POLA VILA DA PONTE DOMINGO FLÓREZ
POLA PONTE DOMINGO
FLÓREZ NA ENTRADA DA CABREIRA,
Por Xabier Lago
Mestre
Recíbemos o pobo galego de
Quereño. Esta poboación é dende finais do século XIX, cando chegou o primeiro
tren a vapor, a saída ferroviaria das xentes da Cabreira Baixa. A uns metros a
man esquerda atopamos a ponte sobre o río Sil que separa os concellos viciños
da Rubiá e da Ponte Domingo Flórez. Pola veiga do Sil xorden casas dun barrio novo
mentres avanzamos cara á zona vella. Na moderna Casa do concello xorden as tres
bandeiras, iso si, coa leonesa e sen a berciana. As zonas periféricas procuran
reafirmar a súa identidade provincial fronte aos seus viciños galegos, non
vaian ser acusadas de confusionismo identitario.
Vemos
carteis nas paredes que avisan dun festival gaiteiro, grupos de Galicia,
Asturias e O Bierzo. Que mágoa non poder quedar ás celebracióis da noite de S.
Xoán onde seguro que haberá fogueira purificadora. A nosa andaina lévanos ata o
barrio da igrexa, onde hai un pazo moi fermosiño. Na espadaña do edificio relixioso
vemos a lápida dos caídos por José Antonio Primo de Rivera e pola Patria. A
igrexa sen teito parece estar en reconstrucción. Agardemos que cando rematen a
obra se leven de alí a dita lápida franquista. Baixamos pola rúa real para a
ponte que cruza o río Cabreira. Tras pontealo, tiramos para a esquerda, subindo
pola rúa As Nogais, onde hai unha ringleira de casas que se utilizan como
adegas. Estas teñen moita actividade durante as fins de semana grazas ao lecer
bebedoiro.
A
vila da Ponte Domingo Flórez é un concello no que se integran os pobos de S.
Pedro de Trones, Salas da Riveira, Yeres, As Veigas de Ieres, Robledo de
Sobrecastro e Castroquilame. Estamos en territorio galegofalante e isto nótase
ben na toponimia da contorna. Como feito curioso, a fines da década dos 90 do
século pasado, a xunta veciñal das Veigas de Ieres reclamou o seu nome en
plural fronte ao oficial Vega, iso si, en castelán Vegas. Tamén temos S. Pedro
de Trones, que ten outra pronuncia tradicional en galego (troes, máis pechada
en -is). A nosa norma é recuperar a toponimia tradicional en galego-berciano
aínda que algúns nos poidan criticar por este exercicio de liberdade cultural
autóctona. Despedimos a nosa estadía na Ponte recordando que foi vila de
feiras, celebradas o día 4 de cada mes, onde se vendían gandos, grans (centeno
principalmente) e lenzos coñecidos como Vierzos.
AGATUÑANDO PARA SAN PEDRO DE TRONES.
Á saída da
vila vemos aló enriba da montaña o noso seguinte obxectivo, S. Pedro de Trones.
Este pobo xorde acurralado polas grandes canteiras de lousa que xorden
ameazantes sobre o seu casarío. Canteiras que trouxeron traballo aos seus
viciños e tamén moitos cartos para a súa xunta veciñal. Por iso o pobo xorde
ben comunicado por estrada por mor do transporte de lousa. Andaina chea de boas
imaxes vexetais e paisaxísticas. Deixamos atrás a toponimia, As Nogais e
Nogaliña, clara referencia ás árbores, para virar e entrar no val do regueiro
das Canteiras. O bo firme da estrada Le 191/13 facilita o noso continado
ascenso. Un tellado de lousa anuncia a ermida da Estrela. Novo edificio
relixioso froito dos cartos mineiros. Nomes galegueiros en Teiro, Poulón, A
Poula (antigo terrádego do centeo), Pousadela, Rideira pola zona norte.
Chegamos a S. Pedro de Trones, polo seu barrio de Carballeda. A nova estrada de
circunvalación, pola esquerda, facilita un acceso ao casarío sen tanta costa. Un fermoso
miradoiro, acondicionado moi ben con fonte fresquiña, protector tellado, mesas
e bancas, permite o axeitado descanso e acougo. Vaia vista do val do río
Cabreira ao fondo!. Tiramos fotos por todos lados do noso fermoso horizonte
paisaxístico. Un sinal avisa da fonte de Gumeiros máis adiante pero nosoutros
por hoxe xa temos abondo. Da conversa cun viciño sabemos que hai boa estrada
para Robredo de Sobrecastro. Pero deixamos este percorrido alternativo para
outra xornada de fin de semana.
