sábado, diciembre 05, 2015

REFRANEIRO LABREGO DA REXIÓN DO BIERZO (NOVEMBRO-DECEMBRO)


MÁIS REFRAIS LABREGOS DA REXIÓN DO BIERZO, 

por Xabier Lago Mestre
Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo (falaceibe@yahoo.es)

REFRAIS DO MES DE NOVEMBRO OU OS SANTOS:
"Novembre tronado, malo pro pastor e pior pro gando"
“O mes de novembro é o mes de tres irmaus: mocos, tos e friu nas maos”.
"Se en novembro troa, a colleita será boa".
“Ditoso mes, que entra cos Santos i sae co Santo Andrés”.
“Polos Santos, neve nos altos e por S. Andrés (30 de novembro) na porta a verás” (primeiro a neve chega ás montañas e logo baixa de altitude ata os pobos).
"Polos Santos neve nos campos"
"Por Santo Andrés (30 novembro) as neves nos pés".
"Verán de S. Martín (11 novembro), tres días e fin".
"De S. Martín (de Tours, 11 novembro) a Santa Isabel (17 novembro) veranín é".


Sobre a festa dos nosos magostos:
"As castañas, a tódalas mañas" (cómense de diversas formas).
"A castaña sabe moita maña, que se vai con quen a apaña"
"A castañeira remata na ribeira" (derradeiros froitos nas ribeiras).
"A castaña vén pola montaña" (este froito madurece antes nas montañas cós vales).
"Se chove por S. Pedro Fiz, castañas fermosas e nabos ruís".
"Polo S. Martiño, vai ver o teu soutiño"
"Por S. Euxenio (15 novembro) son as castañas ao fogo, a leña no fogar e as ovellas a empechar".
"Si se quer magosto, ten que chover en agosto".
"Por S. Cipriano, castaña na mao".
“Polo San Martiño (11 de novembro) faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto”.
"As castañas polo S. Martiño, teñen sede  e queren viño".
"Castañas, viño novo e chourizos no mes dos Santos son vicios" (Santiago Castelao Diñeiro)


Os tempos da sementeira:
“Se queres fino allo, seméntao por San Martiño (11 de novembro)”.
"Allo que non se planta antes do 17 de xaneiro, perdeuse no alleiro"
"Sementa polos Santos, anque sexan cantos"
"Sembra temprao e collerás grao".
"Pasado S. Clemente (23 de novembro), canto trigo sembres perdes".
"Polo ¨S. Clemente, alza a terra e tapa a semente" (cava a terra e cobre a semente polas xeadas).
"Se plantas o teu horto por S. Martiño, terás berzas pra ti e pró teu vecín"
"Sementar en novembre, barbeitar en decembre".
" A pataca ben curada, en novembro está empallada".
“Por San Andrés (30 novembro) corderiños tres, e en Navidá calquera os terá”.
“Por San Andrés, o viño novo feito é” (chegada do viño).


Tempo das matas dos gochos caseiros:
“Alegría, alégrote que anda o rabo da porca no pote”.
“Polo San Andrés (30 de novembro) mata o teu porco como o teis”.
“A misa e mailo cocho unha vez ao ano” (sinal de anticlericanismo).
“Por S. Andrés (11 de novembro) hai porcos gordos que vender”.
"Polo S. Andrés mata o teu porco como o teis".
“O que mata polos Santos, en verán come cantos” (a premura da matanza non é boa).
“Por Sta. Catalina (25 de novembro) mata ó teu cochín”.
"Polo S. Andrés mata a túa res, chica, grande ou como es" (S. Castelao Diñeiro).
"Polo S. Andrés agarra o porco polos pés, e se non o queres matar, déixao pra Navidá".
“Ben boa vida pasa o porco e máis dorme no cortello”.
“O que non mata porquín non ten lacón nin toucín”.
“Cocho matado, inverno solucionado” (a matanza dá alimento para os seguintes meses).
“En martes, nin a túa filla cases, nin o gocho mates”.
“Por S. Martiño, mata o pobre o seu cochín, e polo S. Andrés o rico os tres” (o rico recada os bens dos pobres).
"A pasar S. Martiño, cada dia seu ferradiño" (hai que cebar os gochos).
"A todo cochino lle chega o sou San Martiño".
" Polo S. Martiño deixa a sacha e colle o fouciño".


A xeira dos nosos primeiros viños:
"O día de S. Martiño proba o teu viño".
"Por S. Martiño recolle o millo e planta o viño"
"Até S. Martiño (11 de novembro), pan e viño; de S. Martiño en diante, fame e frío"
"Ao vir S. Martiño, abrigo, noces e pantrigo".
"Por S. Martiño cata o vinín"
"Do novo viño bota un trago por S. Martiño" (un grolo polo viño novo)

REFRANEIRO BERCIANO DE DECEMBRO OU NADAL.

"Santa Bárbara (4 decembro) só se menta cando hai tormenta"
"Se chove por Santa Bárbara chove tres semanas".
"Por S. Nicolao (6 decembro) a neve no chao"
"Por Santa Eulalia (10 decembro) neve ata na cama"
“Santa Lucía (13 de decembro) saca da noite e mete no día” (medran os días).
"S. Marcos chea os charcos, Santa Rosa os reborda, e Santa Lucía os baleira"
"Santa Lucía trece, quen non teña leña perece"
"Castañas por Nadal, saben ben e parten mal".


“Pola Santa Lucía (13 decebro) mengua a noite e crece o día” (os días xa comezan medrar).
"Pola Sta. Lucía aínda o millo cría"
“Teme máis á veciña, cá neve maceliña”.
"Cando nas témporas de Navidá que o aire de abaixo, ano humido".
“Por S. Silvestre e Santa Coloma (31 de decembro), cando o mes de xaneiro asomaba”.
“Nadal o sualleiro, Pascuas o subeiro”
“San Silvestre (31 de decembro), co ano acabestre”
"Entre Nadal e xaneiro, inverno verdadeiro".
"Até Nadal non é frio de verdade".
"Decembro mollado, xaneiro xeado".

O BIERZO, decembro de 2015.
www.obierzoceibe.blogspot.com

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home