ANDAINA LONGA ENTRE TOURAL E VILAFRANCA
BARRIO DA VEIGA DE PARADELA DO RÍO
ANDAINA LONGA ENTRE
TOURAL DOS VAOS E VILAFRANCA,
Por Xabier Lago
Mestre, colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
Principiamos a nosa andaina na
vila de Toural dos Vaos co ánimos de chegar a media xornada a Vilafranca do
Bierzo. O paseo non será breve porque non facemos o treito curto por Parandois
e Vilela. Queremos desfrutar máis da paisaxe e do noso esforzó compartido. Por
iso tomamos a estrada para o barrio da Veiga, no vello camín para Galiza xunto
o río Sil. A rúa principal amosa fermoso casarío rural. Cruzamos a ponte sobre
a vía do ferrocarril para Monforte. Tiramos para enriba, cara a Paradela do
Río, curioso nome para unha poboación que ten un pequeno regueiro chamado do
Marco. Atopamos un sinal tachado na estrada PARADELA DEL RIO (LA VEGA).
Supoñemos que viciños do populoso barrio da Veiga non aceptan de bo grao
depender dun pobo máis pequeno ca eles. Paradela do Río ten recoñecemento de
ente local menor e conta conta con varios barrios, casos de Peón e Penedelo,
que agora dependen todos do concello de Toural dos Vaos tras segregarse de
Corullón.
Trala
suba chegamos a Paradela do Río, onde nos recibe a ermida de San Roque. Varios varios viciños nos informan oportunamente do
camín a coller para a lonxana paraxe que chaman A Fastia. Durante a agradable
conversa nos contan do amplo territorio da entidade local menor que atravesa o
río Sil en Peón. Presumen dos montes que teñen e que moitas terras foron
repartidas entre os seus viciños hai anos xa. Tamén nos contaron que na xeira
das mallas, varias familiar compartían airas para o obter os grans do centeo.
Entre todos lamentamos a pretensión do Goberno central para suprimir os entes
locales menores.
IGREXA DE PARADELA DO RÍO
POLO CAMIÑO DOS GALEGOS.
Deixamos
aos bos viciños de Paradela para continuar coa suba polos montes. Tomamos o
antigo camín dos galegos, porque por eiquí baixaban xornaleiros galegos do
Courel para a sega en Castela e pradoiros do Bierzo, ou para facer labouras
viñateiras (podas e recollidas de uvas). En referencia á parada que facían os
xornaleiros temos o pobo Paradela. Máis aló, outro fito, Cerro Galegos, de 818
metros de altitude.
Nosoutros
seguimos adiante pescudando a rica toponimia galego-berciana. Airola, Terra do
cabo, Valdeporco, A Pedreira, A Filgueira… agatuñamos a ladeira. Moitas terras
centeneiras abandonadas e cubertas de uceiras. Pola dereita, ao lonxe o cerro
Sufreiral, acompañado da paraxe do Carcaixedo, no Valdomar. Pola outra banda,
ao cerro Serriña (719 m.) segue a Coroa (722 m.). O topónimo Entrecarrúas fai
referencia ao paso dos carros tradicionais por esta corredoira, cheos de toxo
para as cortes ou centeo para as mallas.
Vemos os intentos dos viciños por plantar árbores de froito doce,
cerexais, maceiras… que intentan recuperar estes pagos abandonados. Oxalá que
as xeadas non fagan desfeitas.
SOUTO DA PARAXE DA FASTIA
Adiante
Pena Tallada. Pero non deixamos de mirar para a dereita. A grande canteira no
val de Navalín é impresionante, come a ladeira e racha a tranquilidade visual
da paisaxe. Xunto a ela o expresivo topónimo Caleiros. Comeza a abrirse o val
por Aira da lebre. Preside todo o pico da Serra d´Alba. Vaia vistas do amplo
val do río Selmo coas súas aldeas. Agatuñamos polo Reventón ata A Fastia entre
fermoso souto. Baixamos por Escaleiros para o cruceiro de diversos camiños
tradicionais do Bierzo oeste. Debaixo o Lameiro de Podamio. Nosoutros tomamos a
dirección de Corullón.
