RELACIÓN DE FESTAS DO MES DE AGOSTO NO BIERZO.
AS FESTAS DE AGOSTO NA
REXIÓN DO BIERZO,
polo coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es
ROMARÍAS DE AGOSTO.
Dende a ermida de Camponaraia
sae, o primeiro domingo de agosto, unha romaría con pendois para a cercana costa
do peregrino. No alto do outeiro se fixo unha ermida para acoller aos
camiñantes. Tódolos anos se celebra esta romaría e ao final ten lugar un xantar
onde reina a paella xigante do gusto dos asistentes. A romaría da Virxe da
Aquiana ten lugar o 4 de agosto de 2019. A ela acoden as localidades de Montes
de Valdueza, Villanueva, S. Esteban, Valdefrancos y Peñalba. A Virxe Guiana de
Villanueva sube até S. Adrián, onde os veciños desta localidade tomaban o
relevo.A Guiana de Montes de Valdueza subía até o collado de Montes, onde
tomaban o relevo os de Ferradelo.
FESTAS REXIONAIS O
PRIMEIRO FIN DE SEMANA.
En Cabeza de Campo, na ribeira
do río Selmo, celebran a festa da Imaculada para os días 31 de xullo e até o 2
de agosto. A localidade de Paradiña, na Somoza, traslada as súas festas
tradicionais de Santo Tirso e San Xulián para o verán (31 de xullo e 1 e 2 de
agosto de 2015). Pereda de Ancares ten as festas para os días 4 e 5 de agosto.
A vila de Corullón festexa os días 31 de
xullo até o 2 de agosto. Viladecaes celebra o Sagrado Corazón (31 ao 2 agosto).
Festas de verán en Fabeiro (31 ao 2 de agosto). O barrio de Torenillo organiza
a festa da Troita (31 ao 1 de agosto). A
xunta veciñal de Vilaboa-Villabuena celebra S. Xusto (2 ao 6 de agosto de
2019).
A Virxe das Neves festéxase en
Páramo del Sil (7 ao 9 de agosto de 2015). Acordamos o dito popular: "Pola
virxe das Neves (5 de agosto), o sol é máis breve". Almagarinos celebra a
festa de San Pedro Advíncola (8 de agosto de 2008) con asistencia dos pendois
da contorna de Bembibre. Onamio festexa do 5 ao 9 de agosto de 2016. Robledo de
Traviesas honra ao Salvador (5 ao 7 de agosto de 2016). San Esteban del Toral celebra o IV econtro de
pendois para o 6 de agosto de 2016. Ferrerías festexa de común Sta. Ana e
Santiago (3 agosto de 2019). Ruitelán ten festa para o 14 agosto de 2019.
Vilasinde celebra Sta Lucía (10 agosto de 2019).
OUTRAS FESTAS
LAICAS.
Carracedo aproveita a presenza
do seu mosteiro para celebrar a Medieval (5 ao 8 de agosto de 2015) con actividades
relacionadas coa Idade Media. Tamén Albares de la Ribera organiza o seu
festival medieval (8 de agosto de 2015), onde non faltan os títeres e cea
comunitaria. Folgoso celebra o Folgoso Medieval (13 de agosto de 2016), con
exposición de artesanía e xantar comunal. A localidade de O Espino ten a súa
feira do 9 de agosto adicada á artesania e agroalimentaria. Festa Mozárabe de
Peñalba para o 1 de agosto de 2015. Cacabelos organiza Ludus Bergidum Flavium,
festas de recreación romana (31 ao 2 de agosto de 2016), onde non faltan os
desfiles de lexionarios, bailes e xantares.