Arrodeando o
pobo desfrutamos tamén da ordenación territorial polos viviños. As paisaxes
eiquí ten fermosos nomes, Lagoroz, Fresno e aló Logazos. Para topar despois
Foxo, Casarois, Pomar, Cancela, Filgueira máis enriba Chao de Rubio e Retela,
todo isto polo sur. Outros tantos cara ao val das Canteiras, Decaro, Val de
novo, Chao de Cruz, Pousadela (lugar de descanso), Fontiña, Reitoría, vinculada
á ermida da Estrela, e Treitoiro, que se relacionaba con madeira cortada lista
para transportar. Por desgraza os bosques xa hai tempo que desapareceran, pero
restan as referencias toponímicas xa vistas. Máis na pendente ladeira as
escombreiras superiores cubren moitos dos antigos pastos onde pacerán os gandos
comunais. A verdade é que eses lixos de lousa non deixan de medrar e xorden
ameazantes cada día máis.
O Bierzo,
xullo de 2012.
www.obierzoceibe.blogspot.com
http://sites.google.com/site/obierzoxa
http://www.facebook.com/xabierlagomestre
www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa
http://obierzoceibe.wordpress.com
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
www.ponferrada.org
www.partidodelbierzo.es
www.todobierzo.com
www.elecodelbierzo.es
2 Comments:
Respecto a “[…]Estamos en territorio galegofalante e isto nótase ben na toponimia da contorna. Como feito curioso, a fines da década dos 90 do século pasado, a xunta veciñal das Veigas de Ieres reclamou o seu nome en plural fronte ao oficial Vega, iso si, en castelán Vegas. Tamén temos S. Pedro de Trones, que ten outra pronuncia tradicional en galego (troes, máis pechada en -is). A nosa norma é recuperar a toponimia tradicional en galego-berciano aínda que algúns nos poidan criticar por este exercicio de liberdade cultural autóctona.”
A miña familia é das Vegas de Yeres; tanto os que falan en galego na aldea coma os que non chámanlla as Vegas, do mesmo xeito que se fala das distintas partes da aldea con termos de orixe galega: los/os Balcóis, la/a Portela, el/o Souto, la /a Caborca, etc. (engado o artigo tamén en castelán pra denotar que fálese en galego ou en castelán, os nomes vain en galego). A palabra “veiga” tamén existe no galego da zoa, mais non se usa para designar ó pobo. Isto ven en referencia a tua frase “A nosa norma é recuperar a toponimia tradicional en galego-berciano aínda que algúns nos poidan criticar por este exercicio de liberdade cultural autóctona”, e tamén en referencia ós que pintaran fai uns anos o cartel que indica a dirección a Yeres tachando o “Y”. Vós téis dreito de propoñer a volta as formas galaiquizadas e presuntamente máis “naturáis” respecto ós topónimos, mais non por riba dos dreitos (e a libertade tamén) dos que viven no lugar e non fain uso desas formas que vós teis coma máis enxebres. En definitiva quen vive eilí non fala de “Eres”, “A Ponte de D.F.” nin das “Veigas de Eres”, senón de “Yeres”, “O Puente”, e “As Vegas” e istas son as formas máis naturáis, sexan máis o menos galegas ou máis o menos dialectalizadas (nótese que “El Puente” ten o artigo galaiquizado en masculino). O máis xusto en propor un cambio de nome tería que ser deixarlles ós habitantes que o decidesen eles; en definitiva son eles quen utilizan esa designación tódolos días, os de fora non o fain máis que cando ollan nun mapa. Si nas Vegas gústalles falar do seu pobo en plural (contra o nome en singular) e con A e non EI (falen galego ou castelán), é a sua aldea e a sua elección. Tan artificial é castelanizar un nome galego (como se fixo no pasado) como galaiquizar un nome en castelán; en definitiva non se sabe se os fundadores do pobo falaban unha ou outra lingua; de feito nas hijuelas máis antiguas que temos xa sai o nome de “Vegas”.
Aparte deste comentario, grácias por falar dos pobos desta zoa meio esquecida. Estaría ben que aparte da ruta do Camiño de Santiago por Ponferada se fomentase o turismo rural polas rexióis un pouco máis afastadas.
Grácias.

Publicar un comentario
<< Home