sábado, junio 22, 2013

REFRANEIRO LABREGO GALEGO-BERCIANO AUMENTADO.

REFRANEIRO LABREGO GALEGO-BERCIANO (1ª PARTE), 

por Xabier Lago Mestre,
 falaceibe@yahoo.es

REFRÁNS BERCIANOS DE XANEIRO.

“Sol madrugador de xaneiro, mete o can no palleiro”
“As berzas de xaneiro gustan a carneiro”.
“A neve de xaneiro, fai o pan no eido”.
“En xaneiro sete lobos no carreiro”.
“Polos Reis, os días coñeceredes”.
“Xaneiro xabreiro, febrero esmuriceiro, marzo airoso, abril chuvioso, sacan a maio florido e fermoso, San Xoán claro, Sanata Mariña dalle coa fouciña, agosto dalle co xostro, setembro come e vende”.  
“En xaneiro, non te separes do braseiro”.


“En xaneiro, de día ao sol e de serán ao braseiro”.
“Dende San Antón (17 de xaneiro), unha hora máis de sol”.
“En San Antón a galiña pon, e polas Candelas todas elas”.
“O sol de xaneiro, pouco duradeiro”.
“O polo de xaneiro a San Xoán é comedeiro”.
“As chuvias de xaneiro, traen ano de diñeiro” (a auga de inverno é boa para a seca do verán).
“Por S. Vicente, o inverso perde un cliente” (a friaxe provoca falecementos). 
“Por S. Xulián (28 de xaneiro), garda o viño e garda pan”.
“Por S. Antón non hai néboas que cheguen ás dúas” (as néboas son só mañaneiras).



REFRANEIRO DE FEBREIRO.

“Durea a mala veciña, o que a neve en febreiriña” (nevaradas de longa duración).
“Febreiriño louco, un día pior que outro”.
“Febreiro merendeiro”.
-"Vides das Candelas (2 febreiro) e vades pro S. Blas, aproveitaivos mociñas que festiñas non hai máis".
“Se malo é xaneiro, pior é febreiro”.
"En febreiro baixa o sol a calquer regueiro".


"En febreiro saban máis as berzas co carneiro" (Santiago Castelao Diñeiro)
“En febrero busca a sombra o can, en marzo o can e o amo” (pola calor que pica xa).
“Perdiz en febreiro, búscaa no xebreiro (lugar frío)”.
"Febreiro frebas dá, adiante ou atrás, el chas ensinará" (Santiago Castelao Diñeiro)
“En febreiro un rato ao sol e outro ao humero”.
"Dure a mala viciña o que a neve fevreiriña" (Santiago Castelao Diñeiro). 
“Anque a Candelaria (2 de febreiro) chore, que deixe de chorar, a metade de inverno está por pasar”.
“Vimos das Candelas e imos para o San Blas (3 de febrero), aproveitaros mociñas que festiñas non hai máis” (en Cuaresma non hai festas).
"Entroito o sol, Pascua o tizón" (Santiago Castelao Diñeiro).
"Febreiro camiseiro, nin boa meda, nin bo palleiro" (Santiago Castelao)

O Bierzo, xuño de 2013.
www.obierzoceibe.blogspot.com

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es