VAL DO REVODAOS, CAMÍN DE CORULLÓN
BAIXADA PARA A VILA DE CORULLÓN.
A
ladeira esqueda o profundo val do regueiro Rebodaos amosa unha boa estrada. O
dito val está cheo de vexetación arbórea que descende para a chaira do Bierzo
baixo. O esforzo final é compensado pola boa visión natural. O maxestuoso cerro
da Coruxa (824 m.), co seu Castañedo, dan presencia ante tanto fogo forestal
pasado. Adiante o cerro dos Mouriños pero nosoutros atallamos para Corullón
polas paraxes de Banín e Pedredo por mor dunha corredoira con forte descenso
entre viñas e cereizais cos seus froitos tentadoiros. Xa temos ante nós o
Castelo e mailo casarío da vila. Integrámonos nos seus barrios para dar a parar
ao seu colexio público, o cal tivo un protagonismo especial na toma de
conciencia pedagóxica do galego entre o seu alunado. Non deixedes de visitar as
súas importantes igrexas de S. Esteban e S. Martín. Pola boa estrada, debaixo
do Cerro da Silva Redonda, tiramos para o casarío de San Fiz. Bos días!, varias
viciñas de Corullón volven cargadas coas compras diarias. Ante nós a impoñente
obra de inxeñería dos túneis da autoestrada e Vilafranca.
Na
primeira rúa do Salvador, as típicas discusióis entre conductores pola
preferencia de paso. Por sorte todo ten solución. Pasamos a ponte do río
Valcarce coas súas limpas augas no fondo. Recordos de infancia na rúa
Concepción, de bo corte de sastre e mellor olor de panadeiro. Na ponte do río
Burbia moitos peregrinos estranxeiros tiran fotos de Vilafranca. Todo o público
vai para o xardín da Alameda. Decenas de casetas de variadas vendas por mor da
feira de Santiago. Xa non hai gandos como antaño. Case non hai xa apeiros de
labranza que vender. Agora roupa de presuntas marcas, cestas de mimbre,
xoguetes para neniños, doces caseiros, fundas para móbeis, bandeiras de España,
cedés de música, camisolas musicais, artesanía. Hai moito para mercar, máis
xente que mira e quizais poucos cartos. Subimos pola escalinata de San Nicolás
para tirar as mellores fotos das amplas panorámica dos toldos da feira. Os
olores das tradicionais pulpeiras enchen e mestúranse co festivo ambiente. Elas
saben facer bo negocio, xunta á Colexiata e mailo Campo baixo, cos altos prezos
dos polbos que compiten cos de Carballiño. Por todo isto os peregrinos
desfrutan máis da pequena Compostela a tope.
O Bierzo, agosto de 2012.
http://www.facebook.com/xabierlagomestre
www.twitter.com/obierzoxa
http://www.blogoteca.com/obierzoxa
http://obierzoceibe.wordpress.com
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
www.ponferrada.org
www.partidodelbierzo.es
4 Comments:
La iglesia de Corullon que se muestra en la foto es la de San Miguel y no San Martin, las viñas y fincas que quedan por encima de esta iglesia si se les denomina San martin, es como se le llama a esa zona, cada zona de fincas que hay en el pueblo tiene un nombre.
La iglesia de Corullon que se muestra en la foto es la de San Miguel y no San Martin, las viñas y fincas que quedan por encima de esta iglesia si se les denomina San martin, es como se le llama a esa zona, cada zona de fincas que hay en el pueblo tiene un nombre.
La iglesia de Corullon que se muestra en la foto es la de San Miguel y no San Martin, las viñas y fincas que quedan por encima de esta iglesia si se les denomina San martin, es como se le llama a esa zona, cada zona de fincas que hay en el pueblo tiene un nombre.
La iglesia de Corullon que se muestra en la foto es la de San Miguel y no San Martin, las viñas y fincas que quedan por encima de esta iglesia si se les denomina San martin, es como se le llama a esa zona, cada zona de fincas que hay en el pueblo tiene un nombre.
Publicar un comentario
<< Home