Lillo do Bierzo recupera a malla
tradicional para o 8 de agosto. Semana cultural en Matarrosa (10 ao 16 de
agosto de 2015) con conferencias varias. Tejedo de Ancares ten a festa do
Turista para os días 13 e 14 de agosto. As Noites Medievais tamén no castelo de
Cornatelo (28 ao 30) con actividades históricas de todo tipo, asalto ao
castelo, marchas nocturnas, mercados, loitas. Villar de los Mundos se celebra
nos pobos de Salas, Villar e Lombillo para abrirse ás culturas do mundo (28 ao
31 de agosto de 2015).O XV Festival de
Gaitas ten lugar en Toural dos Vaos o 6 de agosto de 2016. Burbia celebra Os
Maranfallos (3 agosto de 2019) como entroido de verán.
FESTAS BERCIANAS
PARA A SEGUNDA FIN DE SEMANA DE AGOSTO.
Toural de Meraio honra ao
Salvador (5 ao 9 de agosto), salientamos a canciois de rondas típicas desta
localidade. Outro tanto acontece con Priaranza do Bierzo. Virxe das Neves na localidade Susaña del Sil (5 ao 7 de
agosto). Portela de Aguiar (8 agosto) ten torneo de bolos locais.
Vilaboa-Villabuena
honra ao S. Xusto (5 ao 7 de agosto). A mesma festa acontece en San Justo de
Cabanillas (5 ao 7 de agosto). Cadafresnas por S. Vicente (6 ao 8 de agosto).
Tombrio de Abaixo celebra Santo Domingo, con romaría o 8 de agosto até a ermida
milagreira. Almagarinos festexa S. Pedro Advinicola (do 5 ao 7 de agosto de
2016) con merenda e bailes rexionais bercianos. Las Ventas de Albares e o
barrio de Puente Nuevo celebran a Virxe das Neves (3 ao 5 de agosto de 2019).
A localidade de S. Lorenzo, perto
de Ponferrada, festexa para o 10 de agosto. Tamén Quilous celebra s. Lorenzo (8
ao 10 de agosto). San Pedro Mallo celebra a súa festividade para os días 7 ao 9
de agosto. Valdelaloba, no concello de Toreno, e Cantexeira (10 agosto de 2019)
tamén contan con festa.
Espinoso de
Compludo celebra a festa en honra de San Mamede (7 ao 9 de agosto) onde destaca
a bendizón dos panes. Outro tanto acontece con Cabañas da Dornilla coa festa de
S. Mamede (5 ao 7 de agosto de 2016). Otero de Ponferrada celebra a 1ª edición
da festa do Medio Rural para o 20 de agosto de 2016 que trata de xuntar a todas
as localidades do municipio con desfile de pendois. Teixedo de Ancares celebra
torneo de bolos para as súas festas do 12 de agosto de 2016. Outra tanto
acontece con Espiñareda de Ancares (7 de agosto de 2016). S Andrés de Montejos
festexa Sto. Cristo (13 ao 15 de agosto de 2019). Pobladura das Regueras
festexa do 13 ao 15 de agosto de 2019. Pardollán celebra festas do 16 ao 18 de
agosto de 2019.
VIRXE DA MADALENA.
Destacamos as festas na Veiga de
Valcarce, primeiro A Madalena (7 ao 9 de agosto) e despois S. Roque (16 de
agosto). Paradaseca desfruta da festa da Madalena (7 ao 9 de agosto) onde de
seguro non faltan os xogos dos bolos. A Veiga de Valcarce festexa a Madalena (5
ao 7 de agosto de 2016)
FESTAS DA NOSA
SEÑORA E SAN ROQUE.
Comezamos con Naraiola, onde
salientamos a súa ronda de adegas. S. Roque tamén se celebra en Villablino,
Dragonte e Pardamaza ten S. Roque (14 ao 17 de agosto). O barrio de Fontesnovas
únese a estas celebraciois coa súa famosa e popular sardiñada. A localidade de
Moreda organiza concertos de música rock. Tamén acontece o mesmo en Cacabelos.
Na cidade de Ponferrada celébrase o voto de S. Roque pola súa proteción ante a
peste, hai reparto de racimos das primeiras uvas entre os viciños. AVeiga de
Valcarce celebra festa de S. Roque para o 16 de agosto de 2016 con reparto de
bollos preñaos.
