sábado, junio 27, 2015

REFRAIS DA REXIÓN DO BIERZO DO MES DE XUÑO.


REFRAIS DA REXIÓN DO BIERZO DO MES DE XUÑO, 

por Xabier Lago Mestre,
Coletivo Fala Ceibe do Bierzo (falaceibe@yahoo.es)

REFRAIS DE DO MES XUÑO OU SAN XOÁN.

“En San Xoán as dez con día dan” (porque escurece máis tarde).
“Augas de San Xoán (24 de xuño), quitan viño e non dan pan”.
“San Antoño (13 de xuño), San Antoñin, garda o nos rebañín”.
"S. Antoño (13 xuño) é un santo, e irmau do meu marido, cando o meu gando falta, S. Antoño vai comigo" (da bisbarra do Courel).



"Polo S. Silveiro (20 de xuño) coídate de tomar o sol sen sombreiro" (quenta moito xa o sol).
"Cando xuño chega, busca a foz a sega chega".
"Tarde ou temprau, por S. Xoán (24 de xuño), adiantouse o verau".
"En xuño o día 21 (entrada do verán) é logo como ningún" (polo día máis longo do ano).
"A bima de S. Xoán, sen abono dá pan" (con pouca laboura abundancia de froitos no campo).
“Por S. Xoán (24 de xuño) a sardiña unta o pan” (pola abundancia deste peixe na alimentación).

REXIÓN DO BIERZO, XUÑO DE 2015.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home