25 ANIVERSARIO DA BANDEIRA CRUCEIRA DO BIERZO.
NOVA XORNADA COMARCAL DE DEBATE,
Por Xabier Lago Mestre.
Por mor da celebración do 25
aniversario da creación da bandeira do Bierzo tivo lugar unha xornada comarcal
recentemente. O acto comezou coa intervención de diversos políticos que fixeron
as súas reflexiois sobre a nosa Comarca. No caso da coordinadora da Junta de
Castela e León en Ponferrada salientou que a institución comarcal era “la voz
de El Bierzo” e o compromiso da Junta autonómica coa proteción do patrimonio e
a tradición histórica. Por suposto non faltou a mención ao vindeiro Acordo
marco entre ámbalas dúas instituciois que está a piques de sinarse.
Tamén
falou o subdelegado do Goberno central sobre que O Bierzo se sente “orgulloso de
su identidad” e dese “sentimiento de pertenencia”, suliñando que é unha Comarca
con aspiraciones. O presidente da Depùtación marcou esa falla de financiamento
axeitado da Comarca, e eses debes pendentes, casos do parque micolóxico e a
fixación da sede institucional. Na defesa da súa Deputación, velaí o banco de
terras e o servizo de asistencia a municipios. Dixo que o Consello berciano
podería ter a xestión da auga e unha participación nos tributos do Estado. Case
que nada!. Pola súa banda, o alcalde de Ponferrada pediu “no conformarse con lo
logado y más ambición”. Tamén reclamou “construir Comarca de abajo a arriba”,
así como “fortalecer la identidad berciana” contra crear unha comunidade
autónoma de León. O rexidor amosouse a prol de preservar a cultura, coas
variedades lingüísticas.
A seguir,
Jesús Esteban disertou sobre a creación da bandeira Cruceira. Sinalou as dúas
posturas iniciais de debate, a saber, a bandeira aspada máis histórica e a
branquiazul, a popular e do bercianismo político. A desputa era política, entre
a azul, galeguista, bercianista e da dereita, e a colorada, identificada coa
esquerda. Velaí o intento do psoe ponferradino de crear unha bandeira
branquicolorada que fracasara. A solución foi a bandeira de consenso, a
Cruceira mestura da branquiazul e aspada. Fundamental foi a axuda do
bercianismo político na súa difusión social. Até o punto de que Jesús Esteban
recoñeceu a sorpresa da súa consolidación social.
As mesas de
debate foron dúas, a primeira con funcionarios e a segunda con xornalistas. Da
primeira apoiaron a existencia dun espazo propio, incluso dixeron que noutras
comarcas naturais non se ten formulado comarcas institucionais e que a bandeira
é asumida por todos e todas con naturalidade. Tamén estiveron a prol de novas
competencias, casos de basuras, augas, cultura, etc. E pouco máis deu esta mesa
na que faltou dar a voz ao público asistente.
A segunda
mesa, cos xornalistas de diversos medios de comunicación (xornais, dixitais,
radio e televisión) estivo máis interesante porque eles son xeradores de
opinión pública. Deixaron caer que hai descoñecemento social do Consello comarcal,
razón? que as súas escasas competencias non afectan á vida acotío dos
bercianos. O director de elbierzodigital comentou o que muitos xa sabiamos, que
certos mandamases políticos de Valladolid querían recoñecer a Comarca coma
feito político incuestionable, mentres que esa institución non é valorada pola
clase política en xeral. Dende León sempre din que a Comarca divide a provincia
e mailo leonesismo, e o certo é que os políticos de fóra non pudieron coa
presión social e política berciana, polo que tiveron que conceder a autonomía
comarcal.
Outro
representante dun xornal de León indicou que é a única Comarca de Castela e
León, e que “necesita una voz más allá del Manzanal”, non quedou claro se
quería decir, que precisaba do leonesismo político ou que ten que estar nas
Cortes rexionais. Cando non hai oportunidade de preguntar dende o público
restan dúbidas sen resolución. No tema do espazo propio da Comarca, unha
xornalista do Bierzo apostou pola descentralización da Deputación e Junta.
Elbierzodigital dixo que a Junta sempre está atenta á demanda social berciana
porque intranquiliza aos políticos do PP. Recordemos que hai votos en xogo na
luita política que poden consolidar gobernos locais e contrapesos para o
leonesismo. Velaí o intento político foráneo de darmos confianza social ao
Bierzo coas promesas políticas, mais sen ofrecer muita autonomía ao Consello
comarcal. Dende a Tvlocal se comentou que a descentralización trae
desenvolvemento económico territorial, mentres que o centralismo non. Muita
verdade hai nestas verba. O capitalismo tende a concentrar o dito
desenvolvemento nas ciudades (ver Usa, Europa, China e África) mentres que o
rural cada vez está máis abandonado.
Outro locutor
de radio local dixo que a Lei da Comarca é un traxe estreito, por iso apostou
pola reforma desta Lei coa eleción direta. Ademais, indicou que non será doada
a cesión de competencias municipais porque persiste o caciquismo que fomenta a
contratación de traballadores locais que serán posibles votantes dos alcaldes. As
novas competencias foron obxeto de discusión. Elbierzodigital reclamou que os
concellos deleguen as súas competencias, e a supresión das mancomundidades de hoxe.
Ben dito, mais a Junta de Castela e León creou a Comarca e ten a máxima
responsabilidade no desenvolvemento competencial polo seu protagonismo político
e financeiro. Tvlocal amosouse a prol de máis competencias (hoxe son 18), pola
necesaria descentralización, e porque o medio rural vai necesitar máis axuda co
despoboamento e mailo envellecemento (caso servizos sociais). Para un xornal
capitalino falta o Instituto estadístico comarcal para ter unha información
clarexa do Bierzo. Outra xornalista en León teimou na cercanía das competencias
dos concellos aos cidadaos, por iso haberá resistencia á agrupación de
municipios.
Locutora de
emisora local formulou o problema territorial, hai que expor qué quere O
Bierzo, con Galicia ou con León?, un debate sen resolver, e que hai certo
cansazo de reivindicar polas promesas incumpridas. De novo Elbierzodigital
comentou cómo era visto O Bierzo dende fóra. Resulta que sempre lle dicían en
Valladolid que “ya están quejándose los de las montañas”, porque por unha ou
outra cuestión, sempre nos facemos notar os bercianos. A isto engadíu Tvlocal
que temos de reclamar á Deputación e maila Junta CeL un marco competencial máis
amplo, pola “vía beligerante” ou coa “imaxinación”, exemplo do Banco de terras.
No fondo
quedou a idea de que as instituciois superiores non queren ceder competencias
ao Consello berciano. Por iso a necesidade de seguir coa vindicación
autonomista, ademáis da necesaria negociación política. Así pode acontecer nos
Acordos marcos e na nova reforma da Lei da Comarca. No ano 2026 cúmprense 35
anos da Comarca, unha boa conxuntura política para demandar a reforma legal.
Quen pode entender que na Lei de 1991 non se recoñeza a simboloxía berciana,
casos da bandeira Cruceira, o escudo, o Diazo do Bierzo, a capitalidade, lingua
galega, etc. Outro tanto acontece coa iniciativa lexislativa comarcal, o
dereito de participación na elaboración e debate dos proxetos e planes para O
Bierzo, a eleción directa de representates, o financiamento incondicionado,
etc.
O Bierzo, maio
de 2025.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home