martes, octubre 02, 2012

VOCABULARIO TRADICIONAL BERCIANO (1ª PTE.)



VOCABULARIO TRADICIONAL BERCIANO
RELACIONADO COA ORGANIZACIÓN AGROGANDEIRA.
por Xabier Lago Mestre,
do colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

BANDO, anuncio da autoridad, normalmente dos concellos bercianos.
BOUZAS, terreos rozados ou roturados nos montes. Eran traballados en común polos viciños e despois repartidos entre eles por sortes ou quiñóis.
COMUÑA, contrato de aparcería con utilización de gando (vacas, bois, cabalos, mulos...).
CONCELLO, xunta de viciños e tamén equivale á palabra castelá ayuntamiento.
FERIDO, agrupación de regantes e tamén equivale a tempos ou quendas de regos.
LUTOSA, tributo señorial que pagaba á morte do titular do predio polo seu fillo.
MARCO, lindeiro entre predios ou fincas. Nas aldeas había viciños especializados en fixar  os marcos do territorio.



DERRAMAS, repartos tributarios entre os viviños para pago de impostos reais ou señoriais. Previamente se elaboraban os padróis para coñecer el número de viciños por rúas ou aldeas.
CONFRARÍA, CONFRADERÍA, reunión de viciños por diversos motivos, religiosos, gremiales...
CASAR, CASAL, CASARÍO, casa que ten a súa explotación agrogandeira.
HERBAXE, tributo señorial ou concellil que se pagaba polo pasto de gando (rabaños, piaras, vaquerías...).
FACEDEIRA, traballo comunal dos viciños dunha aldea en infraestruturas (pontes, camins...), apagafogos forestais, limpeza de canais de rego, despexar neves...
FOROS, contratos agrarios de longa duración que se establecían entre vasalos e señores.
PARCEIRO, traballador de terras ou coida gandos doutra persoa, repartindo parte das gañancias.
ROBRA, ROBLA,  acordo do contrato de compravenda. Consiste na convidada dun vaso de viño entre os asistentes á transación.



VEDRAÑO, veterano que actúa como testigo de confianza nos preitos contenciosos.
PREITO, PREITEAR, contenciso que se identifica coa palabra castelá pleito.
QUINTERÍA, tributo que consistía no pago da quinta parte dos froitos. Tamén se refire a explotación agrogandeira.
SERNA, SEARA. Trátase dunha prestación persoal obrigatoria para o señor feudal, realizado mediante traballos nas terras do poderoso, caso das cavas nas viñas.
VIGARIO, vicario ou xefe pedáneo das xuntas veciñais.
TOQUELUME, toque de alarma ante un fogo, sexa forestal, no casarío ou labradío.

CONTINUARÁ...

O Bierzo,outubro de 2012.

http://sites.google.com/site/obierzoxa
http://www.facebook.com/xabierlagomestre
 www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es