sábado, mayo 16, 2009

DOAZÓN DE LIBROS GALEGOS DE FALA CEIBE


DOAZÓN DE LIBROS GALEGOS DE FALA CEIBE

Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo.



Todos os anos Fala Ceibe do Bierzo aproveita a celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio) para facer actividades relacionadas co fomento social da lingua galega na nosa rexión estremira. Neste ano retomamos a doazón de libros en galego para as bibliotecas municipais do Bierzo, promoción que xa vimos facendo dende a constitución da asociación en 1998. Nesta ocasión comprende un total de 200 libros, repartidos por catro lotes para outras tantas bibliotecas dos concellos. A doazón de libros de literatura galega infantil, xuvenil e de adultos vén da editorial Xerais de Vigo (http://www.xerais.es/) que amablemente nos facilitou os libros.


Neste sentido xa fixemos doazón do corresponde lote de libros galegos para a biblioteca municipal de Bembibre. Este novo centro cultural, chamado Casa das Culturas, recibe por primeira vez libros en galego de Fala Ceibe, para que os lectores do Bierzo Alto poidan tamén ler na nosa lingua berciana. As outras bibliotecas que recibiron libros son a de Vilafranca do Bierzo e de Ponferrada. A biblioteca da capital do Bierzo ten un claro carácter rexional que é aproveitado por lectores non só de Ponferrada senón tamén de toda a nosa rexión, razón pola que é a que recibe maior número de libros da nosa doazón. Ambalas dúas bibliotecas xa tiñan libros doados por Fala Ceibe en anos anteriores. Ademais o bibliobús da Deputación de León, que percorre os núcleos rurais da rexión, tivo o seu lote de libros infantís e xuvenís, segundo o pedimento das súas bibliotecarias.


O Bierzo, 17 de maio de 2009.
http://www.obierzoceibe.blogspot.com/
http://www.blogoteca.com/obierzoxa
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
http://www.falaceibe.blogspot.com/
http://www.falaceibe.tk/

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Oxalá daqé díe dalgien faiga daqé asemelláu donandu llibros n´asturllionés.
Na biblioteca de Bimbire ata agora namái topéi en llionés los cuentines de Bardón y "Entre Brumas" a ver si la deputación ou el conseyu fae dalgu...
Norabona.

http://paislliones.gugara.com/zurriellul-bueza

7:20 a. m.  
Blogger cornatelo said...

pois xa tes libros en galego porque sempre resulta bo aprender tamén o galego, non si?. Folgos para seguir coa túa loita ástur-leonesa!!

3:59 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Primera corrección. La Casa de las Culturas no es la biblioteca. La biblioteca está ubicada en la Casa de las Culturas, que engloba muchas otras cosas.
Esa vocación comarcal que tiene la biblioteca de Ponferrada también lo tiene la de Bembibre, sin embargo en sus extraordinarias tardes de autor es difícil ver gente del Bierzo Bajo (como en casi nada que se organice en esta zona). Desde mi punto de vista se está produciendo una división comarcal, propiciada desde las administraciones, divide y vencerás.

11:53 p. m.  
Anonymous viladem said...

Todo es una farsa y un engaño.
Nadie quiere libros escritos en gallego porque a nadie le interesan.
El cornatelo este,que utilice las hojas para limpiarse el culo,porque otro destinono van a tener los dichosos libros gallegos....
¡Cuanta manipulacion..Dios...!

8:31 a. m.  

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home