miércoles, abril 02, 2008

INFORMACIOIS LINGÜÍSTICAS DENDE CATALUNYA.


INFORMACIOIS DENDE CATALUNYA DE CARLOS JOSÉ PEREZ TEIJÓN



Outra vez recibimos información variada sobre os procesos de normalización lingüística en Catalunya, Aragón, Asturies, Valencia e Illas Balears, deste descendente de bercianos emigrados.


Nesta ocasión salientamos que a Generalitat de Catalunya se toma moi en serio a protección da outra lingua minorizada, o aranés. Agora sabemos da futura creación dunha Oficina Occitan en Catalunya, coa función de executar o desenvolvemento estatutario do aranés. Dende esta oficina se fomentará a cooperación e coordinación co Conselh Generau d´Arán na promoción do occitano, tanto no val d´Aran e en Catalunya. Tamén se coordinará coas instituciois europeas a aprendizaxe e mailo ensino do occitán. Outra función da dita oficina será a de manter o diálogo cos axentes sociais, entidades ou universidades que traballan na promoción, coñecemento e difusión da lingua. Igualmente informar á cidadanía e ás administraciois catalás en relación coa normalización deste idioma. Todo isto débese a que o aranés ten estatuto de oficialidad tamén en Catalunya, non só no val d´Aran.


O Conselh Generau d´Aran e a Generalitat crean un consorcio para normalizar o aranés. Preténdese así impulsar o uso deste idioma na administración catalá. Procurará a estandarización desta lingua minorizada para acadar a plena normalización social e institucional, neste sentido crearase un traductor on line.


A chamada llengua d´Oc, na súa modalidade gascona que se fala no val d´Aran, acadou a oficialidade a través do Estatut de Catalunya, no seu artigo 6.5 indica, “la llengua occitana, denominada aranés a la Val d´Aran, és la propia d´aquest territorio i oficial a Catalunya”. O conseguido polos araneses coa súa oficialidade será un exemplo vindicativo a seguir polo resto de falantes deste idioma, uns 3000000 de persoas do resto da Occitania. A oficialidade do aranés tamén reforza a identidade aranesa e o papel institucional do Conselh generau d´Aran.


A nivel social tódolos anos organízase a caminata popular Aran per sa Llengua, o 29 de xullo de 2007. Os participantes na andaina levaron as bandeiras coloradas de Aran. Neste acto prodúcese a entraga un premio á mellor labor a prol do aranés. Outro acontecemento é a recollida de cartos para erixir un monumento de 48 toneladas de peso e 6 metros de altura a favor do aranés que se vai traer de Carrara, en Italia, que se vai inauguran por mor do 15 edición neste ano 2008.


Sobre o catalán, comentamos a denuncia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSXC), que se puxo contra una xuíza que instou a $declarar en castelá a un testigo dun crime en Berga. A asociación de Xuristas en Defensa de la Lengua Propia alega a comisión dunha falta moi grave, tipificada no artigo 417.14 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, que sanciona a “ignorancia inexcusable no cumprimento dos deberes xudiciais”. Agardamos pois a sentenza final. Tamén sabemos da edición dun libro de David Pagès, El Català Perseguit, que recolle dende reportaxes xornalísticas ata declaraciois de gobernadores civís contra da lingua catalá.


Con relación a Aragón, sabemos que o seu gobernó traballa xa na presentación do proxecto da Lei de Linguas desa comunidade autónoma que se espera para antes de xuño deste ano. Como ben sabemos na recenté reforma do Estatuto de Autonomía de Aragón non se recolle a cooficialidade do resto de idioma desta comunidade autónoma, casos do catalán e mailo aragonés. Aínda así preténdese regulamentar os dereitos destes falantes. Curiosamente, o catalán de Aragón acada altos niveis de uso informal, o 68%, mentres que no Principat só é dun 52%. Sen embargo, nos ámbitos formais o uso do catalán decae ata un 9%, ao contrario do que pasa no Principat que medra. No estudo que comentamos o 88,8% dos falantes catalans de Aragón afirman saber esta lingua, o que significa que é o territorio de maior coñecemento do idioma dos Països Catalans, isto se debe a que é una zona con escasa inmigración. Na franxa de Aragón a identificación identitaria co idioma catalán é inferior a outros territorios dos Països Catalans. Respecto á escritura en catalán, a Franxa catalana presenta baixos niveis, 30,3%, seguido da Catalunya nord, un 10,6%, e L´Alguer, un 13,6%.



1 Comments:

Blogger nihil said...

pues ya son ganas

3:47 a. m.  

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home