martes, septiembre 22, 2015

REFRAIS DA REXIÓN DO BIERZO, DE XULLO A SETEMBRO.


REFRAIS DA REXIÓN DO BIERZO, DE XULLO A SETEMBRO,
por Xabier Lago Mestre (coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo).
falaceibe@yahoo.es

REFRAIS DO MES DE XULLO OU DE SANTIAGO.

“Por Santiago (25 de xullo) pinta o vago” (porque xa hai froitos maduros).
“Por Santiago fai o segado, para ti e para o gando”.
"O que quera boa coíña, sémbrea  no menguante de Santa Mariña (18 de xullo).
"Pola Madalena (22 xullo) xa se sega na máis alta serra".



REFRANEIRO DO MES DE AGOSTO.

“Se non chove en agosto, non hai magosto” (as choivas boas para os castiñeiros).
“Agosto  fina o rostro”.
“Por Santa Mariña (14 de agosto) vai ver a túa viña, e se mal a atopas, mal a vendimarás”.
“En agosto secan os montes e en setembro secan as fontes”.
“Por San Lorenzo (10 de agosto) recóllese o orégano para que non arda a casa”.
“Por San Bartolo (24 de agosto) planta o repolo”.
“Por S. Lorenzo (10 de agosto) calura, por s. Vicente (22 de xaneiro) friura”.
“O que non mallou que mallara, que agosto xa pasou, auga para os nabos”.
“Se se quer magosto, ten que chover en agosto” (a boa relación entre chuvias temperás e castañas).



REFRAIS DO MES DE SETEMBRO:

“Pasada a Encina (8 de setembro), o inverno xa está enriba”.
“Pola Encina, augas mil” (porque chove moito por esa data).
“San Miguel (29 de setembro), ponme a alma no peso do ben”.
"Dende S. Miguel pasado, rega pouco o teu prado" (por Manuel Rodríguez y Rodríguez).
"Se queres bo mel por s. Miguel".
"Polo S. Xil (1 de setembro), xa hai que acender o candil"  (porque merman os días).
“En setembro, sembra e cobre” (cóbrase pola venda de froitos e de novo sementeira).
"Polo Mateo (21 de setembro) vendimIa a cheo".

O BIERZO, SETEMBRO DE 2015.
WWW.OBIERZOCEIBE.BLOGSPOT.COM

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home