PEDALEANDO POLA COMARCA DA SOMOZA BERCIANA (1ª PARTE)
PEDALEANDO POLA COMARCA DA SOMOZA BERCIANA (1ª PARTE),
Por Xabier Lago Mestre.
falaceibe@yahoo.es
Outra saída en tren mañaneiro da estación de Ponferrada para ir ata Toural dos Vaos. Chegados á outra estación, mentres baixamos a bici outros viaxeiros suben cara a poboacióis de Galiza. Montamos o noso cabaliño mecánico e avanzamos para Vilafranca, deixando á dereita os fornos de Cosmos, que pretendían convertelo en incineradoira contaminadora. Por sorte os bercianos respostamos nas rúas e nos tribunais, e paramos a desfeita antiambiental.

Atravesamos Parandois, na estrada atopamos coellos mortos, a praga do viñedo berciano na actualidade. Os cazadores xa se están organizando para facer batidas contra os numerosos animais. Tomamos o desvío, tras ver o letreiro da “calle la corredoira”, mestura castelá e galego, e entramos en Vilela. No rueiro vemos dous placas xuntas, “calle la Capilla” e “calle la Capela”. O dito, especial mestura de linguas, que sempre prexudica á lingua territorial galega. Pequena suba ata a estrada nacional VI, cruzámola con precaución, e entramos en Vilafranca. As primeiras persoas que vemos son madrugadores peregrinos a pé ou en bici. Cruzamos veloces a vila, o fermoso parque da Alameda á dereita, para atravesar o Burbia polo seu viaducto. Debaixo as tendas de campaña, onde dormen aínda os visitantes do festival musical.
POLO CAMÍN ANTIGO DE PRADELA.
Tras pasar a dita ponte, de inmediato, á esqueda, subimos a costa de Pradela, deixamos pois a rota doada do Camín de Santiago pola dereita. Nosoutros agatuñamos a montaña con moito esforzó, noso e da bici. Dende logo que o tempo nubrado con baixa temperatura axuda moito, pois estamos a 16 de xullo. Ademais desfrutamos da abundante natureza e das vistas. Cada parada serve para tirar novas fotos de Vilafranca que queda atrás e abaixo. O impoñente cerro da Rapiña, á esquerda, despois Chao Novo, Fontaes e Ucedo á esquerda. Cerro do Real, ao outro lado, co seu regueiro do mesmo nome. Para quen non o saiba estamos facendo un camín tradicional, alternativo ao clásico e turístico polo val de Valcarce. O silencio e maila soidade invádennos e permite a reflexión íntima dos viaxeiros.

As vistas son impresionantes porque, á esqueda, no fondo do val, o río Valcarce xunta á autoestrada Rías altas. Por diante, O Herbedal, Rodivides e, máis adiante, A Pena de Roldán, lembrando ao guerreiro mitolóxico. Por fin, diante de nós un primeiro peregrino. Curioso é que va sen mochila, un chisco sospeitoso ¿non si?. Saúdo protocolario pola nosa parte porque temos présa, restan moitos quilómetros por diante. Deixamos de subir para atopa agora a dúas alemanas, descubertas polo idioma e acento característico. “Please, I go…” berramos a toda velocidade, déixannos pasar sorprendidas ante a nosa presencia traseira. Por fin, atopamos de nova árbores, tralas desfeitas dos fogos forestais anuais. Maravilla de soutos, moi ben coidados polos seus propietarios, incluso con novas plantacióis nos clareos, sustituíndo árbores mortas. Entre a vexetación abundosa albiscamos xa Pradela.
O Bierzo, 16 de xullo de 2011.
<< Home