domingo, mayo 30, 2021

LAS DANZAS FORNELAS EN LA PROVINCIA DE EL BIERZO.

 


 

AS DANZAS FORNELAS NA PROVINCIA DO BIERZO.

Por Javier Lago Mestre.

            As danzas do val de Fornela, na provincia do Bierzo, teñen lugar no século XXI aínda que se descoñece a súa orixe histórica. O Libro de apeos (deslindes) da localidade de Trascastro (ano 1731) refírese á obriga do párroco de dar unha cañada de viño aos danzantes de procesiois. Posiblemente, ditas danzas bercianas tivesen relación coas danzas da festividade do Corpus que celebraban os gremios artesanais nas vilas na Coroa de Castela, casos de Ponferrada ou Vilafranca. No século XX as danzas de Fornela tiñan relación coas danzas veciñas, casos das galegas, asturianas no val de Degaña (Tormaleo, Vao, Taladrid, Sisterna, etc), Salamanca, etc.

SANTUARIOS E IDENTIDADE VALEGAS.

            Na ampla provincia do Bierzo houbo diversos santuarios que foron obxecto de diversas romarías. Lembremos os casos de Noceda, Bembibre e Congosto no val do Boeza. Outro tanto acontecía no Valdoza coa virxe de Aguiana, en S. Xoán de Palozas coa virxe da Estrela, as romarías na comarca da Cabreira (Virxe do Valle en Llamas, santa Elena en Lomba e señora de los Remedios en Sotillo), o santuario das Angustias en Cacabelos, virxe das Neves en Anllares, Burbia, Moreda, etc.

            Todas estas romarías creaban fortes identidades valegas, como acontecera cos vales veciños de Fornela, Ancares, Degaña, etc. Aproveitando as romarías valegas medraba a conciencia coletiva, relixiosa (romeiros e confrades con insignias), comercial (feiras, tratos…) e civís (participación dos concellos rurais cos seus pendois). Romarías que eran aproveitadas para atraer visitantes lonxanos que viñan do Bierzo chairo, Galiza e Asturias.



AS DESPUTAS ROMEIRAS.

            Resulta lóxico pensar nas competencias relixiosas entre as diversas romarías da provincia do Bierzo. Así acontecía coa edición e venda de estampas coas imaxes das vírxes declaradas patronas (Encina, Aguiana, Congosto, etc). Mais as competencias romeiras podían ser internas. Os concellos participantes nas romarías compiten entre eles por acadar un maior protagonismo, trátase dos conflitos de identidade local. Referímonos ás desputas pola presenza concellil nas romarías (participantes, presidencia nas entradas e saídas dos santuarios, colocación na procesión, pola música máis alta ou polo mellor baile coletivo, etc).

            Gran parte das romarías bercianas tiveron numerosos exemplos de conflitividade interconcellil. No caso das danzas fornelas do santuario de Trascastro participaban varios concellos (Peranzais, Chan, Trascastro, Guimara, Bárcena, Cariseda, Faro e Fresnedelo?), por desgraza varios concellos deixaron de colaborar hai décadas. Estes concellos desputaron entre eles pola preferencia procesional. Foi Peranzais quen máis loitou pola súa posición xerárquíca. En 1735 o cura do val de Fornela denuncia los problemas que houbo, “lo rustico y agenos de política y totalmente denegados de ella que son los feligreses de dicho valle, y que en la festividad de Nuestra Señora de Trascastro”. O texto parroquial continúa “y que a la concurrencia de las procesiones referidas, avia questiones, y quimeras sobre la graduazion de sitios y preferencias, para subvenir a tan conocido incombeniente mando su señoría Yllma por su auto que las procesiones de aquel valle que occurrian sanctuario aquel dia (…)”. Concrétase o causante do conflito, “siendo como a cosa de las diez del día sentí gran ruydo y alvoroto que avian motivado los vecinos de Peranzanes sobre la preferencia y graduazión de sus procesiones y si avía de entrar la primera, o avia de entrar la última sobre estaban devueltos unos con otros atropellando estandartes, insignias y unos hombres a otros, con un total rompimiento sin serme posible ni fácil el sugetarlos a razón escandalizando a la multitud de forasteros que de todas partes concurren en aquel día a dicho sanctuario en romería (…)”.     


                         

CONTROL REAL E ECLESIAL DAS DANZAS.

            La Coroa e maila Igrexa procuraron controlar as mostras festivas civís, como forma de exercer os seus poderes sobre vasalos, súbditos e feligreses. O rei Carlos III en 1771 regulou a presenza das danzas nos recintos relixiosos. Así determinou que “no toleréis bayles en las iglesias sus atrios y cementerios, ni delante de las imágenes de los Santos, sacándolas a este fin a otros sitios con el pretexto de celebrar su festividad, darles culto ofrenda, limonsna, ni otro alguno (…).

            El control eclesial sobre as procesiois rurais fixaba todo tipo de límites (itinerarios, asistentes, duración, etc). No caso da localidade de Burbia (ano 1693), durante unha visita pastoral determina que “ por quanto a su merced a sido informado que el concejo y vecinos de este lugar acen algunas procesiones voluntarias que aora son forçosas respecto a la aprobación y continuación de ellas mismas, manda su merced que de aquí adelante a dichas procesiones asista una persona de cada casa y sea la cabeza mayor y limpien las calles por donde pasare dicha procesión”. Ademais,  os bispos astorganos fixan que os percorridos da romaría non superen a media legua. Isto último empece que poidan participar ativamente concellos e romeiros de lugares alonxados aos santuarios.

 

O Bierzo, maio de 2021.

www.obierzoceibe.blogspot.com



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es