jueves, mayo 28, 2015

REFRÁIS DO MES DE MAIO NA REXIÓN DO BIERZO.


REFRAIS DO MES DE MAIO OU DA CRUZ:

por Xabier Lago Mestre,
Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

AO ABEIRO DOS SANTOS DO MES:

“Corre maio polo pan, e detrás vén S. Xoán, e detrás Santa Mariña para segar a gabeliña”
“Polo San Matías (14 de maio), igualan as noites cos días”.
"Polo s. Bernardino (20 maio) quen cavó cavó" (remata o tempo das cavas agrarias)
“o que queira boa coiña, sembrea no menguante de Santa Mariña” (18 de maio)
"Ata pasado S. Xermán (28 de maio) non digasque teñes nin viño nin pan" (polos tempos  loucos maio)


“Maio pardo e San Xoán (xuño) claro”.
"Se vai bon tempo nas festas de Catroventos (polo 1 de maio neste barrio de Ponferrada), as de Flores do Sil están chafadas (na seguinte fin de semana polo mal tempo)".
“Pola Cruz, a viña reluce” (A Cruz son os primeiros de maio).
“En maio queima a vella o tallo” (tronco de partir leña).
"En maio medra o tallo" (Encinedo).
“Pascuas marcíais, famentas ou mortais”.


OS TROCOS DE TEMPO EN MAIO.
“Chova en maio, anque non chova en todo o ano”.
“En maio, na corte trema o cabalo” (recolla de Fernando Bello Garnelo)
“En maio, queima a vella o tallo” (porque aínda hai días de moita friaxe)
“Xaneiro xiabreiro, febreiro muriceiro, marzo airoso e abril chuvioso, sacan o maio frorido e fermoso”.


“Maio pardo e San Xoán claro, sinal de bo ano” .
"Ceo ovellado, solo mollado" (en Teixeira, pola ameaza de chuvias"
“Maio granaio, xuño segaio e xullo maiaio” (referencias mensuais ao gran, á sega e á maia).
“Mes de maio, mes de maio; cando fai calor, a cebada está granada, o centeo anda en flor”
"No mes de maio, mes da maldición, a penas sae o sol xa se pon".
"Perexil de maio, perexil para todo o ano" (tempos de perexil).
"Non quites a roupa ata a Ascensión (14 de maio), e despois quite e pon" (S. Castelao Diñeiro).

O BIERZO CEIBE, MAIO DE 2015.
WWW.OBIERZOCEIBE.BLOGSPOT.COM
WWW.FACEBOOK.COM/XABIERLAGOMESTRE

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home