viernes, julio 17, 2009

O BIERZO NO DÍA DA GALIZA ´09.


O BIERZO NO DÍA DE GALIZA ´09,
Por Xabier Lago Mestre.



Un ano máis o 25 de xullo celebramos o Día de Galiza en Compostela. Agardamos que hogaño haxa máis bercianos e bercianas ca nunca nas rúas da capital galega. Os bercianos non debemos esquecer os nosos vincallos cos veciños galegos, e por iso cómpre unha nova irmandade. Necesitamos a axuda da Galiza para defender a nosa cultura e lingua galegas. Os galegofalantes do Bierzo seguimos a ser discriminados, ante as administraciois públicas, os medios de comunicación, na internet e demais. Cando tentamos dar un paso adiante na normalización da nosa lingua sempre xorde un atranco que trata de empecer o noso avanzo idiomático. No fondo os censuradores do galego teñen medo a que recuperemos espazos de comunicación e de prestixio social. Eles só admiten a liberdade de expresión en castelán, e asoballan aos galegofalantes do Bierzo.


Non todo está estragado definitivamente, pois a razón, a lexitimidade e a xustiza están da nosa banda. Non conseguimos a declaración de cooficialidade do galego no Estatuto de Autonomía de Castela e León de 2007, pero haberá máis reformas estatutarias no futuro, e seguro que os galegofalantes demostraremos de novo a nosa resistencia fronte á imposición do monolingüismo. Agora soa unha nova revolta, a que supón a vindeira reforma do Estatuto do Consello Xeral Berciano. A Junta de Castela e León e as Cortes de Valladolid pretenden reformar a Lei pola que se creou en 1991 a única Comarca institucional da Comunidade Autónoma, por suposto, a do Bierzo.


Os galegofalantes do Bierzo xogámonos moito nesa nova reforma do Estatuto do Consello Xeral do Bierzo, vainos nelo as posibilidades de exercermos a nosa autonomía territorial, cultural e lingüística. O idioma galego debe ter recoñecemento institucional na futura Lei autonómica. Pretendemos que o galego poida ser utilizado polas administraciois locais (Consello Xeral Berciano, concellos e pedanías), de xeito parcial polo agora, xa que non posúe aínda o preceptivo recoñecemento de cooficialidade.


E nesta revolta sociocultural polos nosos dereitos lingüísticos os bercianos precisamos de toda a axuda que veña da Galiza. O 25 de xullo é o día da xuntanza festivaleira, do encontro cos amigos, do que xurdirá un novo pulo irmandiño ao abeiro co Bierzo, nesta xeira vindicativa que principiaremos ante as Cortes de Valladolid. Amosemos pois con fachenda as nosas bandeiras bercianas cruceiras polas rúas de Compostela, mentres berramos con forza Puxa O Bierzo Ceibe!.


O Bierzo, xullo de 2009.
www.obierzoceibe.blogspot.com

http://www.blogoteca.com/obierzoxa
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
http://www.falaceibe.tk
http://www.partidodelbierzo.com/

12 Comments:

Anonymous viladem said...

Somos muchos los bercianos que sabemos hablar y escribir en Gallego y que nos avergonzamos de tus maneras de actuar por los distintos foros de Internet.
Ya fuiste baneado del último y el que más soportó tus constantes comentarios insultantes y despreciativos a todo el que te recriminaba tu actitud.
Te guste o no;eres el hazme reir de todo El Bierzo y careces del más minimo sentido del humor.
Eres patetico y probocador.
Gente de tu guisa,no existe en nuestro Bierzo.Te crees que eres el espejo y lo unico que eres;es un inaceptado en toda la Sociedad Berciana.
Eres un manipulador de actos,reuniones,opiniones,escritos,historia finges ser lo que no eres.
Ni eres historiador ni nadie te cree tus historias.
Lo dicho.

6:21 a. m.  
Blogger Xabier Lago Mestre said...

resulta lamentable que no foro www.el-bierzo.com se censure de maneira calada a un berciano polo só feito de falar en galego, e promocionar un curso de galego. Eses foreiros censuradores agora dan a calada por resposta, porque se avergoñan do que fixeron, caladiños non poden coas súas estreitas conciencias. Corre a voz! os bercianos galegofalantes seguiremos dando a matraca!! e ti que o vexas!!

11:50 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Es evidente que dan la callada por respuesta.Es evidente....
¡Anda y pierdete....! Ajo y agua...

1:35 p. m.  
Anonymous viladem said...

A ti te banearon.
No te censuraron nada;atontao....
Los foreros protestaron porque te dirijias a ellos en gallego,a sabiendas que no lo entendian.Incluso le diste el pesame en gallego a una madre que se le murió una niña de 12 años;porque te habia pedido que escribieras en CASTELLANO,por no entender lo que escribias.
``Farsante...que eres un farsante..

