FITOTERAPIA NA REXIÓN DO BIERZO EN GALEGO-BERCIANO.
FITOTERAPIA NO BIERZO: O PODER CURATIVO DOS VEXETAIS,
Por Xabier Lago Mestre, colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
Por Xabier Lago Mestre, colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
Neste traballo queremos facer unha relación de vexetais do Bierzo e describir o poder curativo de cadaún deles. Cando non había médicos nos pobos era moi común aproveitarse dos vexetais para atopar remedio ante as enfermedades dos humanos e dos animais. Así pois a etnobotánica, é dicir, a sabedoría popular das plantas pode ofrecernos interesantes datos de medicina tradicional. Modestamente intentaremos eiquí aproveitarnos destes coñecementos labregos.
FREIXO, PULLEIRO (FRESNO). A cocción da cortiza desta árbore seve para baixar a febre e alivia os problemas dixestivos.
ACIBO, XARDÓN (ACEBO). A infusión das súas follas ten propiedades antirreumáticas, baixa a febre e son diauréticas. Pero hai que ter moito coidado coa dose e coas baias coloradas que poden provocar náuseas e vómitos.
ROMEU, ALECRÍN, ROSMARIÑO (ROMERO). Machucar follas, deixar repousar tres días e filtrar despois. Podemos facer gargarismos, friciones de alcol de romeu e compresas con auga quente.
SALGUEIRO (SAUCE). Baixa a febre, acción sedante e desinfectante. Tómase mediante infusioIs de flores secas.
FIGUEIRA, BREVEIRA (HIGUERA). O preparado de masa pódese aplicar sobre a chaga. A cocción de figos secos é boa para a gastrite, farinxite e bronquite. O leite de figos que se desprende das súas follas resulta para os callos e verrugas.
HEDRA, TREPADEIRA, AREIRA (HIEDRA). Vale como anestéxico e cicatrizante. O seu uso interno é perigoso pola súa toxicidade.
ABELOURA, HERBAS DAS FERIDAS (HIPÉRICO). De flores amárelas, as follas xorden perforadas. Uso interno como infusión. Uso externo do seu aceite para queimaduras e chagas.
LIRIO (AZUCENA). O seu aceite utilízase para as queimaduras e eccemas.
LOENDRO, ALOENDRO (ADELFA). Pola súa toxicidade non se recomenda uso oral. En pomada serve para combate a sarna.
ULMEIRO, LAMAGUEIRO (OLMO). Actúa contra os eccemas da pel, furúnculos e herpes.
SABUGUEIRO, BIEITEIRO (SAÚCO). As flores empréganse como enxuagues e gargarismos, tamén para catarros e resfriados.
TOMIÑO, TOMELO. TOMENTELO (TOMILLO). Uso externo para enxuagues e gargarismos. Cataplasmas mediante envoltorio de follas e flores para aplicar en zona dorida.
OUREGO, ARIOGA, EIROGO (ORÉGANO). Boa para trastornos dixestivos de orixe nerviosa. Actúa contra as afecciones respiratorias e dores musculares. Uso externo mediante vafos, fricciois e cataplamas.
BERZA, COIA (COL). Produce efectos antiulcerosos, diuréticos e cicatrizantes.
LOUREIRO (LAUREL). Facilita a dixestión mediante infusióis. O seu uso externo, coa manteca de loureiro, actúa como bálsamo antirreumático.
POEXO, POEGO, MENTÓN (POLEO). Serve para enxuagues bucais. En infusión actúa como tónico dixestivo.
AMENEIRO, AMIEIRO, SAMOEIRO (ALISO). Uso externo, mediante cocción de follas, para enxuagues e gargarismo, ou en compresas. Actúa contra enfermidades febrís, úlceras varicosas, chagas e feridas.
CASTIÑEIRO, CASTAÑEIRO (CASTAÑO). A cocción de corteza e follas para gargarismos, calma a tose e curta a diarreira.
FENTO, FIEITO (HELECHO). Ataca os parásitos intestinais.
FAIA (HAYA). A súa madeira é medicinal ao actual contra a colite e diarréa. A corteza é astrinxente e axuda a expulsar os parásitos intestinais.
NOGUEIRA, CONCHEIRA, NOCEIRA, CARROLEIRA (NOGAL). A infusión de follas é astrinxente (trastornos dixestivos), antiséptica e tonificante.
LIÑO (LINO). Contra o estreñimiento e rexera a flora intestinal. Aplícase o oleo de linaza sobre a pel afectada.
MACEIRA, MAZAERA, BOULLEIRO (MANZANO). O seu emprego pode ser en manzás cruas, xugo, cocción de corteza, cocción de flores e follas. Propiedades antidiarreicas, laxante, diurética, depurativa, tonificante e equilibradora do sistema nervioso.
SILVA, SILVEIRA, XIBARDA (ZARZA). Mellora as emorroides e corta as diarreiras. Aplícase en compresas, baños de asento, enxuagues e gargarismos.
ERBEDO, ERBEDEIRO (MADROÑO). Os seus frutos consúmense fresos ou en marmerada. As follas e corteza resultan un bo antiséptico urinario e astringente.
BIDUEIRO (ABEDUL). Alivia os cólicos de riles. Tómase en infusión de follas, cocción de corteza, ou savia diluída en auga.
CARRASCA, CARPAZA, QUEIRUGA (BREZO). Diurética, astrinxente, antiséptico urinario, diarreas.
XENEBRO, CIMBRO (ENEBRO). O seu aceite úsase de diurético e expectorante.
FABA, XUDÍA, FEIXÓ (JUDÍA). Diurética e antidiabética.
CERDEIRA, XIREREIRA, GAROUBEIRA (CEREZO). Para inflamación de vías urinarias, estreñimiento, artrite e obesidade.
MILLO, MAÍNZO, MILLEIRO (MAÍZ). Contra inflamación de ril, vexiga urinaria e cólicos.
O Bierzo, febreiro de 2011.
http://www.obierzoceibe.blospot.com/
http://www.obierzoceibe.blospot.com/
<< Home