O asolagado pobo de Posada del
Río, na ribeira do encoro de Bárcena, tiña festa para S. Roque. Grandes festas
tamén en Noceda, na conca do Boeza, coa romaría da Virxe das Chanas (15 de
agosto de 2015), hai desfile de pendois da contorna. Outro tanto acontece coa
capital de Torre do Bierzo, con concentración de pendois (16 de agosto de
2016). Valtuille de Enriba amén festexan eses patrois. Paradela do Rió, barrio
A Veiga, perto de Toural dos Vaos, celebra S. Roque. No concello de Ponferrada
temos a aldea de Bouzas que organiza festas para o 15 e 16 de agosto de 2015,
ao igual que Villanueva de Valdueza e Manzanedo de Valdueza onde hai torneo de
xogo aos bolos. Palacios de Compludo
posúe as mesmas festas. A Ponte de Domingo Flórez ten festas para 14 até o 17,
onde celebran a festa da empanada.
A vila de Molinaseca, en pleno camín
de Santiago, adica as festas a Nosa Sra. das Angustias (14 ao 17 de agosto de
2015). Torneos de bolos na capital municipal de Oencia (10 ao 16 de agosto).
Pobladura de las Regueras ten festas do 13 ao 16 deste mes en honra da Nosa
Sra. da Asunción. Matachana festexa tamén S. Roque. Langre celebra Nosa Sra. e
S. Roque (13 ao 16 agosto). San Andrés das Pontes honta á Virxe (25 de agosto
de 2008) con asistencia de pendois comarcais. Villaverde da Abadía conta coas
festas de S. Roque.
O Val de Fornela adica a festa á
Virxe de Trascastro (15 de agosto). Nas súas coñecidas danzas fornelas
participan os viciños de Peranzais, Chan e Trascastro. Peranzais celebra festa dos días 10 ao 17.
Non podemos pasar por alto a romaría de Fombasallá (15 de agosto) onde suben
moitos romeiros de Vilafranca, Cela e pobos da contorna.
Salas de los Barrios celebra a
8ª de San Roque (15 e 16 de agosto de 2015). San Xoán de Palozas ten festas da
Nosa Sra. e S. Roque para o 14 e até o 16. Paradasolana festexa o 15 de agosto.
Palacios de Compludo ten torneo de bolos na súa festa patronal do 15 de agosto.
FESTA DE SAN
BARTOLO.
En Quintela de Barxas (23 e 25
de agosto de 2015), Valdefrancos no val do río Oza, no concello de Ponferrada
(24 ao 28 de 2016) con carreira de andarins. Guimara, no val de Fornela, tamén
celebra estas festas. San Miguel de las Dueñas celebra s. Bernardo para o 20 de
agosto, onde celebran a subida do boi, moneco que reparte viño entre os viciños
e xogan aos bolos galegos. Mentres que o domingo 23 teñen a salientable festa
dos allos. Noceda tamén celebra S. Bartolo, onde hai carreira de burros. Valle
de Finolledo ten festas para o 21 e 23 de agosto. Carracedo do Mosteiro celebra
S. Bernardo (20 ao 23 agosto de 2015). Ferradillo ten festas de S. Bartolomé (20
ao 23 de agosto), onde organizan unha carreira de montaña. Soutelo celebra S.
Bartolo (24 ao 25). Cela festexa s. Martín
(20 e 21 agosto de 2019). Cantexeira
con S. Lorenzo (10 agosto de 2019).
OUTRAS FESTAS DE
FINAIS DE AGOSTO.