En el CULO tenias que vesarles a los de ese foro,por ser tan tolerantes y aguantar tus estupideces hasta que se cansaron.

1:47 p. m.  
Blogger Xabier Lago Mestre said...

eiquí hai liberdade de expresion, tamén para as vosas críticas, por suposto, algo que non saben facer os foreiros de www.el-bierzo.com
Agora todos eses foreiros censuradores calan a súa vergoña, lamentable a súa actitude, xa vos dixen que só pretendiades a censura, finalmente executada contra quen falaba en galego.
Pero xa vos anuncio que os galegofalantes perdimos esta batalla pero quedan moitas aínda. Seguiredes véndome na rede, na defensa do galego.
Entraré de novo calquera día nos vosos computadores, non poderedes pasar moito tempo do galegoooo!!
Saudos exforeiros censuradores de www.el-bierzo.com

4:36 a. m.  
Anonymous vilafranco said...

No es lo mismo libertad de expresion que libertinaje.
A ti te banearon por libertinaje y si me pudieras banear a mi,ya lo hubieras hecho.¡¡Pero como no estoy registrado;te jodes y aguantas...
¿Ves lo molesto y lo sinverguenza que parezco ser aqui? Pues asi te veian aquellos foreros y por eso pidieron eliminar tu libertinaje.

5:00 a. m.  
Anonymous Vila_Franco said...

Ahi te quedas con tus estupideces,tu falta de respeto,tus ideas demasiado derechistas y ahi te dejo para que recapacites sobre tu actitud con los bercianos y su Cultura..
¡¡¡JODETE....!!!

5:06 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Fico sorprendidisima ante todas as faltas de respeto que hai aquí pola parte dos castelánfalantes como sempre...que sempre pretenden como sempre facer que todo o mundo fale a sua lingua "superior". Quen quera falar galego que o fale e basta xa de insultos e desprezos cara a xente que defende a sua lingua...se o facedes vós co español tamen temos nos o dereito de facelo co galego que para iso é a nosa lingua!! Arrea xa coa teima continua dos casteláns de impoñer o seu idioma. Algúns xa estamos ata os collons!

4:32 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Sinto dicilo...pero que non entenda o galego escrito é que é realemente estupido!! Cada un escribe e fala no que lle pete...e se a lingua dun é o galego e quere expresarse nela fai ben en dirixirse a calqueira nese idioma. Punto e final. Quen non o saiba respectar e que é un facha franquista e mais nada. Se marchades cara francia ou rusia, ou inglaterra ou italia non vos van falar na vosa lingua "superior" española e xa está...polo tanto, pola mesma regra de tres eu podo dirixirme no que me saia das narices. Esa situación na que cada un fala a sua lingua con comprension mutua mediante xestos, mosvementos co corpo, sinais, miradas, explicacions xestuais etc chámase sesquilinguismo e mediante el calqueira persoa pode entenderse no estranxeiro sen necesidade de saber falar a mesma lingua, ainda que sexa a internacional. O msmo poden facer os españois. Eu teño dereito a empregar a miña lingua e a non cambiala cada vez que unha persoa que fala español, sexa da miña terra ou no se dirixa a min. Por que non sodes vos os que cambian de idioma para adecuarse a nos e sempre temos que ser nós quen cambian de idioma??? Xa chjega!!

Impositores! Deixádenos en paz! Algunhas persoas estamos ata os collóns!
E que elimina a unha persoa dun foro só pola lingua que fala é que realemente só merece un calificativo´: INTOLERANTE!

4:39 p. m.  
Anonymous vila-franco said...

Otra estupidez de Cornuatelo.Ahora se siente una mujer...¡Ridiculo;que eres un ridiculo.Tu y tus comentarios falseando e inventando personajes!
envia un mensaje a las 4:32 PM y a las 4:39 PM.
Para responderme a mi,no correras tanto,porque no sabes que estoy escribiendo.
Eres un farsante y un vendedor de humo contaminado.Eres peor que Cosmos y Endesa juntos.

3:20 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

http://markonzo.edu outsource http://riderx.info/members/allegra-side-effects-allegra.aspx http://riderx.info/members/avandia-side-effects-avandia-lawsuit-avandia-lawyers-sc.aspx katieweiss merseyside http://blog.bakililar.az/enalaects/ http://lamictal.indieword.com/ http://riderx.info/members/avapro-75-mg-avapro-tabs.aspx aircraft http://aviary.com/artists/Zithromax-oral http://www.netknowledgenow.com/members/lorazepam-side-effects.aspx

10:56 a. m.  
Anonymous eco vacations costa rica said...

These articles are fantastic; the information you show us is interesting for everybody and is really good written.

3:07 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home