ben do noso idioma galego e dos seus falantes asoballados secularmente.   
  
O Bierzo, febreiro de 2016. 



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home