jueves, septiembre 18, 2008

AS ÁRBORES E OS ARBUSTOS EN GALEGO-BERCIANO.


AS ÁRBORES E OS ARBUSTOS EN GALEGO-BERCIANO,

Xabier Lago Mestre, Pte. de Fala Ceibe do Bierzo.



Amosamos as denominaciois das principais árbores e os arbustos da nosa rexión na lingua galego-berciana. Este patrimonio vexetal ten que ser máis valorizado e conservado polo seu alto valor natural.


NOGUEIRA, COUNCHEIRA, NOCEDAL, NOGALEDA, NOCEDA (nogal en castelán). Utilízase a súa corteza para combater o estreñemento, a tose crónica e maila cagaleira, e as súas follas serven para a asma e os cálculos urinarios. Existe A Nogaleda en Penoselo.
HEDRA (hiedra) que serve como purgante provocador do vómito.
GROSELLEIRA (grosellero rojo).
FREIXA, FRESNEDA, FRESNEDO (fresno). Existen os pobos de Fresnedo e Fresnedelo.
OULIVEIRA (acebuche).
SABUGUEIRO (saúco). Existe a paraxe de Sabugueiro en Hornixa.
PICANTRIELLA (cambrón)
SALTAXEBES (madreselva de soto).
PIORNO (piorno), a súa flor é de cor amarela. Localízase no Catoute, Xistredo, As Médulas e Carucedo.
XESTA, XESTEIRA (escoba hornil) tamén de cor amárela. Atopamos topónimo Xestas en Moñón.
XESTA NEGRAL (escoba negra), de cor amárela. Localízase en Valdeprado.
XESTA BRANCA (escoba blanca). Usábase para cama do gando, e teitos das cabanas de pastores.
CARQUEIXA (carquesa). En serras de Xistredo e Catoute, O Carqueixal en Ancares, Carqueixeda en Samprón.
TOIXOS (árgoma) flores de cor amarela.
BUXO (boj).
ERBEDO, MOROGUEIRA (madroño). Temos o pobo de Herbededo, Erbedal en Sanvitul.
QUIRUEGA, QUIRUGA, QUIRUELA, QUIRUÁ (biércol, quiruela) de cor colorada. As súa raiceiras utilizábanse para lume.
URCE MOURA, FURCE (brezo), flor colorada. Servía para combustible e iluminación (lumeiro) da casa, carbón vexetal, fraguas, facer gaitas e fusos de fiar. En conca alta do val do Selmo, As Médulas, Carucedo, Xistredo, Catoute, Montes Aquilanos.
QUEIRUGA DE TRES FOLLAS (biercoal nazacero) de cor morado.
UZ VASOIRIÑA (brezo de escobas).
QUIRUGUIÑA, QUIRUGA MACHO (biercol temprano) de cor morada.
XARA, ESTEVA (jara pringosa).
CARPACIÑA, CARPAZA MOURA (estepa vaquera).
CHAUGAZA (chaguazu).
ROMEIRO, RUMEU (romero), de cor colorada.
CARBALLO (roble). Os seus bosques chámanse carballeiras. Temos en Ancares O Carballal e Carballín, Os Carballiños en Cabeza de Campo, Chao do Carballal e O Carballón en Burbia, Os Carballinos de Vilarbón.
REBOLO (roble marojo). Existe O Rebolón en Os Mazos, A Reboleira de Teixeira en A Braña de Valboa .
REBOLO BULIÑO (roble carballo o fresnal). En Valdeprado.
BIDUEIRO (abedul), madeira para facer galochas.
AMIEIRO (aliso), localizamos árbores en Perexe.
ABELEIRA (avellano).
LAMAGUEIRO, LLAMERU, LLAMEIRU, LLAMEIRA (llamera o olmo de montaña), madeira utilizada para carros e muíños. As súas follas serven de alimento de gochos, forman porquerizas ou cortellos para refuxio destes bechos.
FIGUEIRA (higuera). Atopamos o topónimo Filgueiras en Cabarcos.
MORAL (moral), madeira para facer mobles, carros e tonéis de viño pola súa alta resistencia. Existe Moral de Valcarce.
LOUREIRO (laurel) de moito uso na cociña de alimentos.
CARUEZU, CARUEZAL (maillo).
PEREIRA BRAVA (piruétano).
SORBEIRA (guillomo, jerbo). Existe Sorbeda en Páramo do Sil.
CAPUDRE (cerbellano).
MOSTALLO, RAÑA (mostajo).
LOUREIRO (loro, azareno).
SILVA, AMOURAL (zarzamora). Temos Silvaredo en Oencia.
A GUINDAL (guindal).
SILVEIRA (zarza).
ACIÑEIRA, ENCIÑA (encina).
ABRUÑEIRO (endrino).
GAVANCEIRA (escaramujo, agavanzal).
CHOPO, abundante nas ribeiras dos ríos bercianos.
ÁLAMO.
ULMEIRO (olmo), case que desaparecido no Bierzo pola enfermidade.
SALGUEIRO (salce).
CORNALLEIRA (cornicabras).
PRADOIRO, PRADAIRO (prádano).
ESPIÑEIRO (escambrón branco).
PARREIRA (parra).
TEIXO (tejo). Abundantes en Teixedo, Teixeroa en Ancares, Teixadal de Burbia, Teixadal de Canteixeira, Teixo de S. Cristobal de Valdueza.
NEBREIRA, XINEBREIRA (enebro). Nomeado como Fuseira por servir para facer fusos para filar.
FAIA (Haya). Temos o Faixal de Busmaior. Madeira utilizada para facer xugos e arados.
CASTAÑEIRO (castaño), as concentraciois desta árbore forma o Souto. Serven as súas follas para forraxe, castañas de alimento humano ou animal, a corteza para curtir e como medicina astrinxente. Tipoloxia da castaña berciana: Courela ou negral (grosa), rapada, raigona, ,galega ou parede e brava (silvestre). En Vilafranca chamábanse mamucas (castañas cocidas con nébeda) botadas dende a torre da igrexa á xente, os que as recollían prometían rezar unha oración polo defunto por cada mamuca comida. Existen Souto dos Marcos en Portela de Aguiar, As Castañais en Oencia, Castañoso en Valboa, Soutelo, Paradadesouto e Soutoparada en Trabadelo.
XARDÓN, XARDONAL, ACIVRO (acebo). Localizadas en devesas con pastos.
ZUFREIRO (alcornoque). Zufreirais en Vilafranca, Sta. Ana de Cabanas Raras, Pombriego, Santalavila, etc. Ulilizado para facer colmeas.
MORTEIRA son os montes vellos, orixinarios, situados na cabeza dos vales. A toponimia localiza Morteiros no val de Ancares, Morteiro ao norte de Suertes, A Morteira en Os Mazos, Murteira en Burbia.

O Bierzo, setembro de 2008.
http://www.obierzoceibe.blogspot.com/