A DEFENSA DO MONTE
BERCIANO,
Por Xabier Lago
Mestre.
Este traballo comeza cun recordo
para o noso monte ponferradino emblemático do Paxariel. Recentemente un
desalmado provocou un novo lume nas súas ladeiras. Unha vez máis neste verán os
bercianos asistimos atristurados a ver como as chamas roxas remataban coas
árbores, matoeira e demás patrimonio vexetal e animal. De pouco serviron as
patrullas de voluntarios ciclistas que vixilaron o dito monte durante meses.
Dende logo non hai quen poida co aloucado incendiario que ataca todos os veráns
sen xeito. Velaí que xa se fale de colocar cámaras de videovixilancia para
poder localizalo o vindeiro verán.
A ALDEA BERCIANA DOS MAZOS.
Os
bercianos de ben pouco podemos facer por evitar eses desastres. Quizais
concienciar máis á poboación, mediante escritos coma este, sementar as zonas
queimadas, coidar máis o monte durante as nosas andainas, evitando botar lixo, non
contaminando acústicamente, nin cazando animais, nin estragando a flora de fóra
dos carreiros e sendeiros, entre outras actividades cívicas co Paxariel.
OS DANOS ABIÓTICOS DO MONTE.
O
monte berciano en xeral é un espazo delicado, máis alén dos lumes forestais.
Referímonos a que sofren dos danos chamados abióticos, os que teñen relación
coa prolongada sequedade ambiental que reduce considerablemente a humidade da
terra. Todo isto afecta gravemente ás árbores permitindo que proliferen as
pragas bacterianas.
Pola outra
banda, nesta categoría de danos abióticos contamos co exceso de densidade
vexetal do monte berciano pola falta de limpeza. A parte das árbores temos
moita matoeira que crea un combustibe a ras que favorece a rápida extensión dos
lunes forestais. A limpeza desta matoeira esixe moitos cartos públicos que
escasean en época de crise como a que sufrimos. En tempos pasados o monte era
moito máis aproveitado polos propios viciños das aldeas. O monte formaba parte
da economía complementaria das familias pois del tiraban leña o uces para os
fogares, estrume para os eiros, cortiñas ou cortes, follas para alimento de
gando, cogumelos outoñais para a alimentación humana, herbas coma menciñas, corcho
para tapóns, froitos (castañas, piñóis, belotas…), madeira para facer casas,
pedra para pontes, lousa para tellados, carbón vexetal, ocupacióis temporais de
labradío con queimas controladas mediante facedeiras en bouzas, rozadas, searas…
A principal labor de limpeza facíana el pastoreo de gando maior (bois, vacas,
cabalos…) ou menor (piaras de gochos, rebaños de ovellas, cabras…). Así ata as
altas brañas bercianas chegaban incluso as ovellas meiriñas de Castela e
Estremadura, e as cabras eran as encargadas da limpeza de camíns porque comían
os vexetais máis expiñosos. Por desgraza, a gandeiría berciana está sendo
reducida tamén drásticamente.
OS DANOS BIÓTICOS.
Por
desgraza cada vez son máis agresivas as bacterias que atacan mediante pragas as
nosas especies vexetais autóctonas. En parte el cambio climático favorece a súa
proliferación sen xeito. Igual diezman os piñeiros que os castiñeiros ou as
árbores frutais da chaira (maceiras, pereiras…) provocado sucesivas alertas
fitosanitarias. A loita contra estes axentes patóxenos esixe unha cara
investigación en laboratorios especializados e lonxanos que se concreta en la
elaboración de feromonas, dentro da chamada biotecnoloxía. Non resulta extraño
apreciar visualmente os efectos dos seus ataques, decoloración das follas,
desfoliación da parte baixa das árbores, o cancro nos castiñeiros, a seca total
dos piñeiros, etc.
Por
iso cada novo estudo fitosanitario esixe máis complexidade para ter en conta
diversos factores, altitude, litoloxía, solo, pendente, vexetais afectados,
geoformoloxía ou a exposición solar (solaina ou umbría), rede hidrolóxica
(ríos, regueiros…), poboamento humano (cidade, vilas, aldeas illadas…), etcétera.
OS COIDADOS FORESTAIS.
A
necesidade de maior protección dos nosos montes bercianos provoca grandes
cambios na paisaxe con novas infraestruturas. Así temos a apertura de numerosas
pistas forestais ou devasas (cortafogos) nas pendentes ladeiras. O grande
problema que ten o monte berciano é o do seu aproveitamento axeitado. Os baixos
prezos forestais prexudican a súa explotación, tanto da madeira, resina de
piñeiros, castaña dos soutos… Todo isto provoca que os propietarios non
invistan no monte, sobre todo na súa conservación mediante sembras,
plantacióis, desbroces, clareos, podas, eliminación de residuos, cortas de
entresacas e a matarrasa e demais. A isto engadimos o problema social, referido
á despoboación, emigración, envellecemento dos propietarios sen intereses a
medio prazo, minifundismo (excesiva división das propiedades), etc. E maila xa
comentada falta de gandeiría que limpe parte da vexetación que nace sen control
nos montes bercianos.
Para
rematar comentar que non estaría mal que os urbanos tomemos unha actitude máis
activa en defensa do monte berciano. Animamos a todos a gardar as sementes das
froitas que comemos nas casas para logo, durante as nosas excursióis polo
monte, plantemos esas sementes nas parcelas queimadas. Dende logo que moitas
desas sementes non sairán pola falta de coidados axeitados, pero outras seguro
que si e así axudamos á rexeneración do monte berciano. Grazas anticipadas.
O Bierzo, setembro de 2012.
www.obierzoceibe.blogspot.com
http://sites.google.com/site/obierzoxa
http://www.facebook.com/xabierlagomestre
www.twitter.com/obierzoxa
http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
1 Comments:
...en vez de "rexión", millor bisbarra
d:D´
Publicar un comentario
<< Home