AS ESCRITORAS NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, por Manuel González Prieto.
As escritoras no Día das Letras Galegas,
por Manuel González Prieto.
O día 17 de maio desde o ano 1963 até a actualidade, festexamos a plena vixencia da literatura galega en lingua galega, e as vivas rendemos homenaxe aos escritores e/ou escritoras falecidas un tempo mínimo de dez anos atrás. Foron moitas as figuras gabadas ao longo da súa historia, mais cómpre salientar ás escritoras por seren minoría respecto dos seus colegas escritores. Esta pequena achega quere render tributo a todas elas.
Rosalía de Castro
Un 24 de febreiro de 1837 nace unha meniña rebuldeira capaz de recoller o sentimento dun pobo, no seu bico un cantar. Os versos agasallo da poeta soan con máis forza ca nunca. Pequenas e maiores cantaron, cantamos e cantarán os versos que Rosalía nos deixou como agasallo. Os seus restos repousan no Panteón de Galegas Ilustres, en San Domingos de Bonaval.
Rosalía é cantora e festeira, nunca submisa, a terra con corpo e alma de muller, faladora de seu
Cantora e festeira
¡Que feira, rapaza,
si cantas faremos!...
festiña por fora,
festiña por dentro
Nunca submisa
Franca, pura, sin enganos,
canta, canta garruleira,
ó pé da verde silveira,
laband' os seus brancos panos,
o son dos romores vanos
que nacen cá mañanciña,
laba, laba na fontiña
A terra con corpo e alma de muller
Pasa rio, pasa rio,
Có teu maino rebulir,
Pasa pas' antr' as froliñas
Color d' ouro e de marfil,
A quen c' os teus doces labios
Tan doces cousas lle dis
Faladora de seu
Pasan n' aquesta vida
Cousiñas tan estrañas,
Tan raros feitos vense
Neste mundo de trampa,
tantos milagres vellos
tan novas insinanzas
María Mariño
Poeta intimista, moderna e rompedora a un tempo. Nos seus escritos introduce unha rica lingua renovada. Parada do Courel foi un espazo vital de acollida para a poeta nada en Noia. O ano 2007 foi dedicado á súa figura.
María é noiesa, courelá, poeta do agora, sabedora do non sei e traballadora incansable
Noiesa
O meu fogar téñoo en ti:
no teu vivir e nas tres pontes
e das campás os toques,
toques que eran pra min
Courelá
Ládranlle á noite os cas i ela de ben cega o ucedo
Poeta do agora
Hoxe, ¿de quen?
Hoxe: dirán uns.
Hoxe: dirán outros mentras...
mentras reparan no que non hai.
En hoxe todos,
todos damos do fin o paso del
Sabedora do non sei
Eu non sei,
eu non sei son sincera.
Eu sentía un lonxe triste,
eu sentía nel ledicia,
eu quería quedar soia,
eu quería compañía,
¡aquela que eu non sabía!
Traballadora incansable
¡Son aquela!
Son aquela tarde queda
que no serán se chamaba
miña aurora sen cores
chea dun farto rebusco
que en un xordo a min chegaba
Francisca Herrera Garrido
Escritora á que lle foi dedicado o Día das Letras Galegas no ano 1987.
Escritora que posúe unha sensibilidade extrema e prosegue na temática rosaliana en lingua galega.
Soidosa, cantora de mulleres campesiñas, rosaliana, temorosa e galega
Soidosa
Mais o pouco que vos dou, douvos do voso e merezo perdón: dou do que teño
Cantora de mulleres campesiñas galegas
Xa conoscedes a Marta:
Mart'a que nunca chorou!
a que ri d-os desinganos
e bota pecho a-o delor!
Rosaliana
Como o mundo xira e xira,
¡Coulleume a volta do veo!
e levo roupas turbiñas;
e m'acolle un pardiñeiro
Temorosa
Po-la miña vida, tembro:
tembro po-la dos meus pais!
¡Os meus velliños d'a y-alma!
¿Os vou a perder, cicais!
¿Teremos que pasar fame!
Meu mozo... ¡m'esquecerá!
Galega
Querendo un gran poema cantar, dúbidas teño; que se falo galego non me entenden; e a cantar castillán non me comprendo.
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home