Turienzo Castañero celebra
festas s. Pelaio para o 20 e 23 de agosto de 2015 con asistencia de pendois de
localidades viciñas. A mesma festa para Yeres (26 a0 28 de agosto de 2016) con
xogo dos bolos o domingo. Mentres que Fresnedo conta coas do Cristo (21 ao 23
de agosto). Cueto-Coto ten festas para o
21 e 15. En Vilasinde, xunta a Veiga de Valcarce, festexa Santa Lucía (21 ao 23
de agosto). E Viñales, xunto a Bembibre, adica cinco días de festa en honra de S. Antolín (26 ao 30). A
aldea de Cela celebra S. Martín para os días 21 ao 23 de agosto de 2015. Valle
de Finolledo festexa para os días 27 ao 28 de agosto de 2016. San Miguel de Las
Dueñas ten a feira do allo (21 de agosto de 2016), organizada pola súa xunta
veciñal.
FESTIVIDADES NAS
COMARCAS LINDEIRAS.
Na bisbarra da Cabreira
salientamos Benuza (31 ao 1 de agosto), Marrubio (1 e 2 de agosto de 2015 en
honra de S. Esteban, Iruela (1 e 2 agosto) con S. Antonio. Festa do Turista en LLamas de Cabreira (2 de
agosto de 2015). Romaría da Virxe de Viforcos (26 ao 30 de agosto de 2015) en
Quintanilla de Losada. Robledo de Losada festa do Sto. Cristo (21 ao 23 de
agosto de 2015). Encinedo honra a S. Mamet (11 de agosto). Quintanilla de Yuso
do 10 ao 13 de agosto de 2016. Castro ten festas de S. Salvador e Madalena do 4
ao 6 de agosto de 2016. La Baña honra aos santos Xusto e Pastor para os días 10
ao 13 de agosto (2016). Truchas con festas do 6 ao 8 de agosto de 2016.
Nos lindeiros do Bierzo polo
leste temos A Silva que celebra S. Lorenzo (8 ao 11 de agosto) e Brañuelas coa
Nosa Señora (15 agosto). Lucillo convoca pendois para o 7 de agosto de 2016.
Salientamos a festa da Asunción na localidade rural da Alberca en Salamanca,
coa misa ofertorio e danzas na praza Maior, o auto sacramental da Loa e mailos
encerros con touros. Tamén en Salamanca, en Hinojosa de Duero celebran El
Feudal que recrea o levantamento popular dos seus viciños contra os abusos do
seu señor no ano 1441 (13 de agosto de 2016).
FESTAS NA BISBARRAS
VICIÑAS DE GALIZA.
En Valdeorras hai a festa das
Covas, non relixiosa, ten lugar en Vilamartín de Valdeorras o 1 de agosto de
2015. Celebraciois non relixiosas son as
chamadas festas de verán de A Rúa (7 e 9 de agosto), onde hai piraguas no seu
encoro. A isto hai que engadir a 2º Bacofesta, recreación histórica de tipo
romana, con desfiles de viciños disfrazados de época (14 ao 16 de agosto) xunto
á ponte da Cigarrosa. II Festa romana Quiroma (22 de agosto) con lexiois,
mercado e xantares. Montefura tamén celebra as súas festas romanas na mesma
data aproveitando as súas explotaciois auríferas. A capital de Rubiá tamén
festexa S. Bartolo (23 e 24 de agosto).
A localidade de Somoza festexa
S. Lourenzo. Feira mensual de Viloira, xunto ao Barco de Valdeorras, cada día
6. A vila da Rúa vella tamén celebra S. Roque. Na localidade de A Portela
celebra S. Vitorio para finais de agosto. Vilanova ten A Asunción o 15 de
agosto. O municipio de Vilamartín ten festas en Arcos (S. Lorenzo o 10 de
agosto) e Portela (S. Xulián o 15 agosto). A aldea de Hospital conta coas festas
de S. Bartolomé (22 ao 24 de agosto), onde hai carrilanas e xogos de bolos.
En Pobra de Trives recuperan o
seu Entroido de Verán, coa Mostra do Patrimonio Inmaterial, para que os viciños
emigrantes desfruten da súa festa de inverno de máis sona. Ademais a Pobra ten festas en honra de S.
