viernes, septiembre 20, 2019

ENCONTRO SOBRE AS LINGUAS DO BIERZO.


ENCONTRO SOBRE AS LINGUAS DO BIERZO.
PROPOSTAS DO COLETIVO FALA CEIBE DO BIERZO.

                Ante a vindeira xuntanza de asociaciois e persoas interesadas na defesa das linguas minorizadas da rexión do Bierzo, o coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo fai as súas propostas de debate.

1.                  O intercambio de iniciativas lingüísticas no Bierzo executadas por coletivos e individuos enredados na reivindicación.
2.                  Respeito polas linguas e falas locais, con normativas ou sen elas, así como as súas oralidades propias.
3.                  Posiblidade da fixación dunha periodicidade das xuntanzas de coletivos e falantes no Bierzo.
4.                  Intertroco de artigos, materiais visuais, libros, arquivo fotográfico, etc.
5.                  Elaboración de materiais pedagóxicos comúns.
6.                  Realización de estudos sobre a toponimia da rexión do Bierzo, relaciois de vocabularios (urbanos, agrogandeiros, vexetais, animais, etc).
7.                  Compartir a divulgación de investigaciois lingüísticas, etnográficas, históricas, etc.
8.                  Facer exposiciois lingüísticas itinerantes polos concellos do Bierzo.
9.                  Colaboración na concienciación social plurilingüe entre a cidadanía berciana.
10.               Elaboración do anteproxeto de Lei de linguas minoritarias de Castela e León.
11.               Presentación de Mociois  a prol das linguas minorizadas nos concellos bercianos.
12.               Celebración de días singulares a prol das nosas linguas minorizadas, do Galego (8 de marzo), Europeo das Linguas (26 setembro), das Linguas Maternas (21 de febreiro).
13.               Procurar incentivar aos falantes e coletivos culturais nas atividades plurilingües.
14.               Presionar ás administraciois públicas sobre a nosa problemática, caso do recoñecemento dos nosos dereitos lingüísticos.
15.               Respeito polo ativismo específico das asociaciois e persoas na reivindicación lingüística. A súa liberdade de expresión e autonomía de execución están por enriba de todo.



Voceiro Javier Lago Mestre, tfno. 695344293.




http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es