Bartolomé (23 ao 24 de agosto). Festas de Verán en Quiroga (7 ao 9 de agosto).
No concello de Larouco temos Freixido que celebra Santa Bárbara para o 15 de
agosto. A Nosa Sra. das Neves é festa en Manzaneda (7 e 8 de agosto). Festa da Vica en Pobra de Trives (2 de
agosto).
No concello da Carballeda temos
festas de S. Xil (31 agosto) en Casaio e S. Cosme e S. Damián (12 e 13 agosto)
en Casoio. A capital de Rubiá celebra s.
Bartolomé (25 agosto). San Xil festéxase en Casaio, na Carballeda de
Valdeorras, do 31 ao 2 de setembro.
O 2 de agosto ten lugar o
Fiandón de Músicas do Courel, en Ferraría de Seoane, con gaiteiros, cantares,
contos e demais. Folgoso do Courel festexa a Virxe do Carme para os días 18 e
19 de agosto. Na lonxana comarca de Quiroga lembramos as festas en Soldón de
Seara (22 agosto), Santa Isabel (3 e 4 de agosto) en Orxais-Soan e Vilar de
Lor, S. Ciprian en Parteme (12 de agosto), S. Bartolomé en Hospital (24 de 25
de agosto), Nosa Sra. da O en Vilaster (15 de agosjto), S. Xoán das Farrapas en
Bendilló (28 e 29 de agosto), O Cristo en Bendollo (22 e 23 de agosjto), A
Asunción en Fisteus (15 de agosto), romaría de Virxe dos Remedios en Vitorio e
A Hermida (7 ao 9 de setembro), Xoan das Farrapas en Bendilló (29 de agosto).
A festa da comarca de Sahagún
ten lugar o 7 de agosto de 2016.
FESTAS NAS TERRAS
DE LEMOS E MAILO BOLO.
Máis lonxe polo oeste temos as
festas de Monforte de Lemos, en honra da Virxe de Monserrat (11 ao 16 de
agosto). En Espasantes celebran a Virxe dos Remedios (7 ao 9 de setembro). A
Pobra de Brollón ten para o 27 de agosto a romaría de S. Vitorio na parroquia
de de Saa. Outras festas neste concello de Pobra do Brollón son: Vilachá de
Salvadur onde celebran a festa da Seitura do centeo (8 de agosto). barrio da
Estación en Pobra de Brollón (19 de agosto), S. Bartolomé en Eixón (27 e 29 de
agosto), Santa María de Saa (do 15 ao 16 de agosto), Santa Lucía en Abrente (do
5 ao 7 de setembro). Ramón en Salcedo (30 a 1 de setembro). A Pobra do Brollón
celebra feiras os días 11 e 25 de cada mes, mentres que no barrio da Estación é
o día 2.
Na
bisbarra do Bolo, preto da vila de Viana, nas aldeas de Punxeiro e Quintela do
Pando celebran a festa da Malla (9 de agosto). Nas Ermidas festexan s. Roque.
No concello da Veiga en Prada salientamos a romaría do Cristo da Ascensión (8
de agosto) de grande fervor popular na contorna. Outras festas da bisbarra son:
Sta. María de Xares (18 de agosto), Santo Andrés de Requeixo (22 agosto), S. Roque
de Castromao (16 agosto), As bagoas de S. Lorenzo na Veiga (12 agosto), Santo Esteban de Prado
(20 de agosto), S. Miguel de Carracedo (27 de agosto) e S. Lorenzo en S.
Lorenzo (10 agosto). Viana do Bolo celebra xornadas de folclore local (11 ao 16
de agosto). O Bolo ten festas para A Asunción (15 agosto). A aldea de Xares, no
concello da Veiga, celebra festas para o 18 e 19 de agosto.
O BIERZO, AGOSTO DE 2019.
www.instagram.com/bierzoxa6
www.facebook.com/javierlagomestre
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home